domingo, 30 de decembro de 2012

Moi interesante entrevista a Mariano Ibañez membro de Stop-Desafiuzamentos do Salnés

Entrevista a Mariano Ibañez membro de Stop-Desafiuzamentos do Salnés, no programa 'Pleno Aberto', na canle de TV 'CanalRiasBaixas', pouco máis de 26 minutos, mais moi boa e pedagóxica.


http://youtu.be/-1byoYLcDXg

Stop-Desafiuzamentos - O Salnés
Asemblea de Loita contra o paro e a precariedade
Correo-e: alpvga@gmail.com
Grupo no Facebook: www.facebook.com/groups/pahsdvga/
Foro: alpvga.tk/foro/viewforum.php?f=26
Páxina web: alpvga.tk/

||||||||||||||||||

sábado, 29 de decembro de 2012

Stop-Desafiuzamentos manifestou-se en Ferrol contra os desafiuzamentos e o acoso bancario


Stop Desafiuzamentos (Comisión Dereito a unha Vivenda Digna),  que forma parte da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, realizou unha Manifestación, en Ferrol, este Venres 28 de Decembro, contra os desafiuzamentos e o acoso financeiro.
A mobilización, estaba encadrada dentro dunha convocatoria xeral que de forma coordinada, acordamos as diferentes plataformas e colectivos que actuamos na Galiza, tendo lugar manifestacións e concentracións, na Coruña, Compostela, Vigo, Ribeira, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Eran ás 7 da Tarde
, cando comezou a xuntarse un número importante de persoas na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo que a Xunta de Galicia ten en Ferrol. A manifestación saía minutos despois  pasando pola Rúa Real, para rematar diante do Pazo Municipal, na Praza do Concello, onde Lucía Vizoso, da Marcha Mundial das Mulleres, deu lectura ao Manifesto Unitario, logo pasou-se a micro-aberto, onde varias persoas tomaron a palabra.

Co lema "Nin casas sen xente, nin xente sen casas", transcorreu polas rúa de Ferrol, a manifestación promovida pola Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra. Ademais de varias entidades veciñais e sociais, a manifestación contou co apoio expreso da CIG. Con forza e convicción, partiu a manifestación clamando por alugueiros sociais e contra a inxustiza dos desafiuzamentos que condenan ás persoas a exclusión social e á pobreza. Desafiuzmentos que tamén matan, "Non é un suicidio, é un banquicidio", era un dos berros da marcha popular. Trece  rostros en papel acompañaban a manifestación, eran os do Alcalde, José Manuel Rey Varela, e o resto d@s concelleir@s do Partido Popular -PP, que no Pleno Municipal de Novembro, rexeitaron as mocións que pedían que: o Concello de Ferrol instara ao Goberno de Rajoy, á derrogación da Lei Hipotecaria e a reforma lexislativa que acabaran coa lacra dos desafiuzamentos e co acoso financeiro; e outra serie de medidas sociais para solucionar o drama dos desafiuzamentos. Daquela, atendendo ás nosas demandas, só aceptara unha bolsa de pisos baleiros de Recimil para familias sen recursos e que antonte, ao mesmo tempo que Stop-Desafiuzamentos facía a súa rolda de prensa, anunciou, no seu desequilibrado "Plan de oportunidades", rehabilitar unhas escasas 10 vivendas, para o que orzamentaron 300.000 euros.

A marcha popular, pasou pola rúa Real e subiu pola Rubalcava, para rematar ante o Pazo Municipal, na Praza do Concello. A cada consigna coreada seguía un redobre de tambor. Xa na Praza comezou-se coa lectura do manifesto que entre outras cousas se dixo-se:
... "Poderiamos falar de cifras. Na Galiza desde 2008 ordenáronse 7.367 execucións, das cais -en datos de Xullo- 5.994 remataron en desafiuzamentos. Máis de 400.000 execucións hipotecarias efectuáronse dende 2007, a nivel de Estado. Poderiamos falar do número de suicidios que esta situación xerou, ou nomear o artigo 47 da Constitución española. Poderiamos... Pero nesta xornada preferimos falar de inxustiza social, dos culpábeis deste sistema asasino e das solucións que nos permitan ter unha vivenda digna"...

