domingo, 30 de decembro de 2012

Moi interesante entrevista a Mariano Ibañez membro de Stop-Desafiuzamentos do Salnés

Entrevista a Mariano Ibañez membro de Stop-Desafiuzamentos do Salnés, no programa 'Pleno Aberto', na canle de TV 'CanalRiasBaixas', pouco máis de 26 minutos, mais moi boa e pedagóxica.


http://youtu.be/-1byoYLcDXg

Stop-Desafiuzamentos - O Salnés
Asemblea de Loita contra o paro e a precariedade
Correo-e: alpvga@gmail.com
Grupo no Facebook: www.facebook.com/groups/pahsdvga/
Foro: alpvga.tk/foro/viewforum.php?f=26
Páxina web: alpvga.tk/

||||||||||||||||||

sábado, 29 de decembro de 2012

Stop-Desafiuzamentos manifestou-se en Ferrol contra os desafiuzamentos e o acoso bancario


Stop Desafiuzamentos (Comisión Dereito a unha Vivenda Digna),  que forma parte da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, realizou unha Manifestación, en Ferrol, este Venres 28 de Decembro, contra os desafiuzamentos e o acoso financeiro.
A mobilización, estaba encadrada dentro dunha convocatoria xeral que de forma coordinada, acordamos as diferentes plataformas e colectivos que actuamos na Galiza, tendo lugar manifestacións e concentracións, na Coruña, Compostela, Vigo, Ribeira, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Eran ás 7 da Tarde
, cando comezou a xuntarse un número importante de persoas na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo que a Xunta de Galicia ten en Ferrol. A manifestación saía minutos despois  pasando pola Rúa Real, para rematar diante do Pazo Municipal, na Praza do Concello, onde Lucía Vizoso, da Marcha Mundial das Mulleres, deu lectura ao Manifesto Unitario, logo pasou-se a micro-aberto, onde varias persoas tomaron a palabra.

Co lema "Nin casas sen xente, nin xente sen casas", transcorreu polas rúa de Ferrol, a manifestación promovida pola Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra. Ademais de varias entidades veciñais e sociais, a manifestación contou co apoio expreso da CIG. Con forza e convicción, partiu a manifestación clamando por alugueiros sociais e contra a inxustiza dos desafiuzamentos que condenan ás persoas a exclusión social e á pobreza. Desafiuzmentos que tamén matan, "Non é un suicidio, é un banquicidio", era un dos berros da marcha popular. Trece  rostros en papel acompañaban a manifestación, eran os do Alcalde, José Manuel Rey Varela, e o resto d@s concelleir@s do Partido Popular -PP, que no Pleno Municipal de Novembro, rexeitaron as mocións que pedían que: o Concello de Ferrol instara ao Goberno de Rajoy, á derrogación da Lei Hipotecaria e a reforma lexislativa que acabaran coa lacra dos desafiuzamentos e co acoso financeiro; e outra serie de medidas sociais para solucionar o drama dos desafiuzamentos. Daquela, atendendo ás nosas demandas, só aceptara unha bolsa de pisos baleiros de Recimil para familias sen recursos e que antonte, ao mesmo tempo que Stop-Desafiuzamentos facía a súa rolda de prensa, anunciou, no seu desequilibrado "Plan de oportunidades", rehabilitar unhas escasas 10 vivendas, para o que orzamentaron 300.000 euros.

A marcha popular, pasou pola rúa Real e subiu pola Rubalcava, para rematar ante o Pazo Municipal, na Praza do Concello. A cada consigna coreada seguía un redobre de tambor. Xa na Praza comezou-se coa lectura do manifesto que entre outras cousas se dixo-se:
... "Poderiamos falar de cifras. Na Galiza desde 2008 ordenáronse 7.367 execucións, das cais -en datos de Xullo- 5.994 remataron en desafiuzamentos. Máis de 400.000 execucións hipotecarias efectuáronse dende 2007, a nivel de Estado. Poderiamos falar do número de suicidios que esta situación xerou, ou nomear o artigo 47 da Constitución española. Poderiamos... Pero nesta xornada preferimos falar de inxustiza social, dos culpábeis deste sistema asasino e das solucións que nos permitan ter unha vivenda digna"...

... "Inxustiza social, porque levamos anos escoitando a palabra CRISE, palabra que foi empregada como arma culpabilizadora contra as familias que inxustamente somos acusadas de vivir por riba das nosas posibilidades. As familias desafiuzadas non son culpábeis senón vítimas, dun sistema financeiro atroz que prima a acumulación de capital por riba dos dereitos individuais e colectivos de todas e todos nós "...

... "Os culpábeis desta situación non son entes abstractos. Non son primas de risco, nin subidas ou baixadas do Euribor. Os culpábeis son os executeores das políticas neoliberais e os banqueiros que durante décadas só se preocuparon de encher o peto, sen pensar nin un intre no tipo de crecemento económico que estaban a xerar. Esta burbulla inmobiliaria estoupou pero non nos mollou a todos por igual. Mulleres, migrantes, menores, obreiros e obreiras, somos os que estamos a pagar os atropelos dos Aznar, Botíns, BBVs, Zapateros e Rajoys" ...
Por último cedeu-se o micro a todas as persoas que quixeron expresar a súa opinión, análise ou indignación. Reforzar o movimento popular, cun chamado a participar nas asociacións e organizacións da localidade; a narración en primeira persoa da realidade vital dunha vida sen dereito ao traballo nen á vivenda; a necesidade de complementarse e abandonar a dinámica de competitividade entre as organizacións de esquerdas, ou a crítica ante a ausencia de moitos dos traballadores e traballadoras de Navantia, Sanidade ou Ensino que vendo ameazados os seus dereitos, non están a incorporarse na defensa colectiva de todas e todos os afectados por esta situación. Estas foron algunhas das ideas vertidas nesta rolda de intervencións a micrófono aberto que fechou esta mobilización cidadá.

A noticia no Diario de Ferrol.

A noticia en La Voz de Galicia (Non a publica na súa edición dixital).

Fotos de Susete'70.

|||||||||||||||||

martes, 25 de decembro de 2012

Este venres 28 de Decembro, Manifestación unitaria contra os desafiuzamentos e o acoso financeiro

A Comisión Dereito a unha Vivenda Digna - Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra,  que forma parte da Rede de Apoio Mutuo, acordou convocar unha Manifestación, en Ferrol, o Venres 28 de Decembro, ás 7 da Tarde, con saída desde a Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, pasando pola Rúa Real, para rematar diante do Pazo Municipal, na Praza do Concello, onde se lerá un Manifesto Unitario, logo pasara-se a micro-aberto.

MANIFESTACIÓN UNITARIA CONTRA OS DESAFIUZAMENTOS E O ACOSO FINANCEIRO


Mobilizaremo-nos para
:


Demandar
  • a paralización dos desafiuzamentos
  • o recoñecemento por lei da dación en pago retroactiva, acompañada da opción do alugueiro social
  • a creación dun parque de vivenda pública para garantir o dereito á vivenda
Denunciar o fraude hipotecario e

Reclamar o dereito a unha vivenda digna.

Esta mobilización, está encadrada dentro dunha convocatoria xeral que de forma coordinada, acordamos as diferentes plataformas e colectivos que actuamos na Galiza.


E a nivel local:
Por un parque público de vivenda municipal, para alugueiro social e para situacións de emerxencia. Censo de vivenda municipal, Xa !

Pola creación dun Punto Comarcal de Atención e Defensa, onde a cidadanía afectada por unha ameaza de desafiuzamento, poda atopar un lugar de información, asesoramento e defensa, financiados polas diferentes administracións públicas e en colaboración co colexio de advogad@s.

No facebook:

facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra


Evento no facebook
:

http://www.facebook.com/events/572492036099900/


Baixar Cartaz da convocatoria
:

https://docs.google.com/open?id=0B137ZqzfFFqMUDhKZlRHeEdNYmM


Baixar volantina da convocatoria
:

https://docs.google.com/open?id=0B137ZqzfFFqMaXpOR1lqTFpTdUE

||||||||||||||||||||

sábado, 22 de decembro de 2012

Preparando a mobilización do vindeiro 28 de Decembro

Este venres, 21 de Decembro, tivo lugar, en Caranza -nos locais de Fuco Buxán, unha xuntanza da Comisión Dereito a Unha Vivenda Digna - Stop-Desafiuzamentos, que forma parte da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.

Nesta xuntanza participaron: Pablo Portero, Enrique Barrera, Carlos Varela, Luis Matalobos, Carlos Vidal, Ana Bérez, Bea Canas, Elvira, Manuel Vázquez, Susana Alaniz, Pedro Fernández, Rafael Pillado, Lalán, Suso Pazos, Lucia Vizoso, Suso Díaz e Inácio Martínez.

Na reunión abordamos temas pendentes e un novo caso de abuso bancario sobre Ana e Victor (avalistas), despois dun desafiuzamento -persoas que estiveron presentes en parte da xuntanza. Despois Enrique Barrera presentou un pequeno informe titulado "Posíbeis Situacións en relación ás VV.PP. de Recimil", como base para a recuperación dun parque municipal de vivenda pública. Unha parte da xuntanza foi dedicada á entrevista mantida, en Compostela, co 'Valedor do Pobo', o día anterior 20 de Novembro, da que informamos con detalle dos puntos tratados e da documentación recibida. Por último entramos a preparar a mobilización xeral que as diferentes plataformas convocan en diferentes lugares de Galiza, para o vindeiro Venres 28 de Decembro.

Acordou-se facer unha Manifestación, en Ferrol, o Venres 28 de Decembro, con saída desde a Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, pasando pola Rúa Real, para rematar diante do Pazo Municipal, na Praza do Concello, onde se lerá un Manifesto -que foi consensuado entre todas as persoas presentes na xuntanza, logo pasara-se a micro-aberto.

Os lemas da convocatoria:
NIN CASA SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASAS !!
  • PARALIZACIÓN DOS DESAFIUZAMENTOS !!
  • DACIÓN EN PAGO, ACOMPAÑADA DA OPCIÓN DO ALUGUEIRO SOCIAL !!
  • POR UN PARQUE PÚBLICO DE VIVENDAS SOCIAIS !!
  • DERROGACIÓN DA LEI HIPOTECARIA !!
POLO DEREITO A UNHA VIVENDA DIGNA !!

