mércores, 27 de febreiro de 2013

Stop-Desafiuzamentos ante a proposta de adhesión do Concello de Ferrol ao Convenio para a constitución do Fondo Social de Vivendas (FSV) destinadas ao aluguer

Este Xoves o Goberno Municipal de Ferrol, leva ao Pleno unha proposta de adhesión do Concello de Ferrol ao Convenio asinado polos ministerios de Economía e Competitividade, Sanidade e Servizos Sociais, Fomento, Banco de España, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), a Plataforma do Terceiro Sector (unha entidade que agrupa ás ONGs institucionalizadas que viven fundamentalmente dos Orzamentos Xerais do Estado e do das comunidades autónomas), as patronais bancarias e 33 entidades de crédito, para o acceso a un parque de vivendas desafiuzadas en alugueiro (Convenio para a constitución do Fondo Social de Vivendas (FSV) destinadas ao aluguer). Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, ante esta proposta de adhesión ao citado Convenio, quere facer pública a súa posición, coincidente coas de as PAHs que no seu día denunciaron o parche-resolución do Goberno de España sobre os Desafiuzamentos, á que cualificaron de totalmente insuficiente e de parche que só actuaba como propaganda gobernamental ante a vaga de dramáticos desafiuzamentos e varios banquicidios. E un lavado de cara dos bancos e outras entidades financeiras responsabeis da burbulla financeira e estafa xeneralizada.


Presencia no Pleno do Concello de Ferrol

Stop-Desafiuzamentos decidiu estar presente no Pleno e solicitar poder falar no mesmo que está previsto que se celebre o vindeiro Xoves, 28 de Febreiro, ás 7 da tarde.


Posicionamento

Baixo a nosa consideración, este Convenio, fillo do criticado Real Decreto-lei 27/2012, de 15 de novembro, de medidas urxentes que dicían que era para "reforzar a protección aos debedores hipotecarios", polo cal se instaba, o Goberno Español a si mesmo, "a promover co sector financeiro a constitución dun fondo social de vivendas propiedade das entidades de crédito, destinadas a ofrecer cobertura a aquelas persoas que sexan despexadas da súa vivenda habitual polo non pago dun préstamo hipotecario, cando concorren nelas circunstancias de especial vulnerabilidade", non responde ás espectativas e demandas dos colectivos que vimos loitando contra os abusos bancarios, os desafiuzamentos e polo dereito a unha vivenda digna.

Decreto e Convenio que só pretenden eludir a responsabilidade á hora de facer cumprir o disposto no artigo 47 da Constitución Española: "Todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e adecuada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do chan de acordo co interese xeral para impedir a especulación. A comunidade participará nas plusvalías que xere a acción urbanística dos entes públicos". E en concordancia con outras disposicións, tratados, acordos e convenios internacionais subscritos polo Estado Español e que a propia CE establece como normas que forman parte do ordenamento xurídico interno e que o Goberno e Administración ten que garantir o seu cumprimento (Artigos 93, 94, 95 e 96 da C.E.), estes son: a Declaración Universal de Dereitos Humanos; o Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos; o Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais; o Convenio para a Protección dos Dereitos Humanos e das Liberdades Fundamentais; a Carta Social Europea; a Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea; normativas todas que declaran, nalgún dos seus artigos ou puntos, o dereito a unha vivenda digna, como un dereito fundamental. Co "Decreto" e co seu fillo nacido ao seu amparo o "Convenio", o Goberno só pretende lavar-se a cara e a das entidades financeiras culpábeis da actual situación, de estafa xeneralizada. Os acordos, non só son totalmente insuficientes para solucionar o drama dos centos de miles de desafiuzamentos, senón que supoñen todo o contrario do que se di que pretenden resolver, pois non protexen os intereses xerais de todo cidadá ao "dereito a unha Vivenda Digna", nen fan asumir ás entidades bancarias a súa responsabilidade social e culpabilidade manifesta nesta dramática situación social de desamparo e empobrecemento xeneralizado dunha parte moi importante da poboación.

Reiteramos-nos, unha vez máis, nas demandas contidas na Iniciativa Lexislativa Popular -ILP, que conseguiu pasar o primeiro trámite en comisións grazas á presión popular exercida na rúa, para ser debatida no Parlamento Español. Dicir que as demandas da ILP son demandas de mínimos: dación en pago retroactiva, aluguer social nas vivendas baleiras acumuladas polas entidades bancarias que se enriqueceron coa crise, e moratoria de desafiuzamentos.

Polo que o noso posicionamento co respecto ao aluguer social é o recollido na proposta de ILP, no seu Artigo 2:

Paralización dos desafiuzamentos e aluguer social


1.- Engádese un novo artigo, 675.bis, á Lei de Enxuizamento Civil:
1. Non se poderá acordar o lanzamento do inmóbel no seo da execución hipotecaria cando se trate da vivenda habitual do executado e cando o impago do préstamo hipotecario sexa debido a motivos alleos á súa vontade.

2. O executado terá dereito a seguir residindo na vivenda a título de arrendamento por un período de 5 anos desde a data da adxudicación.

3. O importe da renda mensual do arrendamento non poderá ser superior ao 30% dos ingresos mensuais do arrendatario
.

Ferrol, a 26 de Febreiro de 2013

Documentación:
Convenio para a constitución do Fondo Social de Vivendas (FSV) destinadas ao alugue
Real Decreto-lei 27/2012, de 15 de novembro, de medidas urxentes para reforzar a protección aos debedores hipotecarios
Texto da ILP proposta polas PAHs e apoia da por 1.402.854 persoas

||||||||||||||||||

luns, 25 de febreiro de 2013

Suspendido o desafiuzamento da compañeira Aurelia, octoxenaria coruñesa que se atrasou no pago de dous meses de aluguer


Suspendido o desafiuzamento da octoxenaria coruñesa que se atrasou no pago de dous meses de aluguer


Aurelia Rei chegou a un acordo cos propietarios da súa vivenda e poderá seguir residindo nela despois de que a súa desalojo quede "anulado"

O despexo de Aurelia Rei, a octoxenaria da Coruña que debía abandonar o seu domicilio o pasado 18 de febreiro, quedou suspendido tras alcanzar un acordo cos propietarios da vivenda na que reside desde fai máis de 30 anos. Segundo informa a Plataforma STOP Desafiuzamentos, o despexo quedou "anulado".

A presión social articulada a base de convocatorias de concentracións ante a vivenda de Aurelia Rei, no número 9 de cálea Pai Feijóo, impediu o seu despexo o pasado 18 de febreiro. A muller, de 85 anos, leva máis de 30 anos vivindo no inmoble pero o atraso no pago de dous meses de aluguer, un en 1999 e outro en 2011, concluíu nunha sentenza xudicial que ordenaba o desafiuzamento.

Nunha roda de prensa, convocada pola Plataforma STOP Desafiuzamentos ante o portal da casa, o seu avogado, Antonio Vázquez, subliñou que polo que lle consta" é a primeira vez en España "que cunha sentenza en firme en trámite de execución hai unha paralización". Sobre o acordo, dixo que se logrou a última hora deste domingo unha "solución amistosa" que pon fin "a un conflito veciñal dun modo pactado", recalcou.

Con todo, sobre os términos do mesmo non avanzou ningún aspecto por cuestións de "confindencialidade", precisou, e tampouco si haberá contraprestación económica. Unicamente confirmou que incluirá o traslado de Aurelia a outra vivenda, aínda que non concretou si será de aluguer social nin a que zona, despois de que a muller rexeitase ir a unha residencia ou a dous pisos de Novo Mesoiro e Eirís por estar "nos arredores" da Coruña.

"É a primeira vez en España que cunha sentenza en firme en trámite de execución hai unha paralización" , di o avogado de Aurelia

O letrado de Aurelia Rei ratificou que o acordo está asinado por escrito e que agora a axudarán" para que se lle facilite unha vivenda, cuestión sobre a que dixo que a Administración "ten moito que dicir". "Están abertas todas as posibilidades", remarcou Antonio Vázquez, quen, sobre o estado da muller, dixo que, tras "todo o estrés" agora atópase "descansando". Por iso, foron o seu avogado e un portavoz da Plataforma STOP Desafiuzamento, arroupados por unha veintena de persoas, os que compareceron ante os medios de comunicación.