... "Inxustiza social, porque levamos anos escoitando a palabra CRISE, palabra que foi empregada como arma culpabilizadora contra as familias que inxustamente somos acusadas de vivir por riba das nosas posibilidades. As familias desafiuzadas non son culpábeis senón vítimas, dun sistema financeiro atroz que prima a acumulación de capital por riba dos dereitos individuais e colectivos de todas e todos nós "...

... "Os culpábeis desta situación non son entes abstractos. Non son primas de risco, nin subidas ou baixadas do Euribor. Os culpábeis son os executeores das políticas neoliberais e os banqueiros que durante décadas só se preocuparon de encher o peto, sen pensar nin un intre no tipo de crecemento económico que estaban a xerar. Esta burbulla inmobiliaria estoupou pero non nos mollou a todos por igual. Mulleres, migrantes, menores, obreiros e obreiras, somos os que estamos a pagar os atropelos dos Aznar, Botíns, BBVs, Zapateros e Rajoys" ...
Por último cedeu-se o micro a todas as persoas que quixeron expresar a súa opinión, análise ou indignación. Reforzar o movimento popular, cun chamado a participar nas asociacións e organizacións da localidade; a narración en primeira persoa da realidade vital dunha vida sen dereito ao traballo nen á vivenda; a necesidade de complementarse e abandonar a dinámica de competitividade entre as organizacións de esquerdas, ou a crítica ante a ausencia de moitos dos traballadores e traballadoras de Navantia, Sanidade ou Ensino que vendo ameazados os seus dereitos, non están a incorporarse na defensa colectiva de todas e todos os afectados por esta situación. Estas foron algunhas das ideas vertidas nesta rolda de intervencións a micrófono aberto que fechou esta mobilización cidadá.

A noticia no Diario de Ferrol.

A noticia en La Voz de Galicia (Non a publica na súa edición dixital).

Fotos de Susete'70.

|||||||||||||||||

martes, 25 de decembro de 2012

Este venres 28 de Decembro, Manifestación unitaria contra os desafiuzamentos e o acoso financeiro

A Comisión Dereito a unha Vivenda Digna - Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra,  que forma parte da Rede de Apoio Mutuo, acordou convocar unha Manifestación, en Ferrol, o Venres 28 de Decembro, ás 7 da Tarde, con saída desde a Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, pasando pola Rúa Real, para rematar diante do Pazo Municipal, na Praza do Concello, onde se lerá un Manifesto Unitario, logo pasara-se a micro-aberto.

MANIFESTACIÓN UNITARIA CONTRA OS DESAFIUZAMENTOS E O ACOSO FINANCEIRO


Mobilizaremo-nos para
:


Demandar
  • a paralización dos desafiuzamentos
  • o recoñecemento por lei da dación en pago retroactiva, acompañada da opción do alugueiro social
  • a creación dun parque de vivenda pública para garantir o dereito á vivenda
Denunciar o fraude hipotecario e

Reclamar o dereito a unha vivenda digna.

Esta mobilización, está encadrada dentro dunha convocatoria xeral que de forma coordinada, acordamos as diferentes plataformas e colectivos que actuamos na Galiza.


E a nivel local:
Por un parque público de vivenda municipal, para alugueiro social e para situacións de emerxencia. Censo de vivenda municipal, Xa !

Pola creación dun Punto Comarcal de Atención e Defensa, onde a cidadanía afectada por unha ameaza de desafiuzamento, poda atopar un lugar de información, asesoramento e defensa, financiados polas diferentes administracións públicas e en colaboración co colexio de advogad@s.