A nivel local:
Por un parque público de vivenda municipal, para alugueiro social e para situacións de emerxencia. Censo de vivenda municipal, Xa !

Pola creación dun Punto Comarcal de Atención e Defensa, onde a cidadanía afectada por unha ameaza de desafiuzamento, poda atopar un lugar de información, asesoramento e defensa, financiados polas diferentes administracións públicas e en colaboración co colexio de advogad@s.
O obxectivo da mobilización é o de demandar a paralización dos desafiuzamentos; o recoñecemento por lei da dación en pago, acompañada da opción do alugueiro social; a creación dun parque de vivenda pública para garantir o dereito á vivenda; ... e denunciar o fraude hipotecario e reclamar o dereito a unha vivenda digna.

Facemos nosas as reivindicación da Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca que se concretan en:

a) Parar os desafiuzamentos, tanto das familias hipotecadas como dos avalistas, ata que se atopou unha solución á súa situación. E garantir aos afectados o acceso a xustiza gratuita para poder defenderse nos procesos de ejecución. En calquera caso garantir que ningunha persoa quédese en situación de desamparo habitacional: un Estado democrático respetuoso dos Dereitos Humanos non pode permitir que miles de familias quédense na rúa á vez que millóns de pisos permanecen baleiros á espera de ser un negocio rendible.

b) Regular a dación en pago, de maneira que si o banco executa a hipoteca e quédase a vivenda, a débeda queda liquidada, como sucede noutros países da UE ou en EEUU. É un abuso bancario que estean expulsando á xente das súas casas e encima esíxanlles o pago de 20, 50 ou ata 100 mil euros.

c) Conversión do parque de vivendas hipotecadas de primeira residencia en parque público de aluguer social. Que a administración force ás entidades financeiras a asumir os prezos reais das vivendas facendo que os bancos renuncien a unha porcentaxe significativa da débeda hipotecaria para que, a continuación, a administración compre a vivenda a prezo de vivenda protexida de réxime xeral e o antigo propietario poida permanecer nela como inquilino de vivenda protexida, a condición de que cumpra os requisitos establecidos para ser beneficiario da mesma. Así non só se axudaría ás familias hipotecadas, senón que gañaría toda a sociedade ao aumentar o parque de vivenda pública en aluguer. Unha versión desta medida estase aplicando xa no País Vasco, polo que se trataría de estendelo ao resto de comunidades autónomas.

d) Realización dunha Auditoría social sobre o funcionamento do mercado hipotecario. Existen indicios fundados que nos indican que a cidadanía foi obxecto dunha grande fraude que debe ser investigado para poder establecer as responsabilidades de entidades empresariais, bancarias, así como das institucións públicas. A mesma auditoría debería aclarar onde han ir a parar os beneficios millonarios que se xeraron durante o boom inmobiliario.

e) Establecer os mecanismos, as reformas e as políticas necesarias para que o acceso a unha vivenda adecuada non volva ser xamais un negocio para uns poucos e unha escravitude para as familias traballadoras. No caso do mercado hipotecario, establecer por lei que o pago da cota mensual hipotecaria en ningún caso sexa superior ao 30% dos ingresos da persoa ou unidade familiar, a un prazo máximo de 20 anos.

Acordou-se distribuír pola rede a convocatoria co prego de difusión e espallamento da mesma, que cada quen leve o seu cartaz co seu lema, cacerolas, pitos, ...

Tamén se acordou convocar unha Rolda de Prensa que vai ter lugar o vindeiro Mércores 26 de Decembro, ás 12:30 horas na galería Sargadelos de Ferrol, Esquina Rúa Rubalcaba coa Rúa María. A esta Rolda de Prensa temos que asistir todas as persoas que poidan.

Lembrar:

MANIFESTACIÓN

NIN CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASAS !!

  • PARALIZACIÓN DOS DESAFIUZAMENTOS !!
  • DACIÓN EN PAGO, ACOMPAÑADA DA OPCIÓN DO ALUGUEIRO SOCIAL !!
  • POR UN PARQUE PÚBLICO DE VIVENDAS SOCIAIS !!
  • DERROGACIÓN DA LEI HIPOTECARIA !!
POLO DEREITO A UNHA VIVENDA DIGNA !!

VENRES 28 DE DECEMBRO
ÁS 7 DA TARDE
DESDE A PRAZA AMADA GARCIA
(DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALICIA)
ATÉ A PRAZA DO CONCELLO


Convoca:
STOP-DESAFIUZAMENTOS DA REDE DE APOIO MUTUO DE FERROL TERRA


|||||||||||||||

venres, 21 de decembro de 2012

Xuntanza co Valedor do Pobo en Compostela


O pasado 20 de Decembro de 2012, unha representación da 'Comisión Dereito a unha Vivenda Digna - Stop-Desafiuzamentos', da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, reunimos-nos co 'Valedor do Pobo' en Compostela. Esta reunión foi a petición da mesma institución, en continuidade da primeira que se realizara no mesmo lugar o pasado 16 de Novembro. Na última xuntanza estiveron presentes por parte da institución, o propio Valedor, José Julio Fernández Rodríguez, con dous membros da súa equipa de traballo. Por parte das plataformas, foron oito representante, ademais da de Ferrol Terra , estiveron as das comarcas de Compostela  e Barbanza .

A xuntanza foi de traballo, como a anterior, onde os membros da institución escoitaron as nosas reivindicacións e un número importante de casos concretos de inxustiza social, por aplicación das inxustas lexislación que condenan a moitas persoas á pobreza e exclusión social.

O Valedor nun primeiro momento, sintetizou, o seu posicionamento, respecto da situación e ademais fixo chegar ás diferentes plataformas cidadás, dous documentos: un datado o 4 de Decembro de 2012, que refire-se ao posicionamento da instituión galega, titulado "Propostas do Valedor do Pobo para tratar o grave problema dos desafiuzamentos da vivenda habitual" e un segundo, datado o 17 de Decembro de 2012, titulado "Medidas propostas polos defensores para a protección eficaz do Dereito Constitucional á vivenda en tempos de crise",  froito do tratado nunhas xornadas acerca  do problema dos desafiuzamentos, celebradas en Oviedo, o pasado 14 de Decembro, onde participou o mesmo Valedor, xunto a un representante do Defensor do Pobo (Estatal) e todos os defensores das comunidades autónomas. Xornadas onde consensuaron o Documento ao que antes faciamos referencia. De ambos documentos achegamos os enlaces onde se pode acceder, para ler ou baixar.

Por outra banda, expuxo que a súa equipa de traballo, estaba realizando xestións e actuacións concretas, sobre casos que lles pasamos as diferentes plataformas cidadás desde a pasada reunión do 16 de Novembro.

Perante as dúas horas de xuntanza, debatemos sobre as diferentes reivindicacións que desde as plataformas vimos demandando.  E sobre situacións moi inxustas que se viñan sucedendo.

Desde as diferentes plataformas concluímos na necesidade de incidir no cambio na lexislación vixente: derogación da Lei Hipotecaria e a reforma da da Lei de axuizamento Civil e do Código Civil; de manter até as últimas consecuencias a aceptación da dación en pago retroactiva, acompañada da opción do aluguer social; a creación dun parque público de vivendas para moitas persoas e familias en situación de desamparo na que se atopan afectadas polas execucións dos desafiuzamentos e para garantir o dereito a unha vivenda digna que todas e todos temos; a necesidade de coñecer o censo do parque de vivendas de propiedade pública (cantas, onde, características e en que condicións); contar con Puntos Comarcais ou Municipais de Atención e Defensa, onde a cidadanía afectada poda atopar un lugar de información, asesoramento e defensa, financiados polas diferentes administracións públicas e en colaboración cos diferentes colexios de advogad@s; seguir mantendo o compromiso de colaboración recíproca e por último pediu-se-lle á institución un compromiso público coa ILT (Iniciativa Lexislativa Popular pola dación en pago retroactiva, a paralización dos desahucios e polo aluguer social) que está previsto que se aborde no Congreso do Deputad@s, en Madrid, o 25 de xaneiro de 2013.

A xuntanza rematou co compromiso de manter aberta a canle de comunicación entre as partes e coa entrega dun directorio de telefonos, correos-e, enderezos nas redes sociais e web das diferentes plataformas que se constituíron na Galiza, así como a entrega dunha información sobre o libro "Vidas Hipotecadas - Da burbulla inmobiliaria, ao dereito á vivenda", libro que nos revela a gran estafa inmobiliaria en todo o territorio do Estado. Escrito por dúas persoas cofundadoras da Plataforma de Afectados pola Hipoteca, Ada Colau e Adrià Alemany, e prologos de Gerard Pisarello e José Coy. Traducido do catalán ao castelán por Mariano Veloy. Libro, baixo licenza Creative Commons, que se pode baixar da rede de balde: "Vidas Hipotecadas", 240 páxinas en formato pdf.


Documentos citados, entregados polo Valedor do Pobo na reunión celebrada o 20 de Decembro de 2012.
"Propostas do Valedor do Pobo para tratar o grave problema dos desafiuzamentos da vivenda habitual", Compostela | 04.12.2012.

"Medidas propostas polos defensores para a protección eficaz do Dereito Constitucional á vivenda en tempos de crise", Oviedo | 17.12.2012.


Fotos da anterior reunión do pasado 16 de Novembro de 2012.




||||||||||||

mércores, 19 de decembro de 2012

O vindeiro Venres, 21 de Decembro, xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna

O vindeiro Venres, 21 de Decembro, ás 17:00hs, en Caranza no local de Fuco Buxán, reuniremos a quen quixer participar, nunha xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, para abordar todos o temas pendentes de lanzamentos de vivenda, novos casos, as entrevistas co Valedor do Pobo e a coordinación con outras plataformas, froito do cal está convocada unha mobilización para o vindeiro 28 de Decembro que temos que preparar.

Nas últimas semanas as compañeiras e compañeiros da Rede de Apoio Mutuo que máis se moven no asunto dos desafiuzamentos, mantiveron unha actividade relevante. Non só por ter que afrontar o reto do pasado Pleno Municipal de Ferrol, onde unha das nosas compañeiras interveu no nome do noso colectivo, senón por ter que atender casos concretos de ameazas de lanzamentos de vivenda, mobilizar-nos, contactar con outras plataformas da Galiza para encetar certa coordinación e participar nunha xuntanza que convocou o Valedor do Pobo, interesado polas reivindicacións dos nosos colectivos cidadáns. Xuntanza que vai ter unha segunda sesión o vindeiro Xoves 20 de decembro, ás 11 da mañá, na sede desa institución, en Compostela.