No seu comparecencia, o representante da Plataforma, Héctor Tejón, visiblemente emocionado, trasladou o agradecemento a todas as persoas que apoiaron a Aurelia, entre eles aos bombeiros que se negaron a colaborar no desalojo. Tamén atribuíu á ausencia de "vontade política para axudar á cidadanía" casos como o de Aurelia, que paga polo seu piso de aluguer 126 euros cunha pensión de 350 euros. "Prefiren salvar bancos que persoas", sentenciou Héctor Tejón, quen remarcou que non van permitir "máis abusos á cidadanía", palabras que foron respondidas cun "Si se pode" polos asistentes.

Ademais, confirmou que representantes da plataforma trasladaranse ao Concello da Coruña coa intención de abordar cos Servizos Sociais a procura dunha vivenda para Aurelia que "reúna as condicións adecuadas", engadiu.

Fonte: publico.es

||||||||||||||||||||

Actividade de Stop-Desafiuzamentos para o Mércores, Xoves e Venres -[27 e 28 de Febreiro e 1 de Marzo] - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna

Próxima actividade de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, para quen quixer participar.

Dado que a actividade é cada vez maior e máis intensa, decidimos organizar-nos dun xeito máis operativo. Pois hai asuntos que non se poden tratar na Asemblea por ser do ambito moi particular das persoas que acudan en busca de axuda. Polo que se decidiu abrir a Asemblea a unha Comisión de Traballo que coordine os asuntos pendentes e os acordos da propia Asemblea. Así como que abra e custodie os expedientes persoais que decidimos abrir de cada caso.

Como nos organizamos?

Pertencemos á Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.

Somos Stop-Desafiuzamentos (Comisión Dereito a unha Vivenda Digna).

Adherimos-nos á Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca.

Funcionamos como Asemblea Aberta a todas as persoas afectadas e quen quixer colaborar, co apoio das diferentes organizacións e asociacións que comparten os nosos obxectivos. Sendo o lugar de referencia da Asemblea, como punto de encontro, o local da Asociación Veciñal de Esteiro (Rúa Fernando VI, Bloque I baixo Ferrol [15403] Telf. 981933223] - Só os Venres polas tardes, de 5 a 7.

Estando sempre abert@s a novas incorporacións e propostas, a asemblea organiza-se do seguinte xeito:
  • Constituímos unha Comisión de Traballo, de Coordinación e Custodia de Documentos, composta, nun principio por: Chus Lois, Susana Alaniz, Pablo Portero, Rosa Gabarre e Fernando Lestón.
  • O telefono de contacto vai seguir sendo o de Suso Pazos (637567497).
  • A comunicación vai-na seguir levando Suso Pazos e Inácio Martínez.
  • Asesoría e apoio: Suso Díaz, Rafael Pillado, Elena Casal e Inácio Martínez.

Xuntanza da Comisión de Traballo, de Coordinación e Custodia de Documentos


Este Mércores 27 de Febreiro, ás 17:00hs (5 da tarde), xuntanza en Esteiro, da Comisión e aberta a quen quixer colaborar, para preparar a nosa presencia, ao día seguinte, no Pleno do Concello de Ferrol (Xoves, 28 de Febreiro, ás 7 da tarde).


Presencia no Pleno do Concello de Ferrol

O Goberno Municipal, vai levar ao pleno a adhesión do Concello de Ferrol ao Convenio asinado polos ministerios de Economía e Competitividade, Sanidade e Servizos Sociais, Fomento, Banco de España, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), a Plataforma do Terceiro Sector (Organizacións non Gobernamentais), as patronais bancarias e 33 entidades de crédito, para o acceso a un parque de vivendas desafiuzadas en alugueiro (Convenio para a constitución do Fondo Social de Vivendas (FSV) destinadas ao aluguer). Stop-Desafiuzamentos decidiu estar presente no Pleno e solicitar poder falar no mesmo que está previsto que se celebre o vindeiro Xoves, 28 de Febreiro, ás 7 da tarde.


Próxima xuntanza da Asemblea


DíaVenres, 1 de Marzo.
Hora: Ás 17:00hs (5 da tarde).
Lugar: En Esteiro no local da asociación veciñal.

Obxectivos: Atender casos pendentes e novos casos. Seguir xuntando persoas que están en lista de espera para acceder a unha vivenda municipal do barrio de Recimil. Outros asuntos de interese.

Orde do día:
  1. Casos pendentes e novos casos.
  2. O asunto das vivendas protexidas de Recimil, de propiedade municipal.
  3. Análise do tratado no pleno do Concello de Ferrol en referencia á Adhesión ao Convenio para a constitución do Fondo Social de Vivendas (FSV) destinadas ao aluguer.
  4. Outros asuntos que houber, propostas, rogos e preguntas.
Lembra, non faltes á xuntanza aberta deste Venres 1 de Marzo, necesitamos a túa colaboración e axuda. Participa na Rede de Apoio Mutuo.


Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra/

|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||

xoves, 21 de febreiro de 2013

Este Venres, 22 de Febreiro, en Esteiro, xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna

Nova xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, para quen quixer participar.

Día:  Venres, 22 de Febreiro.
Hora: Ás 17:00hs (5 da tarde).
Lugar: En Esteiro no local da asociación veciñal.

Obxectivos: Antender casos pendentes e novos casos. Seguir xuntando persoas que están en lista de espera para acceder a unha vivenda municipal do barrio de Recimil. Análise da mobilización do pasado día 16 de Febreiro.

Orde do día:
  1. Casos pendentes e novos casos.
  2. O asunto das vivendas protexidas de Recimil, de propiedade municipal.
  3. Análise da convocatoria do pasado 16F.
  4. Outros asuntos que houber, propostas, rogos e preguntas.

Lembra, non faltes á xuntanza aberta deste Venres 22 de Febreiro, necesitamos a túa colaboración e axuda. Participa na Rede de Apoio Mutuo.

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra/

|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||

domingo, 17 de febreiro de 2013

Vídeo da manifestación do 16F en Ferrol de Stop-Desafiuzamentos - Plataforma Afectad@s pola Hipoteca


http://www.youtube.com/watch?v=GGBNB3g_fQQ&feature=share&list=UU1VlvusX45JxWkBkXF6B0nw

Pasadas as 12 do mediodía, partía a manifestación convocada por Stop-Desafiuzamentos, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, dentro das mobilizacións convocadas polas PAHs na Galiza e en máis de cincuenta cidades de todo o Estado e nalgunhas capitais europeas. "Nin xente sen casas, nin casa sen xente", "Non é unha crise, é unha estafa", "Non son suicidios, son banquicidios", "A banca delinquindo, o pobo sufrindo", "Non falta diñeiro, sobran ladróns" ... entre outras consignas espontáneas berradas no transcurso da manifestación. Esta partiu da Praza Amada Garcia, diante do Edificio da Xunta, para baixar pola rúa Real e que, despois de pasar por varias rúas de Ferrol, rematou na Praza do Concello diante do Pazo Municipal, onde se leiu un comunicado que transcribimos neste post. Posteriormente houbo micro aberto onde varias persoas comentaron a súa experiencia persoal: quen conseguiu a dación en pago; quen foi desafiuzado e presentou unha demanda por estafa contra o BBVA que foi admitida a trámite; quen reflexionou sobre a ocupación de vivendas en Ferrol no ano 1977 e demandou a compra de solo por parte da administración, para vivendas sociais; e por último unha das persoas da lista de espera para unha vivenda protexida de Recimil que demandou a entrega das vivendas.
  • Esiximos dación en pago retroactiva, aluguer social e stop desafiuzamentos xa!
  • Esiximos o dereito á vivenda!
  • Esiximos o fin dos abusos da banca!
  • Esiximos o fin do xenocidio financeiro!
  • Sinalaremos aos responsábeis, non pararemos até conseguir os nosos obxectivos!
Non estás só!
Xuntas e xuntos podemos!