No facebook:

facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra


Evento no facebook
:

http://www.facebook.com/events/572492036099900/


Baixar Cartaz da convocatoria
:

https://docs.google.com/open?id=0B137ZqzfFFqMUDhKZlRHeEdNYmM


Baixar volantina da convocatoria
:

https://docs.google.com/open?id=0B137ZqzfFFqMaXpOR1lqTFpTdUE

||||||||||||||||||||

sábado, 22 de decembro de 2012

Preparando a mobilización do vindeiro 28 de Decembro

Este venres, 21 de Decembro, tivo lugar, en Caranza -nos locais de Fuco Buxán, unha xuntanza da Comisión Dereito a Unha Vivenda Digna - Stop-Desafiuzamentos, que forma parte da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.

Nesta xuntanza participaron: Pablo Portero, Enrique Barrera, Carlos Varela, Luis Matalobos, Carlos Vidal, Ana Bérez, Bea Canas, Elvira, Manuel Vázquez, Susana Alaniz, Pedro Fernández, Rafael Pillado, Lalán, Suso Pazos, Lucia Vizoso, Suso Díaz e Inácio Martínez.

Na reunión abordamos temas pendentes e un novo caso de abuso bancario sobre Ana e Victor (avalistas), despois dun desafiuzamento -persoas que estiveron presentes en parte da xuntanza. Despois Enrique Barrera presentou un pequeno informe titulado "Posíbeis Situacións en relación ás VV.PP. de Recimil", como base para a recuperación dun parque municipal de vivenda pública. Unha parte da xuntanza foi dedicada á entrevista mantida, en Compostela, co 'Valedor do Pobo', o día anterior 20 de Novembro, da que informamos con detalle dos puntos tratados e da documentación recibida. Por último entramos a preparar a mobilización xeral que as diferentes plataformas convocan en diferentes lugares de Galiza, para o vindeiro Venres 28 de Decembro.

Acordou-se facer unha Manifestación, en Ferrol, o Venres 28 de Decembro, con saída desde a Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, pasando pola Rúa Real, para rematar diante do Pazo Municipal, na Praza do Concello, onde se lerá un Manifesto -que foi consensuado entre todas as persoas presentes na xuntanza, logo pasara-se a micro-aberto.

Os lemas da convocatoria:
NIN CASA SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASAS !!
  • PARALIZACIÓN DOS DESAFIUZAMENTOS !!
  • DACIÓN EN PAGO, ACOMPAÑADA DA OPCIÓN DO ALUGUEIRO SOCIAL !!
  • POR UN PARQUE PÚBLICO DE VIVENDAS SOCIAIS !!
  • DERROGACIÓN DA LEI HIPOTECARIA !!
POLO DEREITO A UNHA VIVENDA DIGNA !!

A nivel local:
Por un parque público de vivenda municipal, para alugueiro social e para situacións de emerxencia. Censo de vivenda municipal, Xa !

Pola creación dun Punto Comarcal de Atención e Defensa, onde a cidadanía afectada por unha ameaza de desafiuzamento, poda atopar un lugar de información, asesoramento e defensa, financiados polas diferentes administracións públicas e en colaboración co colexio de advogad@s.
O obxectivo da mobilización é o de demandar a paralización dos desafiuzamentos; o recoñecemento por lei da dación en pago, acompañada da opción do alugueiro social; a creación dun parque de vivenda pública para garantir o dereito á vivenda; ... e denunciar o fraude hipotecario e reclamar o dereito a unha vivenda digna.

Facemos nosas as reivindicación da Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca que se concretan en:

a) Parar os desafiuzamentos, tanto das familias hipotecadas como dos avalistas, ata que se atopou unha solución á súa situación. E garantir aos afectados o acceso a xustiza gratuita para poder defenderse nos procesos de ejecución. En calquera caso garantir que ningunha persoa quédese en situación de desamparo habitacional: un Estado democrático respetuoso dos Dereitos Humanos non pode permitir que miles de familias quédense na rúa á vez que millóns de pisos permanecen baleiros á espera de ser un negocio rendible.

b) Regular a dación en pago, de maneira que si o banco executa a hipoteca e quédase a vivenda, a débeda queda liquidada, como sucede noutros países da UE ou en EEUU. É un abuso bancario que estean expulsando á xente das súas casas e encima esíxanlles o pago de 20, 50 ou ata 100 mil euros.

