martes, 30 de abril de 2013

Xoves, 2 de Maio, en Esteiro, xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna

Lembrar que cambiamos o día de celebración da xuntanza semanal, do Venres para o Xoves, dado que o Venres, é o día da semana que pode dedicar-nos a compañeira avogada, para antender ás persoas afectadas por un expediente de desafiuzamento. Polo que esta circunstancia está impedindo que as persoas que abren os expedientes e acompañan, non participen en optimas condicións na Asemblea, á vez de que non se está informando na asemblea dos casos de desafiuzamentos que se atenden.

Este Xoves, 2 de Maio, en Esteiro, xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos de Ferrol Terra


Unha nova xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, para quen quixer participar.

Día: Xoves, 2 de maio.
Hora: Ás 17:00hs (5 da tarde).
Lugar: En Esteiro no local da asociación veciñal.

Obxectivos: Informar sobre a apertura dos expedientes de novos casos e casos pendentes - Accións a tomar se houber. Informar de todo o acontecido até agora sobre o asinto das vivendas municipais do barrio de Recimil. Informar e decidir sobre os últimos asuntos relacionados coa ILP. Definir a acción social da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra: Alimentos Solidarios, Peto Solidario, ... Tratar outros asuntos pendentes (Pago pechadura, ... financiamento).

Orde do día:

  1. Casos, pendentes e novos de desafiuzamentos. Xestións e Accións.
  2. Analizar e tomar decisións sobre a campaña das vivendas protexidas de Recimil.
  3. O asunto da ILP, información das PAHs. Coordenación Galega.
  4. A coordenación a nivel galego.A acción social da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra: Alimentos Solidarios, ... vivendas.
  5. Outros asuntos que houber, propostas, rogos e preguntas .
Lembra, non faltes á xuntanza aberta deste Xoves 2 de maio, necesitamos a túa colaboración e axuda. Participa na Rede de Apoio Mutuo.

Blogue
:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra/

|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||

mércores, 24 de abril de 2013

Todas e todos ao Pleno do Concello de Ferrol

Este Xoves 25 de Abril, ás 18:30hs, Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo, convoca á cidadanía, diante do Pazo Municipal de Ferrol, a unha concentración de apoio ás 116 familias que están esperando a que o goberno municipal lles adxudique e entregue unha vivenda no barrio de Recimil. Media hora máis tarde está previsto que que comece o Pleno, onde unha Comisión de Afectadas e membros da nosa Rede, teñen solicitado a intervención no mesmo de Laura Luz Garcia Rivero. Que expoñerá a situación do colectivo de persoas que figuran na listaxe definitiva para acceder a unha vivenda protexida de propiedade municipal do barrio de Recimil.

O  12 de Abril, presentou-se no rexistro do Concello unha reclamación como persoas afectadas, que  figuran na listaxe definitiva para acceder a unha vivenda. Sabemos que hai vivendas baleiras aptas para vivir, que só necesitan sinxelas reformas ou reparacións. Non se pode permitir que estean tapiando as vivendas baleiras e pola contra estas non se adxudiquen, segundo o disposto no punto 7 do Artigo 2, do Regulamento sobre o procedemento de adxudicación das vivendas protexidas do barrio de Recimil. A situación económica, desde o 2010, destas familias, segue sendo moi difícil, mesmo empeorou, polo que necesitan que se lles adxudiquen e entreguen as vivendas sen demora.

Unha Comisión de persoas afectadas, acompañada por membros da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, solicitaron unha reunión co Sr. Alcalde. A nosa intención era a de presentar as nosas queixas e de reclamar as nosas demandas. Foi o  12 de abril, cando solicitamos por rexistro unha xuntanza urxente. Mais o luns 15 de abril, cando algunhas das persoas membros da Comisión, ían concretar o día da reunión co Sr. Alcalde, José Manuel Rey Varela, mantiveron un contacto onde lles pediu dous ou tres días máis de prazo, mais nós démoslle catro, para ter algo máis concreto para falar con nós, dicía, pois podería dispor dunhas 30 vivendas que podería adxudicar nos próximos días. Mais pasou o tempo e non temos noticias do Concello. Polo que o pasado sábado, 20 de Abril, reiteramos, no rexistro do Concello, a petición para que nos concedera, unha xuntanza de urxencia con el e co concelleiro e concelleira, responsábeis de Patrimonio e Benestar Social.