En Ferrol, a 16 de Febreiro de 2013

Stop-Desafiuzamentos
Comisión Dereito a unha Vivenda Digna
da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra/

||||||||||||||

sábado, 16 de febreiro de 2013

Manifestación de Stop-Desafiuzamentos en Ferrol dentro das mobilizacións do 16F en apoio da ILP - Fotos - Comunicado Final


Hoxe pola maña, pasadas as 12 do mediodía, partía a manifestación convocada por Stop-Desafiuzamentos, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, dentro das mobilizacións convocadas polas PAHs na Galiza e en máis de cincuenta cidades de todo o Estado e nalgunhas capitais europeas. "Nin xente sen casas, nin casa sen xente", "Non é unha crise, é unha estafa", "Non son suicidios, son banquicidios", "A banca delinquindo, o pobo sufrindo", "Non falta diñeiro, sobran ladróns" ... entre outras consignas espontáneas berradas no transcurso da manifestación. Esta partiu da Praza Amada Garcia, diante do Edificio da Xunta, para baixar pola rúa Real e que, despois de pasar por varias rúas de Ferrol, rematou na Praza do Concello diante do Pazo Municipal, onde se leiu un comunicado que transcribimos neste post. Posteriormente houbo micro aberto onde varias persoas comentaron a súa experiencia persoal: quen conseguiu a dación en pago; quen foi desafiuzado e presentou unha demanda por estafa contra o BBVA que foi admitida a trámite; quen reflexionou sobre a ocupación de vivendas en Ferrol no ano 1977 e demandou a compra de solo por parte da administración, para vivendas sociais; e por último unha das persoas da lista de espera para unha vivenda protexida de Recimil que demandou a entrega das vivendas.

Comunicado leido ao final da manifestación:

Ola, a todas e todos!

Permitir-me darvos a benvida a esta manifestación de protesta, denuncia e reivindicación, no nome de Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.

Hoxe non só nos mobilizamos en Ferrol, tamén o están facendo noutras cidades da Galiza: en Vigo, na Coruña, en Compostela, en Ourense, en Lugo, ... e en máis de cincuenta cidades e vilas, do resto do Estado, e nalgunhas cidades do resto de Europa. Son varios centos de miles de persoas as que hoxe saen á rúa para apoiar a xusta e heroica loita das persoas que conforman as plataformas de afectadas e afectados pola hipoteca.

Protestando con Stop-Desafiuzamentos, contra as execucións hipotecarias de persoas sen recursos, empobrecidas polo desemprego e a estafa chamada crise.

Paralizando desafiuzamentos ou conseguindo realoxos.

Acompañando e apoiando ás persoas afectadas por execucións hipotecarias ou ameazadas coa perda da súa vivenda habitual.

Denunciando as prácticas abusivas e o acoso dos bancos, a estafa inmobiliaria, ... e a complicidade necesaria dos diferentes gobernos.

Exercendo a chamada acción social, conseguindo unha vivenda a quen se lle nega ese dereito e non ten outra saída que ocupar.
Non podemos permitir que haxa casas sen xente e xente sen casas. Na nosa comarca hai máis de 16.000 vivendas baleiras, segundo datos do Instituto Galego de Estatística.

Reivindicando, xunto con outras organizacións sociais e sindicais, unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para levar ao Congreso dos Deputados unha modificación da Lei Hipotecaria. Esta ILP recolle tres medidas que consideramos de mínimos para garantir o dereito á vivenda: dación en pago retroactiva, aluguer social e paralización dos desafiuzamentos.

Mais hoxe estamos aquí, principalmente para  manifestar o noso apoio á Iniciativa Lexislativa Popular que presentamos no Congreso dos Deputados avalada con 1.402.854 sinaturas de apoio (30.283 na Galiza), que en resumo conten tres puntos:
  1. Dación en pago con efectos retroactivos.
    Chámase dación en pago ao feito de entregar a vivenda á entidade financeira coa que se ten a hipoteca a cambio de quedar libre de toda débeda.
  2. Paralización dos desafiuzamentos.
    Sempre que se trate da vivenda habitual e o impago do préstamo hipotecario sexa debido a motivos alleos á propia vontade.
  3. Alugueiro Social.
    A persoa executada terá dereito a seguir residindo na vivenda pagando un alugueiro non superior ao 30% dos seus ingresos mensuais, como mínimo, por un período de 5 anos.
Hoxe continuamos camiñando para defender e esixir o dereito á vivenda, un dereito fundamental sistematicamente vulnerado. Denunciamos a situación dramática á que se condena a vivir a miles de familias que non poden pagar a hipoteca ou o aluguer, que se ven desafiuzadas ou ameazadas coa perda da vivenda, vítimas dunha estafa hipotecaria, da vulneración extrema do dereito á vivenda por parte das entidades financeiras, avaladas polos gobernos que tivemos até agora. Hoxe o Partido Popular no poder, pretende continuar lexislando a favor da grande banca contra a maioría social, cousa que no podemos permitir.

420.000 execucións hipotecarias no Estado os últimos seis anos, e 220.000 desafiuzamentos, son intolerábeis.

As entidades financeiras -responsábeis da crise actual- coa complicidade dos gobernos, que lles dan cobertura cunha lei inxusta que fai que toda a responsabilidade recaia sobre a parte máis vulnerábel, convirtese en destinataria de miles de millóns de euros en axudas públicas sen ningún tipo de contraprestación. Fronte a eses abusos, a cidadanía mobilizada, defendemos o dereito á vivenda, e poñemos enriba da mesa as solucións para acabar con esta estafa. Porque non ten sentido que os bancos acumulen miles de pisos baleiros mentres miles de familias son expulsadas das súas vivendas.

Coa Iniciativa Lexislativa Popular esgotamos todos os mecanismos que nos ofrece o sistema para cambiar unha lei obviamente inxusta. Falamos con concellos, servizos sociais, partidos políticos ... Mobilizamo-nos, paramos desafiuzamentos e fixemos todo o que estaba nas nosas mans para transformar unha situación de inxustiza evidente. As demandas da ILP son demandas de mínimos: dación en pago retroactiva, aluguer social nas vivendas baleiras acumuladas polas entidades bancarias que se enriqueceron coa crise, e moratoria de desafiuzamentos.

A ILP recolleu case un millón e medio de firmas, que se suman ao clamor popular que esixe unha solución xusta e urxente a esta problemática. Non queremos esmola. Non aceptaremos rebaixas. Queremos unhas leis que garantan os dereitos, a igualdade e a dignidade.

A ILP tamén é unha forma de esixir democracia, unha democracia que ten que estar en mans do pobo e non do poder financeiro. Fartas e fartos de mediocridade, corrupción e cobiza, de respostas baleiras e demagoxia, esiximos que se nos escoite e queremos construír unha outra sociedade, xusta, igualitaria, pacifica e sostíbel, unha democracia verdadeira, participativa, con reparto do traballo e da riqueza. E por iso que estamos pola suma das loitas, en defensa do dereito ao traballo, a un salario decente e unhas condicións laborais dignas; en defensa do ensino e sanidade públicas, ameazados con privatizacións e desmantelamento;  por uns servizos públicos universais e de calidade; pola axuda á dependencia; pola transparencia e honestidade na xestión dos recursos públicos; por unha xustiza ao servizo da cidadanía, sen taxas e igualitaria; por un exercicio da política sen privilexios; por unha xubilación digna, non máis alo dos 65 anos; ...

É por todo isto, porque nos temos que apoiar en todas as loitas contra este sistema inxusto, polo que vos convidamos a participar, mañá domingo 17 de febreiro, na Praza de Galicia de Narón, ás 12 do mediodía, na concentración convocada polo Concello de Narón, e apoiada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol.

Non podemos rematar, sen denunciar ao grupo que goberna no Concello de Ferrol, que malgasta diñeiro público por enésima vez na Praza de España, un millón máis de euros, sobre dezaoito que xa levan malgastado. Mentres, non arranxan as vivendas protexidas da súa propiedade no barrio de Recimil, mantendo nunha espera eterna a máis de 160 persoas nunha lista que agarda por unha casa onde poder vivir. Nin tan sequera atenden as necesidades de emerxencia social que cacarexaron cando anunciaron o seu “Plan de Oportunidades”, só eran palabras para a galería.