c) Conversión do parque de vivendas hipotecadas de primeira residencia en parque público de aluguer social. Que a administración force ás entidades financeiras a asumir os prezos reais das vivendas facendo que os bancos renuncien a unha porcentaxe significativa da débeda hipotecaria para que, a continuación, a administración compre a vivenda a prezo de vivenda protexida de réxime xeral e o antigo propietario poida permanecer nela como inquilino de vivenda protexida, a condición de que cumpra os requisitos establecidos para ser beneficiario da mesma. Así non só se axudaría ás familias hipotecadas, senón que gañaría toda a sociedade ao aumentar o parque de vivenda pública en aluguer. Unha versión desta medida estase aplicando xa no País Vasco, polo que se trataría de estendelo ao resto de comunidades autónomas.

d) Realización dunha Auditoría social sobre o funcionamento do mercado hipotecario. Existen indicios fundados que nos indican que a cidadanía foi obxecto dunha grande fraude que debe ser investigado para poder establecer as responsabilidades de entidades empresariais, bancarias, así como das institucións públicas. A mesma auditoría debería aclarar onde han ir a parar os beneficios millonarios que se xeraron durante o boom inmobiliario.

e) Establecer os mecanismos, as reformas e as políticas necesarias para que o acceso a unha vivenda adecuada non volva ser xamais un negocio para uns poucos e unha escravitude para as familias traballadoras. No caso do mercado hipotecario, establecer por lei que o pago da cota mensual hipotecaria en ningún caso sexa superior ao 30% dos ingresos da persoa ou unidade familiar, a un prazo máximo de 20 anos.

Acordou-se distribuír pola rede a convocatoria co prego de difusión e espallamento da mesma, que cada quen leve o seu cartaz co seu lema, cacerolas, pitos, ...

Tamén se acordou convocar unha Rolda de Prensa que vai ter lugar o vindeiro Mércores 26 de Decembro, ás 12:30 horas na galería Sargadelos de Ferrol, Esquina Rúa Rubalcaba coa Rúa María. A esta Rolda de Prensa temos que asistir todas as persoas que poidan.

Lembrar:

MANIFESTACIÓN

NIN CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASAS !!

  • PARALIZACIÓN DOS DESAFIUZAMENTOS !!
  • DACIÓN EN PAGO, ACOMPAÑADA DA OPCIÓN DO ALUGUEIRO SOCIAL !!
  • POR UN PARQUE PÚBLICO DE VIVENDAS SOCIAIS !!
  • DERROGACIÓN DA LEI HIPOTECARIA !!
POLO DEREITO A UNHA VIVENDA DIGNA !!

VENRES 28 DE DECEMBRO
ÁS 7 DA TARDE
DESDE A PRAZA AMADA GARCIA
(DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALICIA)
ATÉ A PRAZA DO CONCELLO


Convoca:
STOP-DESAFIUZAMENTOS DA REDE DE APOIO MUTUO DE FERROL TERRA


|||||||||||||||

venres, 21 de decembro de 2012

Xuntanza co Valedor do Pobo en Compostela


O pasado 20 de Decembro de 2012, unha representación da 'Comisión Dereito a unha Vivenda Digna - Stop-Desafiuzamentos', da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, reunimos-nos co 'Valedor do Pobo' en Compostela. Esta reunión foi a petición da mesma institución, en continuidade da primeira que se realizara no mesmo lugar o pasado 16 de Novembro. Na última xuntanza estiveron presentes por parte da institución, o propio Valedor, José Julio Fernández Rodríguez, con dous membros da súa equipa de traballo. Por parte das plataformas, foron oito representante, ademais da de Ferrol Terra , estiveron as das comarcas de Compostela  e Barbanza .

A xuntanza foi de traballo, como a anterior, onde os membros da institución escoitaron as nosas reivindicacións e un número importante de casos concretos de inxustiza social, por aplicación das inxustas lexislación que condenan a moitas persoas á pobreza e exclusión social.