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra/

|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||

xoves, 18 de abril de 2013

Venres, 19 de Abril, en Esteiro, xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna

Este Venres, 19 de Abril, en Esteiro, xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos de Ferrol Terra

Unha nova xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, para quen quixer participar.

Día: Venres, 19 de Abril.
Hora: Ás 17:00hs (5 da tarde).
Lugar: En Esteiro no local da asociación veciñal.

Obxectivos: Informar sobre a apertura dos expedientes de novos casos e casos pendentes - Accións a tomar se houber. Informar da reunión pedida co Alcalde sobre as vivendas municipais do barrio de Recimil. Informar e decidir sobre os últimos asuntos relacionados coa ILP - Comunicados e posicionamento das PAHs. Definir a acción social da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra: Alimentos Solidarios, Peto Solidario, ... Tratar outros asuntos pendentes (Pago pechadura, ... financiamento).

Orde do día:
  1. Información sobre os casos, pendentes e novos. Xestións e Accións.
  2. Información e toma de decisións sobre a campaña vivenda xa para as persoas da lista de espera para poder acceder a unha das vivendas protexidas de Recimil, de propiedade municipal (Asunto entrevista Alcalde, ..).
  3. O Partido Popular, as PAHs e a ILP (Situación Actual - Comunicados).
  4. A coordenación a nivel galego.A acción social da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra: Alimentos Solidarios, ... vivendas.
  5. Outros asuntos que houber, propostas, rogos e preguntas (Carta de Carlos e carta de María da Asociación Vida Activa - www.facebook.com/vidaactiva.
Lembra, non faltes á xuntanza aberta deste Venres 19 de Abril, necesitamos a túa colaboración e axuda. Participa na Rede de Apoio Mutuo.

Blogue
:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra/

|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||

Comunicado do grupo promotor da ILP: Non é a nosa ILP - Non no noso nome - 18 de Abril de 2013

Comunicado do grupo promotor da ILP:
Non é a nosa ILP.
Non no noso nome
.

Coñecida a posición do Partido Popular no relatorio de impulsar en solitario o seu proxecto de lei, as entidades promotoras da ILP decidiron retirala porque non recolle o contido do texto presentado no congreso.

As entidades promotoras da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) pola dación en pago retroactiva, a paralización dos desafiuzamentos e o aluguer social denuncian a vontade do Partido Popular de aproveitar a tramitación parlamentaria da ILP para desvirtuar as propostas desta iniciativa cidadá.

A proposta de "medidas urxentes para reforzar a protección ás debedoras hipotecarios, reestruturación de débeda e aluguer social" descoñece as lexítimas pretensións da ILP: dación en pago retroactiva; paralización dos desafiuzamentos que afecten a vivendas habituais de debedoras hipotecarias e a posibilidade de que as persoas afectadas poidan permanecer nas súas vivendas en réxime de aluguer social.

A proposta do PP supón unha burla aos intereses das persoas afectadas por procesos de execución hipotecaria e á sociedade no seu conxunto. Unha vez máis, a efectividade do dereito a unha vivenda digna consagrado na Constitución Española e en numerosos tratados internacionais de dereitos humanos ratificados polo Estado Español, queda supeditado aos intereses das entidades financeiras.

Pese á aceptación a trámite parlamentario da ILP, o PP, descoñecendo o masivo apoio social á proposta, elimina todo rastro da ILP pola dación en pago. Co seu proxecto de Lei, o PP non resolve o problema social da débeda hipotecaria (nin dos que xa foron desafiuzados nin dos que o serán no futuro). Miles de cidadáns continuarán perdendo a vivenda e continuarán endebedados coas entidades financeiras, perpetuándose a inxustiza da lexislación hipotecaria española.