Da coordinación con outras plataformas, xurdiu a convocatoria dunha mobilización nacional, para o Venres 28 de Decembro, en diferentes comarcas galegas. Para o cal esta-se preparando un manifesto coas principais demandas que nos unen na loita por unha vivenda digna. Antes, este 20 de Decembro, o mesmo día no que nos desprazaremos a Compostela, pola tarde, está convocada en toda Galiza até 12 mobilizacións xerais, convocadas pola recen constituída Alianza Social Galega, onde as nosas principais reivindicacións estarán presentes nas rúas e nos comunicados da convocatoria e finais da mobilización. En Ferrol, terá lugar unha concentración, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, ás 19:30hs, do, xa citado, Xoves 20 de Decembro.

Así recolle as nosa reivindicacións o Manifesto da Alianza Social Galega:
"Son máis de nove mil as familias desafiuzadas en Galicia desde que comezou a crise. Persoas que pertencen aos colectivos sociais máis afectados pola situación, que perden a súa vivenda e que, na maior parte dos casos, ven embargadas as nóminas, ingresos ou propiedades ao seu nome. Familias e persoas condenadas á exclusión social polos abusos das entidades financeiras e por un Goberno cómplice".

"Esta situación só pode cambiar cunha modificación da Lei hipotecaria e da Lei de axuizamento civil para regular a dación en pagamento retroactiva, paralizar os desafiuzamentos e promover o alugamento social. Fronte a esta necesidade, o Goberno aproba un decreto insuficiente que non contén solucións estruturais e exonera as entidades financeiras das súas responsabilidades na inadecuada xestión dos préstamos".

"Urxen medidas transitorias integrais, mentres non se modifique a lexislación en materia de execución hipotecaria, como a suspensión temporal dos procesos de execución en marcha".
Lembra, non faltes á xuntanza aberta deste Venres 21 de Decembro, necesitamos a túa colaboración e axuda. Participa na Rede de Apoio Mutuo.

"Vidas Hipotecadas" Da burbulla inmobiliaria, ao dereito á vivenda - O libro que nos revela a gran estafa inmobiliaria española

O libro que nos revela a gran estafa inmobiliaria española.

O dereito á vivenda foi sistematicamente vulnerado: de difícil acceso, a pesar de ser un dereito fundamental, agora mesmo ten en xaque a centenares de miles de familias que reclaman un sistema hipotecario máis xusto. Escrito por dous dos fundadores da Plataforma de Afectados pola Hipoteca, Ada Colau e Adrià Alemany, Vidas hipotecadas explica as causas, sinala aos responsables desta situación, analiza o papel que tiveron as administracións públicas, pon de manifesto a loita que desde a PAH estase levando a cabo, con testemuños en primeira persoa, e ofrece consellos e recursos útiles para defender o dereito á vivenda e evitar os abusos de poder das entidades bancarias. Así mesmo o libro tamén recolle as últimas informacións sobre a intervención de Bankia e a posibilidade do abandono do euro. Vidas hipotecadas: O drama en cifras e a loita da PAH - Desde que empezou a crise, en 2007, máis de 350.000 execucións hipotecarias en todo o Estado deixaron centos de miles de familias na rúa e cunha débeda para sempre. Pero detrás das cifras hai persoas, vivencias, proxectos que se truncan, soños que se converten no peor dos pesadelos. Vidas hipotecadas, voces e testemuños que pon rostro aos números e estatísticas. - Instaladas no dogma de que o prezo da vivenda nunca baixa, as entidades financeiras deseñaron un perverso sistema de incentivos que premiaba aos axentes comerciais que conseguían colocar no mercado un maior número de hipotecas. Entre os anos 1998 e 2007, o número de hipotecas formalizadas anualmente foi da orde de 822.000. Máis de 8 millóns en total. - A través da loita da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH), conseguíronse centos de daciones en pago e condonaciones de débeda unha vez realizada a poxa e paralizáronse preto de 200 desafiuzamentos. Así mesmo, conseguiuse que familias ameazadas de desafiuzamento continuen no piso en réxime de aluguer, e nos casos en que non se puido evitar o desafiuzamento presionouse á Administración para reacoller ás familias en vivendas públicas.

Fonte: afectadosporlahipoteca.com/

Acceder ou Baixar o libro "Vidas Hipotecadas", 240 páxinas en formato pdf.

Unha obra de Ada Colau e Adrià Alemany, e prologos de Gerard Pisarello e José Coy. Traducido do catalán ao castelán por Mariano Veloy.

Baixo Licenza Creative Commons:
Esta obra está suxeita á licenza Recoñecemento-Non Comercial-Sen Obra Derivada3.0 de Creative Commons. Permítese a reprodución, distribución e comunicación pública sempre que se cite aos autores e non se faga un uso comercial. Non se permite un uso comercial da obra orixinal nin a xeración de obras derivadas.

|||||||||||||||||||||

luns, 10 de decembro de 2012

A Plataforma Afectad@s pola Hipoteca estrea nova e moi interesante web

A PAH estrea nova web

Da burbulla inmobiliaria ao dereito á vivenda.

A partir de agora atoparasnos en:
http://afectadosporlahipoteca.com

A PAH celebra o día mundial dos dereitos humanos esixindo o dereito á vivenda
[Ir ao Artigo na súa web].


||||||||||||||||

sábado, 1 de decembro de 2012

A maioría absoluta do Partido Popular rexeitou as mocións contra os desafiuzamentos no Pleno deste Xoves de Novembro de 2012



Onte, 29 de Novembro de 2012, o Pleno do Concello de Ferrol debateu diferentes Mocións sobre o tema dos desafiuzamentos, das que só unha foi aprobada: a presentada por EU, para crear unha bolsa de pisos baleiros de Recimil para familias sen recursos, aínda que sen precisar o seu número e "sempre que cumpran as condicións de habitabilidade", como pediu que se modificase o PP.

A maioría absoluta do Partido Popular rexeitou as restantes:

A comisión mixta para frear os desafiuzamentos que defendía EU, na que estarían representados todos os partidos e as entidades veciñais e sociais, co obxectivo de buscar as alternativas necesarias para evitar calquera desafiuzamento, e no caso de producirse este, garantir o realoxo digno da familia afectada.

Outra de EU: Unha bolsa de pisos baleiros para ás familias sen vivenda e sen recursos, cunha fórmula de aluguer social "cuxo importe non excedería do 30% dous ingresos dá unidade familiar".

A petición do PSOE da creación dun parque público de vivendas de aluguer social, que se complementara cunha bolsa de pisos privados e medidas contra os desafiuzamentos. E a través dunha segunda mofición, a creación dun centro de acollida e inclusión social.

A proposta do BNG de modificar a Lei Hipotecaria e que se adoptaran medidas sociais para solucionar o drama dos desafiuzamentos.

Na sesión, a compañeira Elena Casal, da plataforma Stop-Desafiuzamentos interveu en apoio destas mocións, en razón á gravidade social deste problema.

Escoitar a intervención da representante [Audio] de Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.

Noticia elabporada por: fuco buxán, a.c.

|||||||||||

xoves, 29 de novembro de 2012

Se queren resolver o problema dos desafiuzamentos, escoiten á Plataforma Afectad@s pola Hipoteca

A banca dita, o goberno redacta un Decreto Lei
Carta da PAH ao Goberno Español: se queren resolver o problema dos desafiuzamentos, escoiten á PAH

O Pleno do Congreso dos Deputados decide hoxe xoves, 29 de novembro, sobre a convalidación ou derrogación do "Real Decreto de medidas urxentes para reforzar a protección aos debedor hipotecarios", nome co que se designa a recente moratoria parcial de desafiuzamentos aprobada polo Goberno.

Desde a PAH recordamos que este Decreto non só non vai resolver o problema dos desafiuzamentos, senón que até pode empeoralo.

En primeiro lugar, esta moratoria é insuficiente porque exclúe á maioría de xente afectada a través de requisitos que son arbitrarios e discriminatorios (así por exemplo, poderá acollerse unha familia cun neno menor de tres anos, pero non outra en idénticas condicións económicas con dous nenos de 4 anos). Todas as persoas que poden perder a súa casa por motivos económicos alleos á súa vontade, son casos vulnerábeis. É significativo que dos casos de suicidio por desafiuzamento que fixeron saltar todas as alarmas nas últimas semanas, ningún podería acollerse ao decreto.

En segundo lugar, non aborda o problema da débeda: só prevé unha moratoria do desafiuzamento como máximo durante dous anos nuns poucos casos. Durante ese tempo, os intereses seguirán aumentando e cando termine a moratoria a débeda será aínda maior. Tampouco di nada sobre a xente xa afectada polas 400.000 execucións hipotecarias que xa se realizaron en todo o Estado e que son as que xeraron este debate. Miles de persoas condenadas a ser proscritas financeiras para sempre, con débedas ilexítimas e impagábeis.

En terceiro lugar, o Decreto pode empeorar a situación porque ignora que toda a xente afectada por desafiuzamento de vivenda habitual é un caso de extremada vulnerabilidade. Perder a propia casa sen ter onde ir é do peor que lle poida suceder a unha persoa ou familia. Por iso, todas as persoas afectadas atopan-se nunha situación de desesperación. Tendo en conta isto, o decreto pode provocar que algunhas destas persoas acaben atentando contra a súa propia saúde para cumprir co requisito de "enfermidade grave", ou que decidan ter un fillo para entrar na categoría de "familia con fillo menor de 3 anos", ou ate que se produzan denuncias falsas de violencia de xénero, xa que é outro dos criterios de "vulnerabilidade" establecidos polo decreto. Así, esta medida pode acabar causando máis dano do que supostamente ía resolver.

En calquera caso, sempre se está a tempo de rectificar. E aínda que sexa tarde, o drama dos desafiuzamentos e as débedas hipotecarias que afecta a miles de familias require medidas urxentes que realmente resolvan a situación. Por iso instamos ao Goberno a que escoite á PAH: se algo temos, é coñecemento exhaustivo e experiencia na materia. Non só: as nosas demandas contan co respaldo da maioría da poboación e, a diferenza dos bancos, as nosas opinións non están contaminadas por intereses especulativos senón que perseguen a realización dos dereitos humanos e o benestar xeral.