O Valedor nun primeiro momento, sintetizou, o seu posicionamento, respecto da situación e ademais fixo chegar ás diferentes plataformas cidadás, dous documentos: un datado o 4 de Decembro de 2012, que refire-se ao posicionamento da instituión galega, titulado "Propostas do Valedor do Pobo para tratar o grave problema dos desafiuzamentos da vivenda habitual" e un segundo, datado o 17 de Decembro de 2012, titulado "Medidas propostas polos defensores para a protección eficaz do Dereito Constitucional á vivenda en tempos de crise",  froito do tratado nunhas xornadas acerca  do problema dos desafiuzamentos, celebradas en Oviedo, o pasado 14 de Decembro, onde participou o mesmo Valedor, xunto a un representante do Defensor do Pobo (Estatal) e todos os defensores das comunidades autónomas. Xornadas onde consensuaron o Documento ao que antes faciamos referencia. De ambos documentos achegamos os enlaces onde se pode acceder, para ler ou baixar.

Por outra banda, expuxo que a súa equipa de traballo, estaba realizando xestións e actuacións concretas, sobre casos que lles pasamos as diferentes plataformas cidadás desde a pasada reunión do 16 de Novembro.

Perante as dúas horas de xuntanza, debatemos sobre as diferentes reivindicacións que desde as plataformas vimos demandando.  E sobre situacións moi inxustas que se viñan sucedendo.

Desde as diferentes plataformas concluímos na necesidade de incidir no cambio na lexislación vixente: derogación da Lei Hipotecaria e a reforma da da Lei de axuizamento Civil e do Código Civil; de manter até as últimas consecuencias a aceptación da dación en pago retroactiva, acompañada da opción do aluguer social; a creación dun parque público de vivendas para moitas persoas e familias en situación de desamparo na que se atopan afectadas polas execucións dos desafiuzamentos e para garantir o dereito a unha vivenda digna que todas e todos temos; a necesidade de coñecer o censo do parque de vivendas de propiedade pública (cantas, onde, características e en que condicións); contar con Puntos Comarcais ou Municipais de Atención e Defensa, onde a cidadanía afectada poda atopar un lugar de información, asesoramento e defensa, financiados polas diferentes administracións públicas e en colaboración cos diferentes colexios de advogad@s; seguir mantendo o compromiso de colaboración recíproca e por último pediu-se-lle á institución un compromiso público coa ILT (Iniciativa Lexislativa Popular pola dación en pago retroactiva, a paralización dos desahucios e polo aluguer social) que está previsto que se aborde no Congreso do Deputad@s, en Madrid, o 25 de xaneiro de 2013.

A xuntanza rematou co compromiso de manter aberta a canle de comunicación entre as partes e coa entrega dun directorio de telefonos, correos-e, enderezos nas redes sociais e web das diferentes plataformas que se constituíron na Galiza, así como a entrega dunha información sobre o libro "Vidas Hipotecadas - Da burbulla inmobiliaria, ao dereito á vivenda", libro que nos revela a gran estafa inmobiliaria en todo o territorio do Estado. Escrito por dúas persoas cofundadoras da Plataforma de Afectados pola Hipoteca, Ada Colau e Adrià Alemany, e prologos de Gerard Pisarello e José Coy. Traducido do catalán ao castelán por Mariano Veloy. Libro, baixo licenza Creative Commons, que se pode baixar da rede de balde: "Vidas Hipotecadas", 240 páxinas en formato pdf.


Documentos citados, entregados polo Valedor do Pobo na reunión celebrada o 20 de Decembro de 2012.
"Propostas do Valedor do Pobo para tratar o grave problema dos desafiuzamentos da vivenda habitual", Compostela | 04.12.2012.

"Medidas propostas polos defensores para a protección eficaz do Dereito Constitucional á vivenda en tempos de crise", Oviedo | 17.12.2012.


Fotos da anterior reunión do pasado 16 de Novembro de 2012.




||||||||||||

mércores, 19 de decembro de 2012

O vindeiro Venres, 21 de Decembro, xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna

O vindeiro Venres, 21 de Decembro, ás 17:00hs, en Caranza no local de Fuco Buxán, reuniremos a quen quixer participar, nunha xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, para abordar todos o temas pendentes de lanzamentos de vivenda, novos casos, as entrevistas co Valedor do Pobo e a coordinación con outras plataformas, froito do cal está convocada unha mobilización para o vindeiro 28 de Decembro que temos que preparar.