Mentres que a ILP permitía liberar ás familias da condena financeira e facilitaba o seu acceso, en réxime de aluguer social, ás vivendas baleiras propiedade das entidades financeiras. Unhas medidas que permitían mitigar de xeito decisivo os efectos sociais máis dramáticos da crise económica actual. A reforma do PP seguirá condenando á pobreza e á exclusión social por centos de miles de persoas.

Por todo iso, as entidades promotoras da Iniciativa Legislativa Popular (ILP) pola dación en pago retroactiva, a paralización dos desafiuzamentos e o aluguer social, decidimos retirala e poñer en evidencia que o proxecto de lei do PP supón o rexeitamento á ILP que se presentou no Congreso.

O grupo promotor está formado por CCOO, UGT, Observatorio DESC, Taula do Terceiro Sector, Confavc e Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca.

18 de Abil de 2013

#ExigimosNuestraILP

Comunicado: O PP despexa a ILP.

Fonte: http://afectadosporlahipoteca.com/

||||||||||||

mércores, 17 de abril de 2013

O Partido Popular despexa a ILP

O Partido Popular anunciou o pasado martes a pechadura do debate sobre a ILP. O xoves, na comisión de economía, o Partido Popular votará en solitario a favor da súa proposta de reforma da lei hipotecaria. Na máis absoluta soidade. Sen aceptar as enmendas de ningún grupo político e, o que é máis preocupante para a democracia deste país, desoíndo unhas demandas que contan co apoio do 90% da poboación, unhas demandas de mínimos necesarias para non condenar á exclusión social para sempre, a miles de familias.

Ningunha maioría absoluta lexitima a violación sistemática de dereitos humanos.

A ILP pola dación en pago retroactiva, o aluguer social e a moratoria dos desahucios conta co aval de 1.402.854 firmas. Son demandas de mínimos, cuxo rexeitamento mostra unha preocupante ignorancia por parte do PP da realidade social na que se atopan centos de miles de persoas neste país.

A proposta de lei do PP desvirtúa por completo a ILP, non respecta o texto e volve ás súas medidas parciais, arbitrarias e insuficientes que exclúen á maioría groso da xente as persoas afectadas. Unhas medidas que xa se mostraron fracasadas. A súa proposta mostra un desprezo pola sentenza do TJUE, xa que non modifica o fondo do procedemento de execución hipotecaria, nin di nada dos centos de miles de procedementos xa realizados cunha lei ilegal que vulnera dereitos fundamentais. Condénanlles e sacrifican para sempre ao non aceptar ningún tipo de retroactividade efectiva. O texto feito público a semana pasada ofrece unha posibilidade teórica: que as familias paguen o 65% da débeda en cinco anos a partir da feita da poxa. Algo que, quen coñecemos o problema de cerca, sabemos que é inviable para o 99% das familias afectadas. Impide tamén que a inmensa maioría das persoas afectadas se acollan á paralización dos desafiuzamentos de vivendas habituais e non contempla ningunha medida significativa de impulso do aluguer social.

O que di a Sentenza do TJUE xa é de obrigado cumprimento para os xuíces españois. Con todo, o texto do PP persiste na ilegalidade vulnerando os dereitos das afectadas e xerando indefensión. Nada se introduce para mellorar a regulación, ao contrario, reduce a un mes o prazo para alegar cláusulas abusivas imponse á afectada a obrigación de alegar as cláusulas e de advertir o inicio do prazo, cando o xuíz de oficio debe aprecialas, de acordo coa xurisprudencia do TJUE. Xa que logo, é persistir na vulneración dos dereitos fundamentais das afectadas.

As propostas do PP supoñen unha operación de maquillaxe dos decretos De Guindos e Antidesahucios, cuxo fracaso xa se constatou.

Deste xeito, o texto do Partido Popular aboca ao caos social, económico e xurídico ao país. Negar o dereito a unha segunda oportunidade supón o caos social porque serán miles de persoas as que crerán que non teñen solución posible á súa situación. As propostas do PP nos abocan ao caos económico, porque un país non poderá saír da crise, si os seus cidadáns non saen dela, condenados á economía mergullada e a exclusión social para sempre. E conlevarán caos xurídico, porque si o Estado non tutela os dereitos das persoas afectadas, estas buscarán unha solución en xulgados, opción que acabará por colapsalos.