Se realmente queren resolver o problema, escoiten á PAH.

Achegamos carta formal dirixida ao Goberno do Reino de España:
|Carta ao Goberno|.

Publicado por afectadosporlahipoteca en 29 novembro 2012

Sobre o Real Decreto, no blogue da Plataforma Estatal:
***

O Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda presentou esta mañá unha Proposición Non de Lei para evitar que continúe a vaga de desafiuzamenos e as súas dramáticas e mortais consecuencias no noso país


O grupo parlamentario asegura que a dramática situación actual impón a esixencia de desenvolver as oportunas actuacións públicas.

O Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda presentou esta mañá unha Proposición Non de Lei para evitar que continúe a vaga de desafiuzamenos e as súas dramáticas e mortais consecuencias no noso país.

Os membros do Grupo Parlamentar consideran intolerábel a situación social que se vive no noso País, resultado da vaga de desafiuzamentos que enchen a cotidianeidade dramática das familias traballadoras. Esta situación imponnos a esixencia de desenvolver as oportunas actuacións públicas para evitar unha problemática inxusta que está a causar alarma social, pobreza e marxinalidade, e mesmo mortes. Os datos semellan un berro elocuente encol dunha realidade que antepón o lucro privado aos dereitos recollidos na Constitución e no Estatuto.

Alternativa Galega de Esquerda acredita a urxencia de modificar a legalidade de maneira que resolva tanto a situación das familias que están a piques de sufrir a perda da súa vivenda canto permita atender a situación das familias que xa a perderon.

No noso País a media de desafiuzamentos diarios é de 16, segundo os datos proporcionados polo arquivo estadístico do Consello Xeral do Poder Xudicial, que recolle a perda da vivenda ou local comercial por parte de 3.037 propietarias e propietarios no primeiro semestre do ano. Os datos son moi superiores aos dos anos pasados a causa tanto da dureza da crise canto da veracidade e completitude dos mesmos, en canto recollen tamén os lanzamentos acordados nos xulgados de primeira instancia. Nos primeiros seis meses deste ano formalizáronse 1.320 casos de execucións hipotecarias. As cifras oficiais, nada sospeitosas de tentar provocar alarma social, son estarrecedoras: dende 2008 ordenáronse 7.367 execucións que remataron en desafiuzamentos en 5.994 dos casos. Estas cifras impóñennos actuar a favor das persoas e familias afectadas por esta problemática.

Os últimos pronunciamentos públicos de diferentes entidades oficiais apuntan á urxencia para reformar unha lexislación que ampara hoxendía múltiples abusos do poder financiero. As propostas presentadas polo Consello Xeral do Poder Xudicial ou a iniciativa da Avogacía Xeral da Unión Europea dan razón aos grupos políticos e ás entidades de loita social que vimos denunciando e contrapropoñendo diversas iniciativas neste senso dende hai varios anos.

Por iso, o Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda acredita na necesidade de modificar en profundidade a lexislación para evitar inxustizas flagrantes e escandalosos procedementos sumarios para botar as persoas das súas casas, para protexer aos debedores fronte os abusos das entidades financieiras que socorremos de cote con milleiros de millóns de cartos públicos, de xeito que sexa efectivo o dereito constitucional a unha vivenda digna en todos os supostos de desafiuzamentos por insolvencia das persoas residentes.

O Grupo Parlamentario considera que cómpre tramitar con urxencia e participadamente as medidas suficientes que eviten que ningunha persoa máis fique na rúa, sen un teito, e para que ningunha persoa afogada polo drama da perda da súa vivenda se suicide. “Se non modifican políticas que levan á xente a suicidarse, estamos santificando políticas criminais” concluíron.

Por iso, o Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda presentou unha Proposición non de Lei na que se establecen os seguintes puntos:

1.- Que a Xunta de Galiza suspenda por un período de cinco anos todas as actuacións xudiciais do IGVS que se realicen para desafiuzar a calquera persoa residente nunha vivenda deste Instituto en atención á situación de depresión económica na que nos atopamos e ás súas secuelas en termos sociais e económicos.

2.- Que se consitúa unha Comisión Galega contra os Desafiuzamentos coa participación dos grupo políticos e entidades sociais que traballan nestra problemática para mediar nos casos en que o procedemento ameace coa perda da vivienda a persoas afectadas e achegue solución en todos os casos para evitar o desafiuzamento.

3.- Que se inste ao Goberno do Estado a modificar a Lei de Enxuizamento Civil, cunha disposición transitoria para que nos procedementos de execución hipotecaria que afecten á vivenda habitual do debedor ou dos seus familiares directos, que tiveran rematado coa resolución que comporte o desafiuzamento, o xuíz ou xuíza, a petición das persoa afectada ou das administración públicas competentes na materia dos servizos sociais ou de oficio, deberá decretar a suspensión da dilixencia de desafiuzamento, ate que as partes intervintes ou as administración públicas competentes non presenten un acordo ou proposta que garanta o dereito da persoa afectada a seguir a dispor da mesma ou distinta vivenda nas debidas condicións de habitabilidade e vecindade, mediante título que asegure estabilidade residencial por un período mínimo de cinco anos e nas condicións económicas axustadas ás posibilidades da persoa afectada.

4.- Que esta suspensión se acordará tamén nos procedementos nos que xa se tentara unha ou máis veces o lanzamento e queden pendentes de practicalo.

5.- Que se introduza un procedemento incidental, polo que as persoas titulares de vivendas nas que teñan a súa residencia habitual ou a dos seus familiares directos, e que se atopen hipotecadas, poidan instar á suspensión temporal do pagamento das cotas, sen acreditación de novos intereses, por xusta causa consistente en situación de paro, accidente laboral, larga enfermidade, desgraza familiar ou infortunio semellante, sen ingresos mínimos suficientes para atender ás necesidades alimenticias e as cotas hipotecarias, e namentres se manteña a situación de emerxencia ou as autoridades competentes en materia de servizos sociais e de vivienda, presenten unha solución que garanta o dereito a dispor dunha vivenda digna.

6.- Que se introduzan as medidas legais e regulamentarias necesarias para que NOVAGALICIA BANCO, en tanto que entidade financeira intervida polo Estado e que inclúe activos inmobiliarios residenciais, poña de xeito inmediato a disposición das autoridades galegas e locais o dereito de uso- por un tempo máximo de cinco anos- das vivendas baleiras e que reúnan as condicións de habitabilidade cando así sexan requeridas por resolución que xustifique a necesidade de dispor das mesmas para atender as necesidades de aloxamento de persoas e familiares que perderan o uso dunha vivenda ou se atopen en risco inmediato de perdela por causa dos procedementos de desafiuzamentos xa executado ou por desafiuzamentos arrendaticios.

7.- Que tanto para a elaboración da normativa que se propón nesta Proposición non de Lei canto para a reforma lexislativa instada se faga partícipe ás Plataformas de Afectados pola Hipoteca (PAH) que polo seu traballo social desenvolto nestes anos nos procesos de solidariedade coas familias afectadas coñecen en profundidade a súa realidade e as necesidades derivadas da mesma.

Compostela, 28 de Novembro de 2012

Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda

Publicado por:

ASEMBLEA DE SENTINELAS DO MANDATO POPULAR
Asemblea do Movemento Social de Ferrol Terra en apoio á coalición Alternativa Galega de Esquerda

Correo-e:
asemblea.apoio.alternativa@gmail.com

Blogue:
http://asembleadeferrolterra.blogspot.com

***

mércores, 28 de novembro de 2012

Interesante Pleno no Concello de Ferrol o día 29 de Novembro.

(Puntos de moito interés, o de menos que formacións políticas propoñen ditas mocións)

10.- Moción do grupo municipal XXX sobre a creación no Concello de Ferrol dun parque público de vivendas de aluguer social, complementado cunha bolsa de vivendas privadas de aluguer social e adopción de medidas contra os desafiuzamentos na nosa cidade.

11.- Moci
ón do grupo municipal XXX en relación coa creación dunha comisión especial mixta co obxecto de deter os desafiuzamentos que se poidan producir no noso termo municipal e acordo complementario.

12.- Moción do grupo municipal XXX en relación coas vivendas sociais en Recimil.

13.- Moción do grupo municipal XXX sobre a creación dun centro de acollida e inclusión social na cidade de Ferrol.

15.- Moción do grupo municipal XXX para que se modifique a Lei Hipotecaria e adopción de medidas socias para solucionar o drama dos desafiuzamentos.

Elena Casal Merá
http://www.facebook.com/elena.casalmera

***

martes, 27 de novembro de 2012

Participación no Pleno do Concello de Ferrol - 29 de Novembro de 2012

Participación no Pleno do Concello de Ferrol

Vai-se tratar unha Moción do BNG sobre os Desafiuzamentos, moción que se está presentando en gran parte dos Concellos da Galiza.

Vai-se intentar falar no Pleno do Xoves 29 de Novembro de 2012, ás 19:00hs.

A Comisión Direito a unha Vivenda Digna (STOP-Desafiuzamentos) da rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, vai ter xuntanzas para deliberar e acordar sobre este tema e outros relacionados.

No Concello de Ferrol, xa fora aprobada unha Moción en Marzo de 2011.

Acceder á Moción:
https://docs.google.com/file/d/0B137ZqzfFFqMblVXU2ZqaVpJV00/edit

Detalle da Acta - Moción de Esquerda Unida, Votación e Deliberación, no pleno do Concello de Ferrol, do 6 de Abril de 2011, sobre os desafiuzamentos
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/2012/11/mocion-votacion-e-deliberacion-de.html

Contacto
NON ESTÁS SÓ

Telefones de interese:

Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
Comisión de Dereito á Vivenda Digna (Stop-Desafiuzamentos)

- Elena Casal  - 637799350 (só polas tardes)
- Rafael Pillado - 633100354
- Inácio Martínez - 645158113
- Luis Matalobos - 644256364)

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue da RAM de Ferrol Terra (Stop-Desafiuzamentos)
Comisión Dereito a unha Vivenda Digna
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Rede Social de Ferrol Terra
http://redesocialdeferrolterra.blogspot.com.es/

||||||||||||||

venres, 23 de novembro de 2012

Detalle da Acta - Moción de Esquerda Unida, Votación e Deliberación, no pleno do Concello de Ferrol, do 6 de Abril de 2011, sobre os desafiuzamentos

Pasamos das incidencias e do primeiro punto, e imos ao segundo punto que foi sobre o exame da moción do Grupo Municipal de Esquerda Unida, moción para instar ao goberno central do Reino de España a aprobar unha reformada lei hipotecaria e outros acordos, entre os que está o de "crear unha comisión especial mixta na que estean representados todos os Grupos Municipais e unha representación das entidades veciñais e das entidades sociais que traballan esta problemática para atopar as alternativas precisas que eviten calquera desafiuzamento e no caso de se producir este que garanta un realoxo digno da familia afectada".