Nas últimas semanas as compañeiras e compañeiros da Rede de Apoio Mutuo que máis se moven no asunto dos desafiuzamentos, mantiveron unha actividade relevante. Non só por ter que afrontar o reto do pasado Pleno Municipal de Ferrol, onde unha das nosas compañeiras interveu no nome do noso colectivo, senón por ter que atender casos concretos de ameazas de lanzamentos de vivenda, mobilizar-nos, contactar con outras plataformas da Galiza para encetar certa coordinación e participar nunha xuntanza que convocou o Valedor do Pobo, interesado polas reivindicacións dos nosos colectivos cidadáns. Xuntanza que vai ter unha segunda sesión o vindeiro Xoves 20 de decembro, ás 11 da mañá, na sede desa institución, en Compostela.

Da coordinación con outras plataformas, xurdiu a convocatoria dunha mobilización nacional, para o Venres 28 de Decembro, en diferentes comarcas galegas. Para o cal esta-se preparando un manifesto coas principais demandas que nos unen na loita por unha vivenda digna. Antes, este 20 de Decembro, o mesmo día no que nos desprazaremos a Compostela, pola tarde, está convocada en toda Galiza até 12 mobilizacións xerais, convocadas pola recen constituída Alianza Social Galega, onde as nosas principais reivindicacións estarán presentes nas rúas e nos comunicados da convocatoria e finais da mobilización. En Ferrol, terá lugar unha concentración, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, ás 19:30hs, do, xa citado, Xoves 20 de Decembro.

Así recolle as nosa reivindicacións o Manifesto da Alianza Social Galega:
"Son máis de nove mil as familias desafiuzadas en Galicia desde que comezou a crise. Persoas que pertencen aos colectivos sociais máis afectados pola situación, que perden a súa vivenda e que, na maior parte dos casos, ven embargadas as nóminas, ingresos ou propiedades ao seu nome. Familias e persoas condenadas á exclusión social polos abusos das entidades financeiras e por un Goberno cómplice".

"Esta situación só pode cambiar cunha modificación da Lei hipotecaria e da Lei de axuizamento civil para regular a dación en pagamento retroactiva, paralizar os desafiuzamentos e promover o alugamento social. Fronte a esta necesidade, o Goberno aproba un decreto insuficiente que non contén solucións estruturais e exonera as entidades financeiras das súas responsabilidades na inadecuada xestión dos préstamos".

"Urxen medidas transitorias integrais, mentres non se modifique a lexislación en materia de execución hipotecaria, como a suspensión temporal dos procesos de execución en marcha".
Lembra, non faltes á xuntanza aberta deste Venres 21 de Decembro, necesitamos a túa colaboración e axuda. Participa na Rede de Apoio Mutuo.

"Vidas Hipotecadas" Da burbulla inmobiliaria, ao dereito á vivenda - O libro que nos revela a gran estafa inmobiliaria española

O libro que nos revela a gran estafa inmobiliaria española.