A estratexia do Partido Popular das últimas semanas de criminalizar a campaña de escraches, reprimir aos participantes, e poñer toda a súa estrutura ao servizo da difamación da PAH e o seu portavoz Ada Colau mostra unha actitude profundamente antidemocrática e a decisión de pechar o debate é a proba de que a súa intención non era outra que desviar a atención sobre un debate que vai máis aló da ILP hipotecaria e que pon de manifesto que a cidadanía poboación deixou de confiar nun goberno ilexítimo para garantir os seus dereitos. Fronte ao acoso da banca e a complicidade do goberno, a cidadanía terá que organizarse e auto tutelar os seus dereitos a través de movementos cidadáns como a PAH.

A decisión do PP de pechar o debate sobre a reforma da lei hipotecaria, rexeitando as propostas da ILP, e sen contar con outros grupos políticos nin coa cidadanía, mostra un perigoso descoñecemento da realidade social. Son un insulto á democracia, e unha mostra de como o poder político se atopa subxugado polos intereses da banca. Unha banca que afundiu o sistema económico e levounos ata esta crise.

O xoves a proposta de lei sairá da comisión de economía e chegará ao Senado, onde os senadores, desde o noso punto de vista, teñen a obrigación moral, política e democrática de presentar enmendas e reabrir un debate que o Partido Popular quere finiquitar.

Desde a PAH sabemos que, como sociedade, non podemos permitirnos o luxo de tirar a toalla. Por iso, seguiremos presionando ata o día da votación para que se introduzan as medidas que efectivamente darían unha solución á sangría dos desafiuzamentos.

Si o PP insiste en sacar adiante un proxecto tan claramente insuficiente, as PAH seguiremos actuando para facer o que non fai o goberno: defender os dereitos da cidadanía poboación fronte aos abusos da banca. Seguiremos parando desafiuzamentos, actuaremos para forzar negociacións cos bancos e lograr dacións en pago, recuperaremos vivendas baleiras en mans das entidades financeiras e inundaremos os xulgados de escritos para solicitar a nulidade de procedementos xa executados. A ILP ofrece a posibilidade de non xudicializar o conflito e non colapsar os xulgados, pero si o PP non nos deixa máis remedio, faremos o que debamos para defender os dereitos humanos. Hai vidas en xogo, aínda que parece que ao Goberno do PP dálle igual.

Rescatemos persoas, non bancos

¡SI SE PODE!

17 de Abril de 2013

O grupo promotor está formado por:
CCOO, UGT, Taula do terceiro Sector, Observatori DESC, Confacv, e Plataforma de Afectados pola Hipoteca.

Fonte: http://afectadosporlahipoteca.com/


|||||||||||||||

sábado, 13 de abril de 2013

Afetad@s pola desidia do goberno do PP, na adxudicación de vivendas protexidas de Recimil, reclaman unha solución: Adxudicación e entrega das vivendas Xa!


O que xurdiu como unha proposta da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, e acordada na pasada Asemblea de persoas que figuran na listaxe definitiva para acceder a unha vivenda protexida de propiedade municipal do barrio de Recimil, concretouse hoxe en Ferrol.

Esta Acción consistiu nunha concentración diante do Pazo Municipal, para dirixir-se posteriormente ao rexistro, onde un grupo de persoas afectadas fixeron entrega da reclamación para que se lles adxudique e entreguen xa, algunha das vivendas municipais liberadas.

No mesmo rexistro entregou-se un escrito, onde se solicitou unha reunión de urxencia co Sr. Alcalde, José Manuel Rey Varela e co concelleiro e concelleira, responsábeis de patrimonio e benestar social. O obxectivo da reunión, sería para trasladar-lles as queixas e demandas da Rede. Á xuntanza asistiría unha Comisión de persoas afectadas, xurdida da Asemblea do pasado 10 de Abril de 2013, composta por Laura Luz, Rosa, Ada Luz e Estefanía que estarían acompañadas por membros da Rede de Apoio Mutuo, Elena e Francisco que foron elixidos hoxe, en Esteiro, na asemblea semanal ordinaria de Stop-Desafiuzamentos.