É por iso que demandamos un censo de vivendas municipais, non só as de Recimil, senón de todas as que son de propiedade municipal, xa! E un plan real de arranxo das vivendas protexidas, para dotalas de certificación de habitabilidade e atender así as necesidades da veciñanza con poucos recursos económicos, que agarda poder acceder a unha desas vivendas municipais.

A nivel xeral, a situación é grave e urxente. Chegamos a un límite no que hai persoas que se quitaron a vida; nos últimos días foron catro, unha situación que xera un sufrimento cotián a miles de persoas afectadas. A presión social, a xente na rúa, conseguiu facer variar a postura inicial do Partido Popular que non estaba disposto a que a ILP pasara da Comisión ao Pleno do Congreso dos Deputados para ser debatida. Ao final a ILP conseguiu pasar o trámite. Mais non podemos esperar meses á aprobación da ILP, tampouco nos podemos permitir que non se aprobe. Non nos quedaremos cos brazos cruzados esperando a que a ILP chegue ao Congreso. Non podemos facelo mentres a máquina financeira asasina siga funcionando.

Desde aquí facemos un chamamento a todos os partidos políticos a votar a favor da ILP e tramitala de xeito urxente. Si non o fan, sinalarémoslles como responsábeis do xenocidio financeiro que estamos sufrindo e terán que aterse ás consecuencias. Aumentaremos as accións de denuncia e desobediencia civil fronte a aqueles que se neguen a aprobar a ILP, e invitamos a toda a cidadanía a sumarse.

Pero non nos pararemos aquí, a nosa loita é unha loita polo dereito á vivenda. “Xente sen casas, e casas sen xente, non se entende”. Bancos que acumulan miles de vivendas baleiras, mentres familias e persoas vense abocadas á rúa. Fronte a este sinsentido, xunto coa campaña de sinalización, as Plataformas de Afectad@s pola Hipoteca anuncian que se intensificarán as campañas de recuperación de pisos baleiros en mans de entidades financeiras.
  • Esiximos dación en pago retroactiva, aluguer social e stop desafiuzamentos xa!
  • Esiximos o dereito á vivenda!
  • Esiximos o fin dos abusos da banca!
  • Esiximos o fin do xenocidio financeiro!
  • Sinalaremos aos responsábeis, non pararemos até conseguir os nosos obxectivos!
Non estás só!
Xuntas e xuntos podemos!

En Ferrol, a 16 de Febreiro de 2013

Stop-Desafiuzamentos
Comisión Dereito a unha Vivenda Digna
da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Fotos de Susete'70.

Fonte: http://artabra21.blogspot.com.es/2013/02/manifestacion-de-stop-desafiuzamentos.html

||||||||||||

xoves, 14 de febreiro de 2013

Xuntanza aberta, este Venres, 15 de Febreiro, de STOP-Desafiuzamentos, en Esteiro - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna

Nova xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, para quen quixer participar.

Día:  Venres, 15 de Febreiro.
Hora: Ás 17:00hs (5 da tarde).
Lugar: En Esteiro no local da asociación veciñal.

Obxectivos: Manifestación do Sábado 16 de Febreiro (Como se vai desenvolver. Comunicado Final. Megafonía. Faixas...). Manter unha reunión con persoas en lista de espera para acceder a unha vivenda protexida de propiedade municipal no barrio de Recimil.

Orde do día:
1. Preparando a manifestación do 16 de Febreiro. ILP
2. Reunión con persoas en lista de espera para acceder a unha vivenda municipal do barrio de Recimil, para preparar acción reivindicativa.
3. Casos pendentes, propostas, rogos e preguntas.

Lembra, non faltes á xuntanza aberta deste Venres 15 de Febreiro, necesitamos a túa colaboración e axuda. Participa na Rede de Apoio Mutuo.


MANIFESTACIÓN EN FERROL
Sábado 16 de Febreiro, ás 12 do mediodía, na Praza Amada García (Diante do edificio da Xunta).

Enviamos como Stop-Desafiuzamentos de Ferrolterra ... unha petición aos pralamentari@s:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/2013/02/envia-un-mail-aos-deputados-do-congreso.html

Xa figuramos no mapa das Manifestacións de PAH do #16:
http://afectadosporlahipoteca.com/manifestacion-16f/#mapa-convocatorias

Un cartaz que xa está circulando na rede, como barner. en formato jpg, máis adiante enviaremos en formato pdf Din A3, para imprimir en papel verde ou branco:
https://fbcdn-sphotos-f-a.akamaihd.net/hphotos-ak-ash4/223502_345854985529364_1540381483_n.jpg

Un barner:
http://4.bp.blogspot.com/-aarJSJ_Q-tU/URjCoD7soGI/AAAAAAAABho/-QL5VeXm3p0/s470/bANNER+artabra21+sTOP+dESAFIUZAMENTOS.jpg

Un vídeo adaptado un pouco a Galiza:
http://youtu.be/yALn5aw6kFA

Está feito un evento en facebook:
https://www.facebook.com/events/128767837295916/?ref=22

Logo está o blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

E a conta no facebook:
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra

Podemos-lle propoñer á Comparsa d'A revolta que participe na Manifestación:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/2013/02/a-comparsa-da-revolta-de-trasancos-de.html

As letras están moi ben:
http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com.es/2013/01/letras-antroido-2013.html#more 

Cartaz en Branco/Negro A3 Convocando Manifestación 16F:
https://docs.google.com/file/d/1Ti3iHMqPpslabrwF0D0-a4KftK2zpv8YMiSaSoGINC0_CGnZTB8LAqKYV3XK/edit?usp=sharing

Cartaz Verde A3 Convocando Manifestación 16F:

https://docs.google.com/file/d/1fIo_QRrfPRv2fCdCY4C1F6bbaXO1R5zt5_ZKOqSXibtGuNc2r88525Hu96bF/edit?usp=sharing

Folla Informativa:
https://docs.google.com/file/d/1tZE-isjlnQ6h3Vuagoiy1zyOu_Gfen9cJmFmbR4Kx1vVjeDhvIa3D-II3Vcl/edit?usp=sharing
_____________

mércores, 13 de febreiro de 2013

Mobilizacións xerais das PAH, o vindeiro Sábado 16 de Febreiro, tamén en Ferrol ás 12 do mediodía, na Praza Amada García

#16F MOBILICÉMONOS – MANIFESTACIÓN CIDADÁN EN FERROL

Polo dereito á vivenda. Contra os abusos da banca. Contra o xenocidio financeiro, sinalamos aos responsábeis e esiximos dación en pago retroactiva, aluguer social e stop desafiuzamentos xa!

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, chamamos a secundar a convocatoria que desde as PAH (Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca) faise á cidadanía galega, como ao do resto do Estado, para apoiar a mobilización social do vindeiro sábado 16 de febreiro e manifestar o apoio á Iniciativa Lexislativa Popular que presentamos no Congreso dos Deputados avalada con 1.402.854 sinaturas de apoio (30.283 na Galiza), para conseguir:
  1. Dación en pago con efectos retroactivos. Chámase dación en pago ao feito de entregar a vivenda á entidade financeira coa que se ten a hipoteca a cambio de quedar libre de toda débeda.
  2. Paralización dos desafiuzamentos. Sempre que se trate da vivenda habitual e o impago do préstamo hipotecario sexa debido a motivos alleos á propia vontade.
  3. Alugueiro Social. A persoa executada terá dereito a seguir residindo na vivenda pagando un alugueiro non superior ao 30% dos seus ingresos mensuais, como mínimo, por un período de 5 anos.
A cidadanía deu unha resposta social e popular ao desleixo e ineficacia política, que nin ve nin quere solucionar o drama dos desafiuzamentos porque está preocupada en agasallar aos bancos con cartos públicos e en recortar servizos e dereitos. Os que nos gobernan están xordos, e hai tempo que só representan os intereses do poder bancario e financeiro. Mentres colocan aos seus familiares en institucións públicas e empresas con salarios millonarios e vantaxes señoriais, colocan na rúa a centos de familias.