A continuación pasamos a relacionar as concelleiras e concelleiros presentes na sesión cuando se debateu a citada Moción, logo a transcribir a Moción, Votación por puntos e a deliberación anterior.

SESIÓN EXTRAORDINARIA E URXENTE DO EXCMO. CONCELLO PLENO DO DÍA 6 DE ABRIL DE 2011.

No Pazo Municipal de Ferrol, sendo as doce horas e trinta e cinco minutos do día 6 de abril de 2011, reuniuse o Exmo. Concello Pleno, en primeira convocatoria, baixo a Presidencia do Iltmo. Sr. Don Vicente Irisarri Castro, coa asistencia dos seguintes señores/as: Dona Rosario Alabau Albors, Don Manuel Honorio Bustabad Ferreiro, Don Casimiro Pablo Cal Martínez, Dona Mercedes Carbajales Iglesias, Dona Marta Cerdido Pintos, Dona Yolanda Díaz Pérez, Don Guillermo Ramón Evia Pérez, Don Juan José Fernández García, Don Rafael Fernández Beceiro, Don Francisco Javier Galán Pérez, Don Leopoldo Ibáñez Santiago, Don Gerardo Ramón López Castrillón, Dona María Concepción López Fernández, Dona Rosa Martínez Beceiro, Don Angel Manuel Mato Escalona, Don Xoan Xosé Pita Díaz, Don Francisco Manuel Pita-Romero Caamaño, Don José Manuel Rey Varela, Dona Elia Rico Lagarón, Dona María Sandra Ríos Bouza, Don Amador Mª Fátima Rodríguez Silvar, Don Manuel Santiago Pérez e Don Ramón Eduardo Veloso Rodríguez.


2.MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA INSTANDO Ó GOBERNO DO ESTADO A APROBAR UNHA REFORMA DA LEI HIPOTECARIA E ACORDOS COMPLEMENTARIOS.-

Examinada a moción que presenta o grupo municipal de Esquerda Unida, que textualmente di: “Yolanda Díaz Pérez, Voceira do Grupo Municipal de Esquerda Unida, de conformidade co disposto no artigo 104 do Regulamento Orgánico do Concello de Ferrol, e co artigo 97.2 do vixente Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,

Exposición de motivos

Malia os discursos gubernamentais sobre os brotes verdes a crise segue a acurralar a centenares de milleiros de familias que se atopan nunha situación límite que non lles permite cubrir as súas necesidades máis básicas. Entre elas se atopa o dereito á vivenda, que de resultas do desemprego e os desafiuzamentos está en entredito. Os datos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia recabados no Oficina Central de Notificacións e Embargos non deixan lugar a dúbidas acerca da dureza da crise neste eido: só no partido xudicial de Ferrol os lanzamentos recibidos durante 2010 foron 169, e os lanzamentos non deixan de experimentar un crecemento notable de 2008 a 2010, pasando na provincia da Coruña de 474 a 606 á altura do terceiro trimestre de 2010. O propio Consello Xeral do Poder Xudicial contabiliza dende 2007 uns trescentos mil desafiuzamentos no Estado, cunha estimación de acadar o medio millón ao remate de 2012: cifras que dan conta da fondura da crise e da súa non superación.

Os desafiuzamentos abocan ás familias non só á perda da súa vivenda senón a unha condena financeira de por vida: o interpoñer a entidade financeira unha demanda comeza un proceso de execución hipotecaria que remata coa subasta do inmoble. Subasta que no contexto de depresión económica adoita quedar baleira o que leva a entidade financeira a adquirir o inmoble só polo 50% do valor de taxación, o que supón que a familia resta adebedando o resto, mailos intereses e costas do proceso.

Para Esquerda Unida a lexislación hipotecaria é abusiva e favorece ás entidades financeiras como ningunha outra lexislación do noso entorno. A publicidade engañosa, as cláusulas inintelixibles, a sobrevaloración habitual nas tasacións acaban por atrapar nunha rede fatal ás familias en dificultades económicas.

Queremos lembrar que esta situación legal e fáctica contradí abertamente a legalidade constitucional que no seu artigo 47 afirma: Todos os españois teñen dereito a unha vivenda digna e axeitada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e estabelecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito...; artigo congruente co 33, que limita o dereito de propiedade ao subordinalo a función social e que se incumpre cos centos de miles de pisos baleiros; e co artigo 24, que garante a tutela xudicial efectiva, tutela inexistente no caso das execucións hipotecarias. Mandato constitucional coincidente cos outros compromisos internacionais asumidos polo Estado, caso da Declaración Universal dos Dereitos Humanos no seu artigo 25 e máis do Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais, artigo e Observacións Xerais 4 ( onde desenvolve o contido do dereito a unha vivenda axeitada ) e 7, que define os desafiuzamentos forzosos como unha das principais vulneracións do devandito dereito á vivenda.

Falamos de normas estatais pero que afectan e de que maneira dramática a nosa veciñanza, por canto cando se produce unha situación de desaloxo o que resta é unha familia que ten que recorrer ao concello para atender unha situación de emerxencia, impropia dunha sociedade que ser cohesionada e con benestar. Deste xeito o concello vese afectado tanto pola realidade dunha veciñanza que sufre a vulneración de dereitos fundamentais canto pola subseguinte petición de axuda dos afectados, que percute sobre as finanzas municipais que se atopan afogadas polo déficit de financiamento que arrastran e que se agrava coa actual crise.

Cómpre poucas palabras para significar o que supón a perda da vivenda no eido material e social; de feito a carencia dunha vivenda exclúe de toda vía administrativa, conlevando a perda de dereitos e impedindo as persoas afectadas a realización tanto no plano profesional canto familiar. Os sobrebeneficios das entidades financeiras – corresponsables da crise económica – se alimentan tanto con axudas públicas concedidas nun volume e condicións que xa quixeramos ver para as persoas que perdendo o traballo rematan por perder a súa vivenda e que restan endebedadas coas entidades que seguen a lucrarse aínda neste intre de máxima dureza da crise.

Non poden restar as administracións públicas, alomenos non deberían, alleas a esta problemática e si pronunciarse pola adopción de medidas que palíen o efecto da crise no que atinxe ao dereito á vivenda. Xa que logo, o Grupo Municipal de EU presenta ao Pleno do Concello a seguinte proposta de

ACORDOS:

1º.- O Pleno do concello de Ferrol insta ao Goberno do Estado a aprobar unha reforma da lei hipotecaria, que inclúa a figura da dación en pago, de xeito que nos casos en que a vivenda sexa a residencia habitual caso de executarse a hipoteca a entrega da vivenda cancele o total da débeda.

2º.- O Pleno do concello de Ferrol insta ao Goberno do Estado a aprobar unha moratoria ou a implementar as medidas necesarias conducentes a paralizar os desafiuzamentos das familias en situación de insolvencia sobrevida e involuntaria. No caso das familias que xa perderon ao abeiro desta crise a súa vivenda, a aprobación dun decreto lei urxente que poña os milleiros de pisos baleiros que están a acumular as entidades financeiras ao dispor das familias sen vivenda sen recursos cunha fórmula de aluguer social, cuxo importe non exceda do 30% dos ingresos familiares.

3º.- O Pleno do concello de Ferrol, ao obxecto de deter os desafiuzamentos que se poidan producir no noso termo municipal, crea unha comisión especial mixta na que estean representados todos os Grupos Municipais e unha representación das entidades veciñais e das entidades sociais que traballan esta problemática para atopar as alternativas precisas que eviten calquer desafiuzamento e no caso de se producir este que garanta un realoxo digno da familia afectada.

4º.- O Pleno do concello de Ferrol acorda trasladar este acordo plenario ao Consello de Ministros, á Xunta de Galicia, á Plataforma de Afectados pola Hipoteca e as entidades veciñais e sociais do noso concello.”


Previa deliberación, a Corporación votou por puntos a moción co seguinte resultado:

PRIMEIRO: Aprobouse o primeiro punto, por dezasete votos a favor, correpondentes ós Sres./as. membros do grupo Socialista, Esquerda Unida, Independientes por Ferrol e Bloque Nacionalista Galego e sete abstencións, correspondentes ós Sres./as. membros do grupo Popular.

SEGUNDO: Rexeitouse o segundo punto, por nove votos en contra, correspondentes ós Sres./as. membros do grupo Socialista, fronte a oito votos a favor, correspondentes ós Sres./as. membros do grupos de Esquerda Unida, Independientes por Ferrol e Bloque Nacionalista Galego e sete abstencións, correspondentes ós Sres./as. membros do grupo Popular.

TERCEIRO: Aprobouse o terceiro punto, por oito votos a favor, correspondentes ós Sres./as. membros dos grupos de Esquerda Unida, Independientes por Ferrol e Bloque Nacionalista Galego e dezaséis abstencións, correspondentes os Sres./as. membros do grupo Popular e Socialista.

CUARTO: Aprobouse o cuarto punto, por unanimidade dos Sres./as. asistentes.