Para finalizar tivo lugar unha Asemblea onde  veciñas afectadas falaron da súa situación persoal e familiar, reclamando unha vivenda digna. Os medios de comunicación local están recollendo con interese esta loita social [*]. O drama persoal que están sufrindo moitas destas familias, converten esta loita no centro de preocupación e entrega dentro da Rede, o que require de moito compromiso e paciencia, por tod@s @s activistas e afectad@s.

Fotos: Susete'70.


[*] Noticias:
Os solicitantes dunha vivenda municipal en Ferrol colapsan o rexistro do Concello | O alcalde anuncia a entrega de pisos en Recimil «nos próximos días» | ROCÍO PITA PARADA FERROL 12/4/2013 19:20 h  [Ir á web]

As persoas en lista de espera para unha vivenda de Recimil esixen que se axilice a súa entrega | REDACCIÓN FERROL | Actualizado 12 Abril 2013 - 13:09 h. [Ir á web]

Os rostros da espera por Recimil | As familias que agardan por un piso reclamarán hoxe ao Concello a súa entrega | Rocío Pita Parada ferrol / a voz 12/4/2013 [Ir á web]

Solicitantes de pisos en Recimil levarán a súa protesta ao Concello | Presentarán escritos para forzar a súa entrega e acudirán ao pleno | Rocío Pita Parada / Ferrol / La voz 11/4/2013  [Ir á web]

Os solicitantes de pisos de Recimil presentarán reclamacións no Concello
REDACCIÓN FERROL | Actualizado 11 Abril 2013 - 01:40 h. [Ir á web]

Aumenta a presión para que se entreguen pisos baleiros en Recimil | O Concello asegura que non hai ningún en condicións de habitabilidade | Rocío Pita Parada / Ferrol / La voz 9/4/2013  [Ir á web]


Stop-Desafiuzamentos (Adherida ás PAHs) - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra/
|||||||||||||||||

xoves, 11 de abril de 2013

Stop Desahucios Compostela: URBAN Alkirá S.L., coñecida inmobiliaria de Compostela, corta a auga e a luz dunha parella de Brión, deixando sen fornezo (subministro) á familia, que ten un bebé de 20 meses

URBAN Alkirá S.L., coñecida inmobiliaria de Compostela, corta a auga e a luz dunha parella de Brión, deixando sen fornezo (subministro) á familia, que ten un bebé de 20 meses.

Definición de acoso inmobiliario: O acoso inmobiliario pode definirse como prácticas antisociais baseadas no acoso e o abuso para forzar que alguén abandone a súa casa, independientemente de que esta sexa propia ou arrendada. A picaresca e as artimañas son variadas: dende inducir a entrada de veciños perturbadores, á negativa do arrendador de cobrar a renda, pasando pola falta de hixiene e de mantemento da vivenda ou do edificio, con cortes nos suministros básicos de auga e luz. O obxectivo non é outro que desafiuzar ao arrendatario baixo unha falsa aparencia de legalidade, convencerlle para que el mesmo abandone a vivenda, ou minar a súa paciencia e integridade moral, prácticas todas elas constituíntes de fraude e delito.

Todo comeza en decembro, cando esta familia solicita unha vivenda de aluguer social a través de URBAN e o Instituto Galego dá Vivenda e Só. Cando a familia vai solicitar ao concello de Brión o certificado de empadroamento, atópanse con que non se lles pode empadronar nesa vivenda xa que a licenza de habitabilidade é dun aparthotel para maiores de 65 anos. Ante esta situación, Urban ofrécelles un contrato en "precario" (duración de 1 semana) noutra vivenda garantindo as mesmas condicións da anterior. A familia organiza a mudanza e pasa a vivir a unha 2ª vivenda. Tras dúas semanas nesta 2ª vivenda Urban failles chegar o novo contrato onde as condicións económicas practicamente duplícanse. Ante isto a familia quere volver á 1ª vivenda e atópanse coa cerradura da porta cambiada e un contrato aínda vixente. Ante as súas reclamacións, Urban fai caso omiso e dilles que ou o toman ou o deixan (a familia subsiste cun subsidio de 426€). O pasado martes Urban, sen previo aviso, corta o fornezo de electricidade e auga deixando á familia nunha situación de precariedade absoluta, ao carecer de suministros básicos para o desenvolvemento da vida cotiá, facendo gala de prácticas mafiosas co único fin de (obrigarlles a/forzárlles a) que abandonen a vivenda á que, por outra banda, teñen dereito ao abonar o prezo pactado por ela.