Esta ILP, que pide a dación en pago retroactiva, o alugueiro social e unha paralización inmediata dos desafiuzamentos, é a solución clara e inevitábel ao drama da vivenda. Nós sabémolo porque afrontamos o problema a diario, e poñemos nome e cara aos casos que para eles son un mero expediente. Esta ILP esgota as vías que o actual sistema ofrece para modificar unha lei: xa falamos cos bancos, cos partidos políticos, cos Concellos e Parlamentos, cos xulgados.... sen obter resposta ou solución, de aí que tomáramos as rendas e decidíramos avanzar neste sentido.

Pero todo indica que o Partido popular actuará arrogantemente obstaculizando esta iniciativa, e o Congreso, coa súa maioría absoluta, desbotará esta solución ao problema porque choca cos intereses de quen os ten amarrados e amordazados: da banca e do capital.

Se isto acontece, que non dubiden en que aumentaremos a presión social, en que estenderemos as accións de protesta e desobediencia civil que unha lei inxusta, inmoral e noxenta, merecen. Dende logo, non quedaremos de brazos cruzados mentres amparan e permiten o sufrimento de milleiros de persoas.
De aí que pidamos aos cidadáns e cidadás que amosen o seu apoio na manifestación que convocamos.

Son eles contra nós, os poderosos, os que nunca se verán nesta situación, contra o pobo indefenso, contra tod@s e cada un de nós que pode verse afectad@.
XUNT@S E ORGANIZAD@S, PODEMOS!

MANIFESTACIÓN EN FERROL
Sábado 16 de Febreiro, ás 12 do mediodía, na Praza Amada García (Diante do edificio da Xunta).

REDE DE APOIO MUTUO DE FERROL TERRA
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
forosocialdeferrolterra@gmail.com

||||||||||||||||||||||||

A presión popular forza o cambio da posición do grupo popular no Congreso dos Deputados

A comisión promotora da Iniciativa Lexislativa Popular da dación en pago retroactiva, a paralización dos desafiuzamento e o aluguer social, formado por CCOO, UGT, Confederación de Asociacións de Veciños de Catalunya, Plataforma de Afectados pola Hipoteca, Observatori DESC e Mesa do Terceiro Sector Social de Catalunya, celebra que a voz da cidadanía abriuse paso no Parlamento español coa admisión a trámite da ILP por unanimidade de todos os grupos parlamentarios.

É un recoñecemento ao 1.402.854 cidadáns que asinaron a ILP, á movilización social, e aos miles de persoas que perderon a vivenda e algúns ata a vida.

A comisión promotora continuará loitando para que no trámite parlamentario o contido final da lei sexa unha solución real, nos términos da ILP, para os graves problemas do sistema da execución hipotecaria e do acceso á vivenda.

Onte martes 12 de febreiro votábase no Congreso dos deputados a admisión a trámite da Iniciativa Lexislativa Popular hipotecaria. Unha ILP que conta co aval de 1.402.854 firmas, un verdadeiro clamor social contra o drama dos desafiuzamentos. A sucesión de feitos do día foi vertixinosa e chea fortes emocións á rúa.

Por unha banda asistimos a unha intensificación da presión social verso o Partido Popular, que ao mediodía, logo de reunirse con representantes do grupo promotor da ILP (PAH, CONFAVC, Mesa do Terceiro Sector, sindicados CCOO e UGT, Observatorio DESC), anunciaba que non a admitiría a trámite. Horas despois confirmábase a triste noticia dun novo "suicidio inducido" polo drama dos desafiuzamento: en Calvià (Mallorca) unha parella de xubilados sacábanse a vida baixo a ameaza dun desafiuzamento próximo.

Colmea de indignación concentrada


Onte, ás 17h, a rúa era unha colmea de indignación concentrada nas sedes do Partido Popular: non admitir a trámite a ILP significaba un insulto á democracia, un desprezo ás persoas afectadas e ao 1.402.854 firmas que lle apoian. Votar en contra equivalía declarar a guerra ás maiorías sociais deste país. Coincidindo co inicio da sesión ao Congreso, había convocadas concentracións cidadás en varias cidades do estado, a destacar a de Madrid fronte ao Congreso dos Deputados e en Barcelona ante a sé do Partido Popular. Dentro do Congreso representantes da PAH, entre as cales una das súas destacadas portavoces, Ada Colau. Despois de que a semana pasada o Partido Popular anunciase que emitiría un voto contrario, as redes sociais ferveron para esixir no goberno de Madrid que cambiase a súa postura. Máis dun millón de mails enviados e varios Trending Topics cada día son un exemplo do apoio da rede ás demandas de mínimos da ILP: dación en pago retroactivo, moratoria de desafiuzamentoss e aluguer social.

Pola outra, ao último momento, na rúa e de forma inesperada; a cidadanía recibiu a noticia en directo do cambio de posición forzado do grupo parlamentario que bloqueaba até o momento coa súa maioría absoluta as demandas da ILP. O estalido de emoción por todas partes foi grande, pois significa un paso importante na reforma da lei arrincado grazas á mobilización da cidadanía. Minutos despois en Barcelona, as persoas concentradas, vían en directo como o presidente do Congreso dos Deputados, Jesús Posta, expulsaba os membros da PAH presentes, que celebraban esta vitoria no grito de "pódese" (un membro da PAH foi detido, poucas horas despois foi deixado en liberdade).

Unha xornada intensa que precedía unha nova cita importantísima na rúa: manifestacións este sábado 16 de Febreiro ademais de 50 cidades de todo o estado baixo o lema "Polo dereito á vivenda e contra o genocidio financeiro". Si onte o Partido Popular tivo que recular fronte a presión cidadá, o sábado asistiremos a unha demostración de forza que se prevé masiva, o apoio social á ILP e á PAH sairá á rúa.

A admisión a trámite é un primeiro paso importante para parar a sangría dos desafiuzamentos. foi a presión cidadá quen forzou este cambio. A PAH non aceptará que o trámite parlamentario desvirtúe ou rebaixe unha ILP que contén tres demandas de mínimos para acabar co xenocidio financeiro e garantir o dereito á vivenda.

Convocamos á cidadanía a participar nas mobilizacións que terán lugar o vindeiro sábado 16 de febreiro, en apoio das medidas contempladas na ILP.

Fonte: http://www.afectadosporlahipoteca.com/la-presion-popular-fuerza-el-cambio-de-la-posicion-del-grupo-parlamentario-mayoritario-en-el-congreso/

||||||||||||||

domingo, 10 de febreiro de 2013

Envia un mail aos deputados do Congreso para que admitan a trámite a ILP hipotecaria

Petición para que as deputadas e deputados do Parlamento Español voten a favor da admisión a trámite parlamentario da ILP sobre a Proposición de lei de regulación da dación en pago, de paralización dos desafiuzamentos e de alugueiro social

Modelo de carta:


Sr/a. Deputad@,

As entidades promotoras da Iniciativa Legislativa Popular para a dación en pago, a paralización dos desafiuzamentos e o aluguer social conseguimos recoller un total de 1.402.854 firmas. Tal cifra pon de manifesto o amplo apoio cidadán á iniciativa, presentada co obxecto de modificar a lexislación hipotecaria e poñer fin ao drama que están padecendo miles de familias en todo o Estado.

O vindeiro martes, día 12 de febreiro de 2013, terá lugar a próxima sesión plenaria do Congreso dos Deputados na que se tomará en consideración a nosa iniciativa e vostede, co seu voto, decidirá a toma en consideración da Proposición de Lei de iniciativa popular que presentamos.

Por iso, desde a sociedade civil apelamos á súa responsabilidade como representante da cidadanía e esperamos que teña en consideración a vontade popular expresada a través dun dos poucos instrumentos de participación que ofrece a lexislación actual e que por iso, vote a favor da admisión a trámite parlamentario da ILP.

Que en resumo propon:
1. Dación en pago con efectos retroactivos.
Chámase dación en pago ao feito de entregar a vivenda á entidade financeira coa que se ten a hipoteca a cambio de quedar libre de toda débeda.

2. Paralización dos desafiuzamentos.
 Sempre que se trate da vivenda habitual e o impago do préstamo hipotecario sexa debido a motivos alleos á propia vontade.

3. Alugueiro Social.
O executado terá dereito a seguir residindo na vivenda pagando un alugueiro non superior ao 30% dos seus ingresos mensuais por un período de 5 anos.
Abortar este proceso parlamentario, que demostrou un apoio cidadán tan amplo, moi superior até o número de votos que teñen algúns partidos con representación no Congreso, supoñería un grave insulto á democracia, tan cuestionada nos últimos tempos.