DELIBERACIÓN

SRA DÍAZ PÉREZ: Bueno, bos días, como xa adiantamos e como se coñecerá, efectivamente, levamos unha proposición non de lei ó Congreso dos Deputados no que interesábamos a reforma da Lei hipotecaria para introducir a fórmula da dación en pago como está a acontecer noutros países do noso entorno pois, efectivamente, saldásemos a débeda hipotecaria coa entrega neste caso do inmoble. Certamente, nos atopamos cunha pinza económica que foi o Partido Popular e o Partido Socialista, que impediron que esta proposta saíra adiante e mesmo pois foi suxeito de moitas presións por parte mesmo da construcción, dos sectores da construcción, do propio sector financeiro, señor Alcalde, que remitiu cartas que son públicas á señora Salgado pedíndolle públicamente que desestimase esta proposta que estaba levando adiante o grupo nese caso parlamentario de Esquerda Unida. Certamente, cremos que a solución está por abaixo. Estamos presentando mocións en todo o conxunto de España para presionar ó goberno central toda vez que é unha competencia estatal, é dicir, non é unha competencia da Xunta de Galicia e, polo tanto, pedimos tres cuestións: a primeira delas que se introduza na Lei hipotecaria a fórmula da dación en pago. A segunda delas é que se implementen as medidas necesarias para que haxa unha moratoria e deixemos de ter os desahucios que estamos tendo tamén na nosa cidade segundo os datos do propio Consello Xeral do Poder Xudicial, estamos no conxunto de España con 350.000 execucións e tamén na nosa cidade hai vítimas pola situación da crise económica e demais. Polo tanto estamos pedindo, efectivamente, unha moratoria. E a terceira cuestión e que xa é de competencia absolutamente municipal, señor Alcalde, pois efectivamente que constituamos unha comisión tanto municipal como con colectivos veciñais para que fagamos unha análise minuciosa das persoas, das familias que nestes días están sendo botadas á rúa, están, digamos, que quedando sen ningún tipo de protección social. E por suposto que lle deamos conta de todo esto ó Consello de Ministros, á Xunta de Galicia e, por suposto, á plataforma de afectados pola hipoteca que o temos neste Concello e tamén no resto de España. Polo tanto, pedimos o voto a favor para esta moción que ten esos catro puntos que acabamos de mencionar.

SR. PITA DÍAZ: O Bloque Nacionalista Galego vai a votar a favor desta moción, moción que vai na mesma liña que a proposición non de lei que presentou o Bloque Nacionalista Galego para o seu debate no pleno do Parlamento Galego e baseada nun grave contexto que pola actual crise económica se está a vivir na Galiza cun 15,7% de paro e que ten levado á bancarrota a moitas familias galegas que como consecuencia desto pois non poden facer frente ó pago da hipoteca e vense obrigadas a entregar a súa vivenda á entidade financeira correspondente. Ademais os datos que se manexan, que son datos que veñen transmitidos polo Consello Xeral do Poder Xudicial, foron máis de 3500 familias galegas as que nos últimos dous anos, o sea, no ano 2009 e no 2010 sufriron a execución hipotecaria da súa vivenda. Polo tanto, según a lexislación que está vixente os cidadáns deben respoder ó préstamos a pesares de ter perdido completamente a propiedade da súa vivenda e a Lei hipotecaria que rixe no Estado Español permite ás entidas financeiras seguir reclamando o pago da débeda a pesares de quedarse sen dita vivenda. Polo tanto, o BNG como xa dixen vai a apoiar esta moción porque é moi necesario modificar a Lei hipotecaria para regular a dación en pago de xeito que cando a entidade financieira execute a hipoteca se considere definitivamente saldada a débeda na súa totalidade.

SR. PITA-ROMERO CAAMAÑO: Bueno pues para anunciar también nuestro voto favorable a esta propuesta. La verdad es que es una excepción a una situación actual y la situación resulta excepcional. Y las situaciones excepcionales hay que contrarrestarlas con medidas excepcionales como la que aquí se propone. Lo que pasa es que la clave de esta cuestión está en Madrid en el Parlamento Español, ahí ha habido oportunidade, creo, de valorar estas proposiciones y creo que han sido rechazadas por una mayoría amplísima, por lo tanto, desde ese punto de vista y a pesar de lo que podamos decir hoy aquí lo cierto es que tengo la sensación de que esta es una propuesta condenada al fracaso de antemano. Pero lo cierto es que yo creo que además incide en aspectos de mucha actualidad, que probablemente se incrementen dentro de poco con la anunciada subida de los tipos de interés que ya está prevista para pronto y que casi está provocando junto con la crisis y la falta de empleo pues que los que somos capaces de pagar la hipoteca empezamos a ser casi una excepción, y por lo tanto, me parece bien planteada esta moción y en un tiempo oportuno. Por otro lado también quería significar que en el propio texto de la moción ahora pediré que se me aclare una cuestión relativa a los desahucios porque parece que viene a hacer referencia a los desahucios sea cualquiera el motivo por el que se produzcan, aunque yo quiero decir que son, obviamente, los desahucios derivados de ejecuciones de carácter hipotecario. Yo también haría una distinción de aquellos supuestos como hace la moción de que se trate de vivienda habitual, lo dice la moción, es para los supuestos de vivienda habitual, no para los de segunda residencia. Y también probablemente para aquellos supuestos, aunque yo admito la complejidad de este asunto, en que la tasación de la vivienda realizada al momento de la formalización de la hipoteca sea al menos coincidante con el importe del crédito que es concedido. Porque también se han producido situaciones que, aprovechamiento de solicitud de hipotecas para hacer compras de otros bienes, muchas veces vehículos, incluso bienes de otro tipo. Por lo tanto, yo también quizás valoraría esta posibilidad, aquellos en que exista coincidencia entre el valor de tasación de la vivienda con el importe del crédito concedido con la garantía hipotecaria, para evitar situaciones donde se ha fomentado el consumo. Bien es verdad que las entidades de crédito también a través de su publicidad han fomentado ese tipo de intervenciones. Pero yo creo que eso no lo dejaría caer en saco roto. En cualquier caso nosotros vamos a apoyar la propuesta aun a sabiendas de sus escasas posibilidades de éxito porque yo creo que sí debe cambiarse la Ley hipotecaria en este sentido y para los supuestos a los que se está haciendo referencia.

SR. REY VARELA: Bueno, obviamente, esto es un tema que ya se ha debatido en el Parlamento Nacional como propuesta de Izquierda Unida, nosotros desde luego no vamos a dejar de instar al gobierno del Estado a una modificación legal pero no nos parece este el foro en que un tema con tanta complejidad pueda evaluarse, sobre las consecuencias de dicha modificación. Las consecuencias que no solamente son para personas que tienen una hipoteca sino que implican también al sector financiero y otra serie de sectores importantes. Desde luego la situación económica es la que es, la situación económica es la que desde luego hace muy difícil que muchas personas puedan ya poder pagar sus hipotecas, efectivamente, hay una responsabilidad importante en la flexibilidad con la que se estuvieron dando los créditos a lo largo de los últimos años pero esto requerirá una política económica global y para todo el Estado. Ya digo que considerando que esto es un problema muy importante lo que no consideramos es que este sea el foro donde lo podamos solucionar y en la linea con la que se ha manifestado el Partido Popular en España procederemos en este Pleno.

SR. VELOSO RODRÍGUEZ: Bueno, efectivamente, canda unha familia se ve avocada a non pagar unha hipoteca que é a súa residencia habitual pois ten que estar nunha situación de quebra económica ou próxima a ela e temos que axudarlle nese sentido. Por eso pensamos que por unha xustiza social a dación en vivenda pois creo que é importante establecelo na nosa normativa xurídica. Ademais valga a redundancia tamén por equiparación xurídica con outros países que existe deste xeito. E ademais como Concello de Ferrol formamos parte da Federación Española de Municipios e Provincias e na súa reunión de Vitoria do día 22 de febreiro aprobou por unanimidade de todos os grupos solicitar ó goberno de España e ós grupos parlamentarios que analizaran as modificacións normativas para que houbera os procesos legais para esta execución. O que sí que terá que facerse, evidentemente, será respetando as competencias autonómicas en materia de vivenda que existen na normativa da estructura territorial e de poder en España. Eso sí haberá que respetalo. Por eso si nos permiten votar por puntos nós estaremos de acordo en votar a favor do punto primeiro, por suposto, do punto cuarto e votaremos tamén que non ó punto segundo porque non ten nada que ver co sistema de dación de vivenda senón doutra regulación do sistema financieiro e de mercados tamén dentro das comunidades autónomas. E con respecto ó terceiro punto vamos a absternos porque cremos que ten para poder exercer eses aspectos haberá que ter competencias. E nós agora mesmo pois non temos ningún tipo de competencias no que se refire a todo o mercado de vivenda e o mercado hipotecario. E votaremos evidentemente pois a favor do punto primeiro.

SRA DÍAZ PÉREZ: Bueno, grazas ós grupos que amosan o voto a favor. Non sei o que quixo dicir o señor Rey, intúo que se o voto é coincidente co que pasou nas Cortes será o voto negativo e, por suposto, ó PSOE dicirlle que lle permitimos votar, por suposto, por puntos e creo que o señor Pita-Romero explicitou perfectamente o contido desa moción, vai na exposición de motivos, obviamente falamos de vivenda de primeira residencia, non de segundas residencias e, por suposto, as consideracións que fixo de sobrevaloración das taxacións dos inmobles con claro ánimo de embaucar ás persoas que confiaron no que estaban ofrecendo as propias entidades bancarias. Ó señor Rey decirlle que, ben, supoño que decir que non ten importancia que se debata esta moción aquí, nós cremos que non é correcto porque estamos completamente seguros que, primeiro, os problemas sociais dos desahucios os viven as concellerías de Benestar Social dos concellos, aquí e en todos os sitios, en segundo lugar, aínda que dicía o señor Veloso no terceiro punto que non temos competencia, sería unha competencia impropia, unha máis da que xa temos porque estou segura e certa que, efectivamente, a señora María López seguro que está tratando estas cuestións, polo tanto, algo deberemos de facer e estamos seguros, señor Rey, que si os 8000 concellos que hay en España e os 323 que temos en Galicia dixeran que sí a esta fórmula seguramente cambiarían as cousas. Polo tanto, grazas polos votos a favor e dos grupos que van a votar a favor e, señor Alcalde, permitimos o voto por puntos.

SR. PITA DÍAZ
: Vamos a ver, señor Rey, ¿cómo pode dicir vostede que este non é o foro para tratar este tema? Nós estamos aquí 25 concelleiros elixidos democráticamente por cidadáns e cidadás de Ferrol. E desde aquí sabemos que non temos competencias para cambiar as leis e todo esto pero sí temos forza política para facer, polo menos, presión para que se aprendan e se poidan cambiar. Agora, vostede se inclina polo que dixeron en Madrid ¿por qué non se inclinan polo que dixeron no Parlamento Galego? Porque esta proposición non de lei foi tratada tamén no Parlamento Galego e saleu por unanimidade, tome o exemplo da parte boa, non tome o exemplo de Madrid, que nos queda moi lexos señor Rey, estamos en Ferrol e temos máis próximo Compostela. Pero nos interesa máis tomar o de Madrid e logo despois con estas formas vamos a defender ó pobo de Ferrol, mal nos vai a ir.