O dereito á vivenda foi sistematicamente vulnerado: de difícil acceso, a pesar de ser un dereito fundamental, agora mesmo ten en xaque a centenares de miles de familias que reclaman un sistema hipotecario máis xusto. Escrito por dous dos fundadores da Plataforma de Afectados pola Hipoteca, Ada Colau e Adrià Alemany, Vidas hipotecadas explica as causas, sinala aos responsables desta situación, analiza o papel que tiveron as administracións públicas, pon de manifesto a loita que desde a PAH estase levando a cabo, con testemuños en primeira persoa, e ofrece consellos e recursos útiles para defender o dereito á vivenda e evitar os abusos de poder das entidades bancarias. Así mesmo o libro tamén recolle as últimas informacións sobre a intervención de Bankia e a posibilidade do abandono do euro. Vidas hipotecadas: O drama en cifras e a loita da PAH - Desde que empezou a crise, en 2007, máis de 350.000 execucións hipotecarias en todo o Estado deixaron centos de miles de familias na rúa e cunha débeda para sempre. Pero detrás das cifras hai persoas, vivencias, proxectos que se truncan, soños que se converten no peor dos pesadelos. Vidas hipotecadas, voces e testemuños que pon rostro aos números e estatísticas. - Instaladas no dogma de que o prezo da vivenda nunca baixa, as entidades financeiras deseñaron un perverso sistema de incentivos que premiaba aos axentes comerciais que conseguían colocar no mercado un maior número de hipotecas. Entre os anos 1998 e 2007, o número de hipotecas formalizadas anualmente foi da orde de 822.000. Máis de 8 millóns en total. - A través da loita da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH), conseguíronse centos de daciones en pago e condonaciones de débeda unha vez realizada a poxa e paralizáronse preto de 200 desafiuzamentos. Así mesmo, conseguiuse que familias ameazadas de desafiuzamento continuen no piso en réxime de aluguer, e nos casos en que non se puido evitar o desafiuzamento presionouse á Administración para reacoller ás familias en vivendas públicas.

Fonte: afectadosporlahipoteca.com/

Acceder ou Baixar o libro "Vidas Hipotecadas", 240 páxinas en formato pdf.

Unha obra de Ada Colau e Adrià Alemany, e prologos de Gerard Pisarello e José Coy. Traducido do catalán ao castelán por Mariano Veloy.

Baixo Licenza Creative Commons:
Esta obra está suxeita á licenza Recoñecemento-Non Comercial-Sen Obra Derivada3.0 de Creative Commons. Permítese a reprodución, distribución e comunicación pública sempre que se cite aos autores e non se faga un uso comercial. Non se permite un uso comercial da obra orixinal nin a xeración de obras derivadas.

|||||||||||||||||||||

luns, 10 de decembro de 2012

A Plataforma Afectad@s pola Hipoteca estrea nova e moi interesante web

A PAH estrea nova web

Da burbulla inmobiliaria ao dereito á vivenda.

A partir de agora atoparasnos en:
http://afectadosporlahipoteca.com

A PAH celebra o día mundial dos dereitos humanos esixindo o dereito á vivenda
[Ir ao Artigo na súa web].


||||||||||||||||

sábado, 1 de decembro de 2012

A maioría absoluta do Partido Popular rexeitou as mocións contra os desafiuzamentos no Pleno deste Xoves de Novembro de 2012



Onte, 29 de Novembro de 2012, o Pleno do Concello de Ferrol debateu diferentes Mocións sobre o tema dos desafiuzamentos, das que só unha foi aprobada: a presentada por EU, para crear unha bolsa de pisos baleiros de Recimil para familias sen recursos, aínda que sen precisar o seu número e "sempre que cumpran as condicións de habitabilidade", como pediu que se modificase o PP.

A maioría absoluta do Partido Popular rexeitou as restantes:

A comisión mixta para frear os desafiuzamentos que defendía EU, na que estarían representados todos os partidos e as entidades veciñais e sociais, co obxectivo de buscar as alternativas necesarias para evitar calquera desafiuzamento, e no caso de producirse este, garantir o realoxo digno da familia afectada.

Outra de EU: Unha bolsa de pisos baleiros para ás familias sen vivenda e sen recursos, cunha fórmula de aluguer social "cuxo importe non excedería do 30% dous ingresos dá unidade familiar".

A petición do PSOE da creación dun parque público de vivendas de aluguer social, que se complementara cunha bolsa de pisos privados e medidas contra os desafiuzamentos. E a través dunha segunda mofición, a creación dun centro de acollida e inclusión social.

A proposta do BNG de modificar a Lei Hipotecaria e que se adoptaran medidas sociais para solucionar o drama dos desafiuzamentos.

Na sesión, a compañeira Elena Casal, da plataforma Stop-Desafiuzamentos interveu en apoio destas mocións, en razón á gravidade social deste problema.

Escoitar a intervención da representante [Audio] de Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.

Noticia elabporada por: fuco buxán, a.c.

|||||||||||