Atentamente,

E-mails del grupo parlamentario popular

juan.abad@congreso.es, juan.albendea@congreso.es, celia.alberto@congreso.es, portavoz.gpp@gpp.congreso.es, josemariaalonsoruiz@hotmail.com, cayetana.alvarez@congreso.es, c.aragones@congreso.es, maria.ares@congreso.es, ignacio.astarloa@congreso.es, fatima.banez@congreso.es, leopoldo.barreda@congreso.es, mdolores@congreso.es, federico.cabello@congreso.es, mjbonilla@congreso.es, susana.camarero@congreso.es, maria.carreno@congreso.es, pablocasadoblanco@gmail.com, margarita.cid@congreso.es, sara.cobos@congreso.es, guillermo.collarte@congreso.es, gema.conde@congreso.es, pilar.cortes@congreso.es, celso.delgado@congreso.es, eva.duran@congreso.es, antonio.erias@congreso.es, gelorriaga@congreso.es, conrado.escobar@congreso.es, beatriz.escudero@congreso.es, carolina.espana@congreso.es, efajarnes@congreso.es, maravillas.falcon@congreso.es, alejandro@pptarragona.com, eduardo.fgarcia@congreso.es, vicente.ferrer@congreso.es, ascension.figueres@congreso.es, mflores@congreso.es, carlos.floriano@congreso.es, agueda.fumero@congreso.es, pp@elprat.cat, joaquingd@congreso.es, teodoro.garcia@congreso.es, pablo.garcia@congreso.es, a.gtizon@congreso.es, ignacio.gil@congreso.es, pedro.gomezdelaserna@congreso.es, angel.gonzalez@congreso.es, gpons@congreso.es, marta.gonzalez@congreso.es, sgvazquez@congreso.es, jcgrau@congreso.es, antonio.gutierrez@congreso.es, silvia.heredia@congreso.es, rhernando@congreso.es, hoyobelen@gmail.com, olga.iglesias@congreso.es, mariap.jimenez@congreso.es, belen.juste@congreso.es, paz.lago@congreso.es, ignacio.landaluce@congreso.es, maria.lara@congreso.es, jose.lgarrido@congreso.es, rociolopeztoledo@congreso.es, teofilo.luis@congreso.es, anamadrazo@congreso.es, pilar.marcos@congreso.es, guillermomariscal@congreso.es, teresa.martin@congreso.es, enrique.martin@congreso.es, teofila.martinez@congreso.es, jose.martintoledano@congreso.es, jmatari@congreso.es, pmatos@congreso.es, julietamicheo@congreso.es, aranzazu.miguelez@congreso.es, mario.mingo@congreso.es, francisco.molinero@congreso.es, mmontesinos@congreso.es, cristobal.montoro@congreso.es, montserrat@congreso.es, manuel.mora@congreso.es, tristana.moraleja@congreso.es, ramon.moreno@congreso.es, irene.moreno@congreso.es, ruben.moreno@congreso.es, carlos.munozobon@congreso.es, eugenio.nasarre@congreso.es, jaime.olano@congreso.es, arsenio.pacheco@congreso.es, ildefonso.pastor@congreso.es, antoniop.insua@congreso.es, jesus.posada@congreso.es, alfredo.prada@congreso.es, gabino.puche@congreso.es, javier.puente@congreso.es, blanca.puyuelo@congreso.es, carmen.quintanilla@congreso.es, felicidad.rodriguez@congreso.es, beatriz.rsalmones@congreso.es, antonio.roman@congreso.es, aurelio.romero@congreso.es, maria.romero@congreso.es, juande.ruano@congreso.es, ovidio.sanchez@congreso.es, celinda.sanchez@congreso.es, arenales.serrano@congreso.es, bibiano.serrano@congreso.es, daniel.serrano@congreso.es, jose.soria@congreso.es, eloy.suarez@congreso.es, mjsusinos@congreso.es, rtarno@congreso.es, martat@congreso.es, manuel.torres@congreso.es, fvano@congreso.es, ana.vazquez@congreso.es, concepcio.veray@congreso.es

E-mails do grupo parlamentario socialista

abalos@congreso.es, palegria@congreso.es, aalonso@congreso.es,angelesalvarez@congreso.es, jose.barreda@congreso.es, meritxell.batet@congreso.es,mario.bedera@congreso.es, delia.blanco@congreso.es, patricia.blanquer@congreso.es,federico.buyolo@congreso.es, scabezonruiz@terra.es, jesus.caldera@congreso.es,hca@congreso.es, helena.castellano@congreso.es, carme.chacon@congreso.es,manuel.chaves@congreso.es, cipria.ciscar@congreso.es, ccorcuera@congreso.es,miguel.cortizo@congreso.es, angelinacosta@congreso.es, cunillera@congreso.es,gabriel.echavarri@congreso.es, odon.elorza@congreso.es, eesteve@congreso.es,gracia.fernandez@congreso.es, sebastian.franquis@congreso.es, puerto.gallego@yahoo.es,guillem.garcia@congreso.es, valeriano.gomez@congreso.es, francisco.gonzalez@congreso.es,manuel.gonzalez@congreso.es, luisa.gonzalez@congreso.es, mariagv@congreso.es,juanluisgordo@congreso.es, vicente.guillen@congreso.es, miguel.heredia@congreso.es,patricia.hernandez@congreso.es, sofia.hernanz@congreso.es, antonio.hurtado@congreso.es,leire.iglesias@congreso.es, trinidad.jimenez@congreso.es, felix.lavilla@congreso.es,diegolgarrido@congreso.es, pilar.lucio@congreso.es, cesar.luena@congreso.es,eduardo.madina@congreso.es, guadalupem@congreso.es, pablo.martin@congreso.es,pepemolmos@congreso.es, guillermo.meijon@congreso.es, marivi.monteserin@congreso.es,carmen.monton@congreso.es, victor.morlan@congreso.es, jmoscoso@congreso.es,pedromg@congreso.es, secretaria.general@psoe.es, manuel.pezzi@congreso.es,antonio.pradas@congreso.es, joaquim.puig@congreso.es, elvira.ramon@psoe-granada.com,joan.rangel@congreso.es, isabel.rodriguez@congreso.es, mariajose.rodriguez@congreso.es,soraya.rodriguez@congreso.es, german.rodriguez@congreso.es,paloma.rodriguez@congreso.es, inma.rodriguezpinero@congreso.es, susana.ros@congreso.es,jruiz@tinet.org, lcsahuquillo@congreso.es, nachosamor@congreso.es,mamen.sanchez@congreso.es, laura.seara@congreso.es, jose.segura@congreso.es,felipe.sicilia@congreso.es, carmela.silva@congreso.es, rsimancas@congreso.es,susana.sumelzo@congreso.es, jandres@congreso.es, antoniotrevin@yahoo.es,luis.tudanca@congreso.es, evalenciano@congreso.es, magdalena.valerio@congreso.es,mariajose.vazquez@congreso.es,

E-mails do grupo parlamentario catalán

marti.barbera@congreso.es, carles.campuzano@gmail.com, lourdes.ciuro@congreso.es,feliujoan.guillaumes@congreso.es, jordi.jane@congreso.es, pere.macias@congreso.es,cparamo@roses.cat, antoni.pico@congreso.es, merce.pigem@congreso.es,imma.riera@congreso.es, marc.solsona@congreso.es, montse.surroca@congreso.es,ctarruella@congreso.es, jordi.xucla@congreso.es

E-mails do grupo parlamentario Izquierda plural

jlcg2@hotmail.com, icv.congreso@gpiv.congreso.es, a.delasheras@congreso.es,alberto.garzon@congreso.es, cayo.lara@congreso.es, gaspar.llamazares@congreso.es,joanj.nuet@congreso.es, laia.ortiz@congreso.es, ricardo.sixto@congreso.es,chesus.yuste@congreso.es