SR. REY VARELA: Sí, la verdad es que yo no anuncié el sentido del voto de este grupo político que lo haré en este momento. Yo, señora Díaz, no he dicho que no fuese un tema importante, que lo es. Y yo, señor Pita, tampoco dije que no era el foro para tratarlo, yo lo que dije es que este no era el foro para solucionar este problema, que existía una crisis económica, que desde luego nosotros, el Partido Popular, como no puede ser de otra manera, no compartimos las recetas económicas del señor Rodríguez Zapatero, en esta materia concreta pero desde luego es un tema importante, un tema que afecta a muchísima gente pero que creo que la solución sobreviene a este Pleno Municipal, que yo es lo que he dicho. Vamos a, posiblemente, creo que después de lo que ha dicho el Partido Socialista, a aprobar en nuestro término municipal una comisión especial mixta y a mi lo que me gustará comprobar dentro de seis meses son los resultados de esa comisión especial mixta. Porque, claro, nos estamos lamentando aquí en muchas ocasiones de que no somos capaces de cumplir acuerdos plenarios que vienen de mociones y, bueno, pues, claro, generar la expectativa a muchos ciudadanos que no pueden pagar su hipoteca de que el Ayuntamiento de Ferrol lo va a hacer creando esta comisión, me parece, bueno, pues que posiblemente sea exagerado. Nosotros, ya digo, lo que vamos a hacer con esta moción que se va a votar por puntos es abstenernos los tres primeros puntos y votar favorablemente al cuarto, que es dar traslado al Consejo de Ministros, como no puede ser de otra manera.

SRA. DÍAZ PÉREZ: Señor Rey, o que está facendo vostede é dunha frivolidade tremenda. Primeira cuestión, vostedes e o Partido Socialista nas receitas estas económicas que está dando Europa e a señora Salgado, están encantados da vida. De feito, votaron co Partido Socialista. A proposición de Esquerda Unida non saiu en contra só cos votos do Partido Socialista, saiu cos votos en contra y a favor da banca e do seu portavoz parlamentario, que creo que é un señor que se chama Rajoy, que aplaudía coas orellas, señor Rey. Non veña aquí a enganar a ningúen. Polo tanto, frivolidade ningunha, están defendendo os seus intereses. Segunda cuestión, é bastante frivolidade decir que non se pode facer nada no Concello de Ferrol e que se xeneran unhas expectativas lle volvo a decir que estou segura que a concelleira de Benestar está atendendo a estas familias e persoas que están vivindo situacións dramáticas. Polo tanto, será responsabilidade dos 25 concelleiros e concelleiras atender unha cuestión que é vital. A nós nos alegra que vote a favor desta comisión pero frivolidade ningunha.

SR. PITA DÍAZ: Pero vamos a ver señor Rey, ¿cómo pode vostede falar das receitas do señor Zapatero? Pero se vostedes están aplaudindo coas orellas as políticas económicas do señor Zapatero. Están aplaudindo coas orellas porque o están deixando sen programa, cando se den conta non teñen vostedes programa para presentarse ás eleccións xerais. Porque lle están cumprindo o programas, lles están acabando o programa. E vostedes coas orelliñas, plaf, plaf, plaf.

Fonte: http://www.ferrol.es

Acta completa, en formato -pdf- de 60 páxinas.
http://www.ferrol.es/documentos/actas/actaPleno06_04_11.pdf

***

23 de Novembro de 2012 - Xuntanza da RAM de Ferrol Terra (Stop-Desafiuzamentos) Comisión Dereito a unha Vivenda Digna

Xuntanza da RAM de Ferrol Terra (Stop-Desafiuzamentos) Comisión Dereito a unha Vivenda Digna


Xuntanza da RAM de Ferrol Terra (Stop-Desafiuzamentos) Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, ás 5 da tarde, do Venres 23 de Novembro de 2012, nos locais de Fuco Buxán A.C.
Proposta da orde do día:
- Nova lexislación - Decreto Lei
- Información e Análise da xuntanza co Valedor do Pobo, do pasado 16N.
- Reunión en Compostela para o 29N.
- Os desafiuzamentos.
- Preparación Pleno do Concello de Ferrol do 29N.

Contacto
NON ESTÁS SÓ
Telefones de interese:
Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
Comisión de Dereito á Vivenda Digna (Stop-Desafiuzamentos)
- Elena Casal - 637799350 (só polas tardes)
- Rafael Pillado - 633100354
- Inácio Martínez - 645158113
- Luis Matalobos - 644256364)

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
Blogue da RAM de Ferrol Terra (Stop-Desafiuzamentos)
Comisión Dereito a unha Vivenda Digna
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
Rede Social de Ferrol Terra
http://redesocialdeferrolterra.blogspot.com.es/
***

mércores, 21 de novembro de 2012

A banca dita, o goberno redacta un Decreto Lei

O Goberno cede unha vez máis á presión da banca e anuncia medidas que exclúen á maioría da xente afectada.

Con máis de 400 mil execucións hipotecarias, 350 mil desafiuzamentos ás súas costas, #PPSOE chegou tarde e mal ao drama dos desafiuzamentos. Durante unha semana mareáronnos co anuncio de negociacións para para paliar un dos problemas máis graves da sociedade española e que só saíu á luz grazas á denuncia das mobilizacións cidadás. #PPSOE non só chegan tarde e mal, senón que non foron capaces de chegar a un acordo.

Hoxe xoves 15 de novembro, o Goberno decidiu escurrir o vulto dunha forma case macabra aprobando un Decreto Lei chamado "anti-desafiuzamentos", o cal paralizaría os desafiuzamentos durante dous anos ao estilo do soado -por fracasado- Decreto "De Guindos". Un Decreto Lei que se basea nunha artimañana sobre, supostamente, criterios económicos e de vulnerabilidade, co único fin de contentar á banca e excluír por segunda vez á maioría de xente que está sufrindo este drama.

Falando claro: eludiron establecer unha moratoria de desafiuzamentos eficaz, unha esixencia cidadá unánime. Nin sequera adoptáronse medidas como a que xa se executa en Francia, onde cada ano decretan moratoria invernal xeneralizada dos desafiuzamentos. Talvez nin os tristemente falecidos entrarían nos criterios de Rajoy, Soraya Sáenz de Santamaría e De Guindos. Tampouco entrarían outros centenares de miles de familias: por exemplo unha parella con dous fillos menores de 4 e 6 anos cun subsidio por desemprego de 420 euros que ten data de desafiuzamento fixada mañá.

Ademais, para esconder unha das claves, a retroactividade (que pasa coas 350 mil familias desafiuzadas?) anuncian a creación dun Fondo Social de vivendas de aluguer que se nutriría das vivendas "roubadas" ás familias. Faise o anuncio, pero non se di nin cantas, nin como se crearía ese parque de vivenda social.

Todo o demais? os centenares de miles de afectadas que non entran no decreto, as débedas impagabeis de todos os afectados etc. pode e deberá esperar á tramitación parlamentaria no Congreso como proxecto de lei.

Nin unha palabra sobre a ILP hipotecaria, que hoxe mesmo recibiu a validación da Oficina do Censo Electoral de 614.246 firmas presentadas até hoxe. Nin unha palabra da PAH, nin un xesto para incluír aos afectados nas posibeis solucións, nin caso as propostas que desde 2008 puxemos encima da mesa: dación en pago reatroactiva, stopdesahucios e parque de vivenda de aluguer social (suxeito a renda).

A PAH e a maioría da sociedade teno claro: todo era #PuroTeatro. A patronal da banca ditou o decreto a semana pasada e o Goberno redactou agora o que lle manda "o seu amo". Unha vez máis, o Goberno é o brazo armado da banca, todo o outro son danos colaterais da guerra do 1% contra o 99%. As présas por adxudicarse a exclusiva fainos novamente ver como os intereses de moitos son usados en beneficio duns poucos, sen cambiar a situación.

Pero tamén temos claro que se hoxe o Goberno tomou estas medidas é grazas á presión social, á loita sen tregua dos de abaixo, de organizacións como a PAH, o 15M e moitas outras.

A PAH continuará presionando e mobilizándose, tal e como fixo até agora, é así como conseguiu paralizar máis de 500 desafiuzamentos fronte aos 400.000 impulsados polas leis inxustas de #PPSOE. Seguiremos esixindo que a moratoria se aplique a todas as familias, sempre que a causa da falta de pagamento sexa sobrevida e sempre que se trate de vivenda habitual.

Non valen medidas publicitarias, nin pequenas modificacións que non aborden o problema de raíz. A PAH non aceptará rebaixas nin medidas trampa. As solucións que a PAH leva anos esixindo son claras:
  • Dación en pago reatroactiva!
  • Moratoria de desafiuzamentos inmediata!
  • Aluguer social xa!
Aválannos máis de 600.00 firmas da ILP onde quedan recollidas as nosas demandas de mínimos.

Publicado por afectadosporlahipoteca o 15 de Novembro de 2012.

***

xoves, 15 de novembro de 2012

Escrito para solicitar a suspensión de todos os procedementos de execución hipotecaria de vivendas habituais que se atopen actualmente nos xulgados


O equipo xurídico da PAH, composto por avogadas e avogados de todo o estado que colaboran de forma desinteresada, redactou un escrito para solicitar a suspensión de todos os procedementos de execución hipotecaria de vivendas habituais que se atopen actualmente nos xulgados.

Ante a gravidade da situación provocada polas execucións hipotecarias e os desafiuzamentos, e a inacción do Goberno, a PAH facilitará este escrito a todas as persoas afectadas para que poidan solicitar a suspensión do procedemento.

Está previsto que o vindeiro luns 19 ás 11h preséntense decenas de escritos contemporaneamente en distintas cidades a través das PAH de todo o estado.

O Consello Xeral da Avogacía Española colaborou na difusión do escrito redactado polo equipo xurídico da PAH enviándoo a todos os Colexios de Avogados do estado.
Comunicado do equipo de avogados colaboradores da PAH

A mobilización dos afectados a través das PAH xerou un evidente clamor do conxunto da sociedade civil ante as execucións hipotecarias masivas perpetradas polas entidades financeiras contra os sectores máis vulnerables que sofren de forma máis descarnada a crise.

A PAH xuntos con diversas entidades da sociedade civil ten unha proposta concreta ante a situación de urxencia que non queren oir nin PSOE nin PP, a Iniciativa Lexislativa Popular para a regulación da dación en pago, de paralización dos desafiuzamentos e de aluguer social.

Manifestamos á opinión pública que en España se viola sitemáticamente o dereito á a vivenda soxulgado por procedementos xudiciais que permiten os desaloxos forzosos de poboación sen alternativa habitacional contraviniendo o preceptuado polo comité DESC da ONU. Así mesmo, denunciamos que a condena a débedas perpetuas derivada dos procedementos de execución hipotecaria son condenas perpetuas á exclusión social e á pobreza, e entendémolas como violacións sitemáticas de dereitos humanos.

Queremos reiterar publicamente que consideramos as execucións hipotecarias masivas como violacións sistemáticas de dereitos humanos onde os debedores habitacionais atópanse en situación de absoluta indefensión, sen que exista dereito á tutela xudial efectiva e un procedemento con todas as garantías. O noso criterio coincide co manifestado por diversos organismos de dereitos humanos, con diferentes organizacións da sociedade civil e en último termo polo manifestado pola avogada xeral do Tribunal de Xustiza da Unión Europea na cuestión prexudicial exposta ante o TJUE.

Por iso, esiximos a paralización inmediata de TODOS os procedementos de execución hipotecaria de vivenda habitual e a TODAS as execucións derivadas de execucións hipotecarias, nos que os bancos seguen embargando as vidas das familias ás que botaron da súa casa. Todos estas accións están manchadas por un procedemento inxusto que que está provocando un xenocidio financeiro, a morte civil de centos de miles de familias, e non poden seguir realizándose nin un minuto máis.

Facemos unha chamada ás persoas afectadas a activarse e a esixilo ante os xulgados para o que pomos á súa disposición un modelo de escrito elaborado pola PAH para ser presentado en todos os xulgados.

Tamén facemos unha chamada a l@s profesionais da avogacía, a todos os operadores xurídicos, ás asociacións profesionais, aos diferentes organismos relacionados co dereito, aos movementos sociais, ás organizacións sociais e sindicais para colaborar coa iniciativa, dando a maxima difusión ao escrito e facéndose presentes na porta dos xulgados cooperando para que o maior número de persoas afectadas poidan facer efectivos os seus dereitos mediante a presentación do mencionado escrito ante os xulgados competentes.

Anunciamos que desde primeira hora da mañá do luns 19 de novembro de 2012 acudiremos á presentación de escrito nos xulgados e estaremos presentes na porta dos mesmos para facilitar ás persoas afectadas o escrito para poida ser presentado.

Igualmente facemos público que nos sumamos de forma activa á convocatoria de Folga xeral prevista para o día 14 de novembro, como parte do 99% da poboación que está sufrindo o abuso, o espolio e os privilexios do 1% restante.

¡¡Paremos as execucións hipotecarias xa!!

¡¡Cesamento inmediato da violación sitemática de dereitos humanos!!

¡¡Se se pode!!

Publicado por afectadospolahipoteca en 13 novembro 2012

Accede ou descarga-te o escrito en formato -doc, do ficheiro da RAM de Ferrol Terra:

Escrito coas Alegacións para solicitar a suspensión de todos os procedementos de execución hipotecaria de vivendas habituais que se atopen actualmente nos xulgados.


***

Concentración en repulsa aos desafiuzamentos e en solidariedade coas vítimas da banca - Domingo 11 de Novembro, ás 12 do mediodía

Ante a indignación provocada na sociedade polos recentes suicidios de xente que ía ser desafiuzada da súa vivenda, xorde de forma espontánea unha convocatoria de concentración nas redes sociais.

Esta terá lugar o domingo, día 11, ás 12:00h. na Praza de Armas de Ferrol

Baixo o lema;

"Concentración en repulsa aos desafiuzamentos e en solidariedade coas vítimas da banca"

Paremos esta eiva, por unha banca pública, pola dación en pagamento, polos alugueres sociais, por unha rede de vivendas sociais, polo dereito á vivenda e á dignidade.

No evento especificase que é unha concentración cidadán, con micro aberto para quen queira falar.

Facebook: https://www.facebook.com/groups/444525015569821/
____________

NON ESTÁS SÓ

Telefones de interese:

Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
Comisión de Dereito á Vivenda Digna (Stop-Desafiuzamentos)

- Elena Casal  - 637799350 (só polas tardes)
- Rafael Pillado - 633100354
- Inácio Martínez - 645158113
- Luis Matalobos - 644256364)


Rede Social de Ferrol Terra
http://redesocialdeferrolterra.blogspot.com.es/

***

mércores, 7 de novembro de 2012

Cume anti desafiuzamentos de PP e PSOE: #PuroTeatro


Ante a reunión realizada hoxe entre Goberno e PSOE para “frear o drama dos desafiuzamentos”, desde a PAH queremos facer algunhas puntualizacións de urxencia:

- As execucións hipotecarias e os desafiuzamentos que hoxe esnaquizan as vidas de miles de persoas en España non caeron do ceo. Son a consecuencia dunhas políticas públicas aprobadas por PSOE e PP en distintos gobernos, caracterizadas por especular coa vivenda, impulsar o sobreendebedamento da poboación e sobreprotexer os intereses da banca, entre outros.

- A burbulla estalou desde fai polo menos 4 anos. Desde febreiro de 2009 a PAH vén denunciando o xenocidio financeiro que se está cometendo neste país: as miles de execucións hipotecarias e de desafiuzamentos, as débedas ilexítimas que condenan á poboación para sempre, unha lei perversa que deixa ás persoas en absoluta indefensión, o sen sentido de que bancos acumulen miles de pisos baleiros mentres miles de familias quedan na rúa sen reacollo algún. Con todo, en todo este tempo nin o goberno do PSOE nin o do PP quixeron escoitar nin dialogar xamais coa PAH. Ao contrario, limitáronse a aprobar rescate bancario tras rescate, destinando miles de millóns de euros a uns bancos irresponsables sen esixir ningunha contrapartida.

- As medidas aprobadas ata a data polos gobernos de PSOE e PP foron un absoluto fracaso desde o punto de vista da xente afectada. Primeiro a moratoria ICO do PSOE, logo o código de “boas prácticas do PP” só serviron para que a banca gañase tempo e siga executando e desafiuzando cada vez máis. Recordamos que as estatísticas de desafiuzamentos son cada trimestre peores. Segundo os datos do primeiro semestre de 2012 só nestes primeiros meses producíronse case 100.000 desafiuzamentos: 532 ao día.

- A PAH leva case 4 anos de travesía no deserto: sen nulo recoñecemento institucional, batallando na rúa para frear os desafiuzamentos, negociando cos bancos caso a caso, falando con servizos sociais, xulgados, concellos e aqueles partidos políticos que quixeron escoitar. A pesar das dificultades, a dignidade da xente afectada e a forza da poboación mobilizada en defensa dos dereitos humanos, lograron que este movemento non parase de crecer e de sumar apoios. Por iso, debemos felicitarnos todas as PAH, así como outros colectivos e movementos sociais afíns, se hoxe finalmente o Goberno xa non pode seguir negando a evidencia. O debate que hoxe ocupa as portadas dos medios de comunicación é o resultado da mobilización social, empezando pola da propia xente afectada.

- Non podemos deixar de protestar polo que claramente é o enésimo acto de arrogancia por parte de Goberno e PSOE. Pretender resolver o problema a través dun “grupo de expertos” de ambos os partidos sen contar en ningún caso coa voz da propia xente afectada nin o colectivo que situou este debate na axenda política e mediática, é dunha miopía arrogante que profunda o abismo que separa ao bipartidismo PPSOE da maioría da poboación.

- Tendo en conta todo o anterior, resulto lóxico que a PAH reciba con escepticismo e desconfianza o anuncio dun pacto entre PP e PSOE para sacar adiante unha lei urxente que free os desafiuzamentos. Aínda que aínda non se concretou en que consistirá esa reforma urxente, os comentarios realizados polos portavoces do Goberno e a proposta de lei avanzada polo PSOE fannos ter o peor: que de novo atoparémonos con algunha medida insuficiente, que como moito será útil para aquelas persoas que aínda non atopen en procedemento de execución. En ningún momento nin PP nin PSOE están falando de medidas retroactivas ou que dean resposta á xente xa afectada: é dicir, os centos de miles de persoas que xa están sufrindo a inxusta lei hipotecaria e os desafiuzamentos: 400.000 son as execucións hipotecarias xa iniciadas no estado Español desde 2007.

- Para finalizar, permitímonos recordarlle ao PPSOE que se realmente quere resolver o problema das execucións hipotecarias e os desafiuzamentos, as solucións fai tempo que están sobre a mesa: dación en pago retroactiva, moratoria inmediata dos desafiuzamentos de vivendas habituais e aluguer social das vivendas que de forma ilexítima acumula a banca. Estas son medidas de mínimos que resolverían os problemas máis graves e urxentes da poboación afectada. Son as medidas que a PAH leva propondo ano tras ano, e que ICV, EU e ERC recolleron e trasladado en ata 4 ocasións ao congreso dos deputados, sendo PPSOE en cada unha desas votacións quen impediron que prosperasen. Son esas mesmas medidas as que recolle unha Iniciativa Lexislativa Popular actualmente en curso, que conta co apoio de numerosas organizacións e colectivos, que xa leva recollidas máis de 500.000 firmas e segue sumando apoios día tras día.

O certo é que a xente afectada non pode esperar máis. A situación para miles de familias é insostible. PP e PSOE teñen unha última oportunidade de escoitar as demandas cidadás. Se non o fan e con carácter urxente, a indignación social que ata a data concentrouse nas entidades financeiras pasará a sinalarlles e a esixirlles que rendan contas. Facémoslles directamente responsables da miseria e a dor das miles de persoas que hoxe sofren a estafa bancaria e a violencia dos desafiuzamentos.

7 novembro, 2012

PAH

Publicado en afectadosporlahipoteca.wordpress.com/

***