E-mails do grupo parlamentario Vasco

agirretxea@congreso.es, pedro.azpiazu@congreso.es

E-mails do grupo parlamentario Mixto

enrique.sostres@congreso.es, joan.baldovi@congreso.es, alfred.bosch@congreso.es,teresa.jorda@congreso.es, rafael.larreina@congreso.es, ana.oramas@congreso.es,pedro.quevedo@congreso.es, carlos.salvador@congreso.es, jtarda@congreso.es,iker.urbina@congreso.es

Fonte:  http://www.quenotehipotequenlavida.org/

|||||||||||||||

A comparsa d'A Revolta de Trasancos de Stop-Desafiuzamentos

A comparsa do Colectivo Sociocultural "A Revolta de Trasancos", participa este ano no Entroido co tema de Stop-Desafiuzamentos. En Narón levaron o terceiro premio. A continuación presentamos a súa actuación, neste vídeo que nos envían.


http://youtu.be/7PqbkdjD5cc


Blogue do Colectivo:
http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com.es/

|||||||||||||||||||

Entrevista a Ada Colau, portavoz da Plataforma de Afctad@s pola Hipoteca - Un documento de moito interese e fundamental para entender a loita de Stop-Desafiuzamentos - En Vídeo

Entrevista a Ada Colau, portavoz da Plataforma de Afctad@s pola Hipoteca (PAH - Stop-Desafiuzamentos) - Vídeo de pouco máis de 13 minutos.

Ada Colau: "A hipoteca é a forma de extorsión e de escravitude perfecta"

A portavoz da Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca (PAH) Ada Colau, explícanos o traballo que levan a cabo para tratar de frear a actual avalancha de desafiuzamentos.

Segundo datos do Consello Xeral do Poder Xudicial, desde o ano 2077 e ata o primeiro semestre de 2012, producíronse non conxunto do Estado case 400.000 ejecuciones hipotecarias.

Máis de 600.000 familias perderon a súa vivenda, comprada ou en aluguer, por mor da perda de poder adquisitivo, producida pola desocupación e a precariedad do emprego.

Entrevista a Ada Cola

Ada Colau, resposta ás seguintes preguntas:
Cal é o proceso que seguen as entidades financeiras ante a imposibilidad de pago?

Cales son os pasos a seguir, unha vez un afectado ou unha afectada contacta convosco?

En que situación están as persoanas que acoden a vós?

Cales son vosas principais demandas?

Que opinas sobre o último decreto lei, aprobado polo Goberno Español, para paliar os efectos dos desafiuzamentos?

Existen diferentes tipos de reacción ao problema por parte das distintas entidades bancarias?

A crise hipotecaria non parece só un problema do sistema financeiro vai máis aló non crees?


http://vimeo.com/57078656

Vídeo: Carlos Suárez
Edicións: Carlos Suárez
www.seccionabierta.wordpress.com

Publicado por Sección Aberta, o 3 de Febreiro de 2013, en Vimeo.

|||||||||||||||

venres, 8 de febreiro de 2013

"Non estas só" - O caso "La Caixa - Caixabank" en Febreiro de 2013


Abuso bancario - Malas prácticas - Engano - Venda de dereitos hipotecarios

"Non estas só", exercendo a solidariedade, pensando nos demais, sentímonos apoiad@s, é por iso que desde Stop-Desafiuzamentos, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, agrupamo-nos para defender-nos dos abusos bancarios, da estafa bancaria, dun sistema que non garantiza o "Dereito a unha Vivenda Digna".

A xerarquía establecida da banca convencional marca as directrices ao seu persoal de dirección, para garantir, máis e máis beneficios a unha banca con prácticas criminais, que se aproveita das nosas necesidades. O acceso a unha vivenda digna, non é un luxo, é un Dereito.

Dentro deste contexto, moitas persoas chaman buscando apoio, senten-se desprotexidas, sen amparo, con problemas económicos que lle dificultan o dereito á defensa. Nun escritorio dun banco, diante dunha mesa, alguén exerce o poder da "Banca" e ameaza co empobrecemento e a derrota moral, de quen debe e non pode facer frente ás cantidades, nos prazos acordados, e ve como esta débeda aumenta día a día, sen poder facer nada para impedir-lo, con intereses de demora abusivos, gastos xurídicos e outros. Exerce-se unha presión difícil de aguantar se estas só.

Uns dos xigantes da banca española

Levabamos, varios días de xestións, visitas e denuncias públicas, estabamos decidid@s a enfrentar-nos a uns dos xigantes da banca española "La Caixa - Caixabank", a cita era diante do número 152 da rúa Real de Ferrol.

Stop-Desafiuzamentos, convocou unha rolda de prensa diante das citadas oficinas. Tratábase de explicar a situación na que se ve inmersa unha familia da cidade á que a entidade bancaria comunicou por escrito que a entidade subscribiu un contrato de compravenda de dereitos de crédito a Fronteira Capital S.A.R.L, con sé en Luxemburgo. Trataba-se de acompañar á familia afectada a unha reunión co banco, para tratar de desbloquear outro problema suscitado coa negativa da entidade a cobrarlle o abono da hipoteca en tanto non fixese fronte a unha cantidade próxima aos 500 euros, por uns supostos gastos xudiciais que ao día de onte xa estaba máis próxima aos 600 euros. Todo un despropósito que o fan aumentar cada vez que te achegas ao banco, para amedrentarche ou facerche tolear de vez. As malas prácticas bancarias non só fan que a débeda aumente mes a mes polos abusivos intereses de demora, senón que baixo o epígrafe de gastos xurídicos, comezan a cobrar por outra banda.

O que foi

A familia solicitara un crédito hipotecario e esixíronlle dous avalistas, mais que o banco incorporou como parte dos beneficiarios do préstamo. O crédito foise pagando con normalidade até que chegou un momento de dificultade económica, por mor do desemprego que, como a moitas outras persoas, chegou a esta casa empobrecendo a economía familiar. Dirixiron-se ao banco, por iso das "boas prácticas bancarias", mais non houbo tal. Nese momento foi cando se coñeceron de que as persoas avalista, como case sempre maiores e pensionistas, tamén eran prestatari@s. Nada de renegociar o crédito  polo que comezou a abonarse con atraso, polo que tamén houbo que facer fronte aos intereses de demora.

A alarma salta cando, ademais de vender os dereitos hipotecarios a outra entidade, reclama sobre uns 500 euros, do que falabamos con antelación, por uns supostos gastos xurídicos e bloquean a súa conta. A familia está disposta a pagar, a mensualidade de xaneiro e os intereses de demora, como así ven facendo por máis dun ano de sufrimento e acoso bancario, mais non os gastos que a entidade manifesta, que son derivados de gastos xurídicos, foi a partir de entón que o banco se negou a cobrarlle o crédito, senón abonaba uns supostos gastos xurídicos.

Pódedese

Acompañamento, denuncias, mobilizacións, desobediencia civil, ...  son ferramentas do movimento social, da rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra. Denunciamos tamén ante o valedor do Pobo e o Instituto Galego de Consumo. A presión social conseguiu que o banco desbloqueara a conta, renunciara a cobrar os supostos gastos xurídicos e rescatara o crédito da empresa de Luxemburgo. Accedeu a cobrar as mensualidades do crédito atrasadas. Mais hai que estar atentos,  ... "Non estas só". Xunt@s e organizad@s, podemos !

||||||||||||

xoves, 7 de febreiro de 2013

Nova xuntanza aberta, este Venres, 8 de Febreiro, de STOP-Desafiuzamentos, mais desta vez en Esteiro - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna

Nova xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, para quen quixer participar.

DíaVenres, 8 de Febreiro.
Hora: Ás 17:00hs (5 da tarde).
Lugar: En Esteiro no local da asociación veciñal.

Obxectivos: Manter unha reunión con persoas en lista de espera para acceder a unha vivenda municipal do barrio de Recimil. E preparar a mobilización do día 16 de Febreiro.

Orde do día:
  1. Reunión con persoas en lista de espera para acceder a unha vivenda municipal do barrio de Recimil, para preparar acción reivindicativa.
  2. Análise do caso "La caixa - Caixabank".
  3. Mobilización do 16 de Febreiro.
  4. Casos pendentes, propostas, rogos e preguntas.

Lembra, non faltes á xuntanza aberta deste Venres 8 de Febreiro, necesitamos a túa colaboración e axuda. Participa na Rede de Apoio Mutuo.

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

________________

mércores, 6 de febreiro de 2013

Alerta Social - Concentración ante os abusos bancarios de "La Caixa"-"Caixabank" - Xoves 7 de Febreiro, ás 12 do mediodía - Comparecencia Ada Colau no Congreso dos Deputad@s (Vídeo)

Concentración ante os abusos bancarios de "La Caixa"-"Caixabank"

Stop-Desafiuzamentos, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, convoca unha Concentración de protesta e denuncia, ao non atopar unha resposta positiva que varíe a actuación dos responsábeis de "La caixa"-"Caixabank", nun caso onde o abuso bancario é máis que evidente. Onde a entidade bancaria vendeu dereitos dun crédito hipotecario á outra entidade denominada "Frontera Capital, SARL" con sede en Luxemburgo. Onde se acumulan unha serie de malas prácticas bancarias, que impiden a unha familia traballadora de Ferrol, solucionar os problemas derivados dunha hipoteca da vivenda habitual. Onde varias son persoas afectadas da mesma familia, que pensan que son avalistas, mais que nos documentos son prestatarias,  ....

Mañá, Xoves chamaron-nos a unha nova reunión cos responsábeis do banco no distrito, para mediar e intentar chegar a un acordo, mais tamén decidimos convocar esta mobilización social, de denuncia e protesta, e de apoio e solidariedade coa familia afectada, queremos solucións e boas prácticas bancarias. Non podemos permitir que os monstros bancarios, nos arrebaten o noso diñeiro.

PARTICIPA !

Concentración:

Día: Xoves 7 de Febreiro de 2013.
Hora: 12:00hs (Mediodía).
Lugar: En Ferrol - Oficina principal de "La Caixa" - Caixabank, na Rúa Real, 152.

STOP-Desafiuzamentos
Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.

MOI INTERESANTE VÍDEO:

Impresionante a comparecencia da compañeira nunha comisión, onte á noite (05.02.2013) no Congreso dos Deputados, para defender que se trámite a ILP, presentada co apoio de máis dun millón de sinaturas. Non podemos deixar de ver este importante documento, son 40 minutos, mais moi aproveitados. Paga a pena. Hai outro vídeo onde falan algúns deputados e ela resposta, tamén moi interesante.

Comparecencia Ada Colau no Congreso dos Deputad@s (vídeo completo) enviado polo compañeiro Fernando Lestón Baltar:

Ada Colau portavoz de Stop desafiuzamentos explica-nos as demandas deste colectivo


http://youtu.be/LtNBnc6khHg


Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

|||||||||||||||||||||||||||

Praticas abusivas de "La caixa" -"Caixabank" - Stop-Desafiuzamentos denuncia un "abuso bancario" a unha familia de Ferrol

Stop-Desafiuzamentos denuncia un "abuso bancario" a unha familia de Ferrol

Membros de Stop-Desafiuzamentos, pertencente á Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, protagonizaron onte unha roda de prensa diante das oficinas da Caixa situada no número 152 da rúa Real de Ferrol.

Membros de Stop-Desafiuzamentos, pertencente á Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, protagonizaron onte unha roda de prensa diante das oficinas da Caixa situada no número 152 da rúa Real de Ferrol. Tratábase de explicar a situación na que se ve inmersa unha familia da cidade á que a entidade bancaria comunicou por escrito que os seus dereitos dun crédito hipotecario foron vendidos a Frontera Capital SARL, con sé en Luxemburgo.

Representantes de Stop-Desafiuzamentos acompañaron á familia afectada a unha reunión coa Caixa "agora Caixabank" para tratar de desbloquear outro problema suscitado coa negativa da entidade a cobrarlle o abono da hipoteca en tanto non fixese fronte a unha cantidade próxima aos 500 euros por uns supostos gastos xudiciais.

A Caixa comunicou aos afectados a venda dos dereitos do seu crédito a unha entidade de Luxemburgo

Segundo explicou o portavoz do colectivo, Rafael Pillado, esta familia solicitara un crédito hipotecario e esixíronlle dous avalistas que o banco, "con engano", incorporou como parte dos beneficiarios do préstamo.

O crédito foise pagando con normalidade até que chegou un momento de dificultade no que comezou a abonarse con atraso, polo que tamén houbo que facer fronte aos intereses de demora.

O problema xorde cando os beneficiarios recibiron unha notificación na que se lles reclamaban preto de 500 euros por uns supostos gastos xudiciais que descoñecen a que corresponden, polo que intentan contactar coa dirección da Caixa, sen éxito. A familia, segundo Rafael Pillado, manifesta estar disposta a pagar, pero non esa cantidade e, ao parecer, a partir de entón o banco negouse a cobrarlle o crédito. Chegaron a conseguir unha cita para reunión co responsable de morosos da entidade, que os emprazou para o pasado luns na Praza de España, pero este responsable non acudiu. Por iso é polo que Stop-Desafiuzamentos acompañounos onte á reunión co director da oficina da rúa Real. Ao parecer, inicialmente aceptaba o cobro a conta da suma debida sen asignala aos meses previstos, pero ao final resolveuse en parte o problema, polo que as mensualidades quedaron cubertas até o pasado xaneiro, que non se liquidou porque levaba aparellada a cantidade atribuída a gastos xudiciais.

A preocupación desta familia vese agravada polo feito de que os dereitos do seu crédito foron vendidos a unha entidade de Luxemburgo, actuación coa que, segundo Pillado, estase tratando de amedrentalos.

En vista da situación, Stop-Desafiuzamentos decidiu trasladar os feitos ao Valedor do Pobo. Os afectados, pola súa banda, presentaron unha reclamación ante Consumo.

Respecto de a venda do crédito, están á espera dunha entrevista cun responsable da Caixa que saiba do asunto. O xoves "12.00 horas" volverán ao banco para tratar de forzar esa entrevista.

Unha reportaxe de Carmela López publicada no Diario de Ferrol - Actualizado 06 Febreiro 2013 - 02:00 h.

Foto: "Membros de stop ante a oficina bancaria" - Daniel Alexandre

Pode ver esta noticia en www.diariodeferrol.com: http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/stop-desafiuzamentos-denuncia-un-abuso-bancario-a-unha-familia-de-ferrol/20130205224549031799.html

||||||||||||||||

luns, 4 de febreiro de 2013

Convocatoria dunha Rolda de Prensa por parte de Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Para o Martes 5 de Febreiro

Rolda de Prensa

Temos interese en comunicar-lles que Stop-Desafiuzamentos, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, entre varios dos casos nos que esta inmersa perante estes días, estámos cun caso onde o abuso bancario é máis que evidente. A entidade implicada, neste caso e "La Caixa", hoxe "Caixabank" que vendeu dereitos dun crédito hipotecario á entidade "Frontera Capital, SARL" con sede en Luxemburgo. Varias son as persoas afectadas nun mesmo caso, de avalistas que saen prestatarios, das malas prácticas da entidade, .... Mañá mesmo temos unha nova entrevista no banco, na sucursal da Rúa Real nº 152 de Ferrol, para intentar chegar a un acordo que se está poñendo difícil e que no caso de non conseguir os obxectivos na mediación, pasaremos á denuncia e mobilización nuns días. É por iso, polo que desde a Comisión que nos reunimos o pasado Venres, convocamos unha Rolda de Prensa que terá lugar mañá, logo da entrevista coa dirección de Caixabank da zona de Ferrol, diante das oficinas do propio banco.

Rolda de Prensa

Día: Martes 5 de Febreiro de 2013.
Hora: 12:30hs.
Lugar: Oficina principal de "La Caixa" - Caixabank, na Rúa Real, 152 en Ferrol.

Dicir tamén que nesta rolda informaremos de dous asuntos de interese:
  • Asemblea lista de espera para as Casas Baratas - Día 8 de Febreiro, ás 5 da Tarde, no local da asociación veciñal de Esteiro.
  • Mobilización do 16 de Febreiro.
Sen máis agradecemos de antemán a vosa presencia nesta Rolda de Prensa.

Asinado.-

Inácio Martínez
32612684H

Telf: 645158113

STOP-Desafiuzamentos
Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

||||||||||||||||||