Onte, Stop Desahucios Compostela acompañou a esta familia a negociar con Urban e con un dos administradores: Vicente Matovelle Gómez, Carlos Matovelle Gómez ou Luis Matovelle Gómez, solicitándolles unha pequena prórroga neste 2º aluguer ata poder volver á 1ª vivenda e esixindo volver enganchar os suministros dado que hai un bebé nesa vivenda que precisa de enerxía eléctrica e auga para as súas necesidades básicas. O responsable de Urban negouse en redondo mostrando unha actitude de prepotencia ao máis puro estilo mafioso.

Hoxe, Stop Desahucios Compostela acompañoulles a diferentes organismos sen obter ningún resultado positivo. Sí conseguimos, coa intervención do Valedor do Pobo, que o concello de Brión lles empadronara na 1ª vivenda e resolvesen entre a administración local e Urban os desacordos en materia de licenzas, pero que non se permita que isto afecte a unha familia cun bebé ao seu cargo.

Á familia, a través da PAH, ofrecéuselle unha vivenda gratuita en Alacante, pero carecen de recursos para poder realizar o traslado dos seus enseres ata alí.

Venres 12 ás 12:00 concentrarémonos ante Urban (rúa Romero Donallo, 90 bajo) esixindo o cambio de cerradura da vivenda orixinal na que están empadronados e a entrega de chaves inmediata para que a familia poda trasladarse e ter subministros básicos. Así mesmo, gustaríanos aproveitar para denunciar públicamente as prácticas de acoso inmobiliario que moitas persoas padecen, agochadas baixo a aparencia da legalidade.

stopdesahucioscompostela@gmail.com
http://www.facebook.com/StopDesahuciosCompostela

||||||||||||||

mércores, 10 de abril de 2013

Afetad@s pola desidia do goberno local de Ferrol, na adxudicación de vivendas protexidas de Recimil, reclaman unha solución

SOLIDARIZATE E APOIA, ÁS PERSOAS AFECTADAS POLA DESIDIA DO GOBERNO MUNICIPAL DO PP FERROLÁN, NA ADXUDICACIÓN DAS VIVENDAS PROTEXIDAS DE RECIMIL, PARTICIPANDO ESTE VENRES 12 DE ABRIL, ÁS 11.30HS DIANTE DO CONCELLO DE FERROL.

Afetad@s pola desidia da Xunta de Goberno Local de Ferrol, na adxudicación de vivendas protexidas de Recimil, reclaman unha solución a súa situación de falta de vivenda.


O mércores 9 de abril, desde as 6 da tarde, tivo lugar unha Asemblea de persoas que figuran na listaxe definitiva para acceder a unha vivenda protexida de propiedade municipal do barrio de Recimil. No transcurso da Asemblea escoitaron-se testemuños de situacións dramáticas. Houbo un debate a fondo sobre o que estaba pasando coas vivendas de Recimil desde 2010.

Acordou-se presentar o vindeiro Venres 12 de Abril, ás 11:30hs, no rexistro do Concello a seguinte reclamación:

" ...

EXPOÑO:


Que por resolución da Xunta de Goberno Local, figuro na listaxe definitiva para acceder a unha vivenda protexida de propiedade municipal do barrio de Recimil, co nº___. Que sei que hai vivendas baleiras aptas para vivir que só necesitan sinxelas reformas ou reparacións. Que non se pode permitir que estean tapiando as vivendas baleiras e pola contra estas non se adxudiquen.  Que a miña situación económica segue sendo moi difícil e que necesito que se me adxudique unha vivenda sen demora.

SOLICITO:

Que teñan a ben atender esta reclamación e se me adxudique e entregue xa, algunha das vivendas baleiras protexidas de propiedade municipal do barrio de Recimil.

...
"

Ao tempo acordou-se nomear unha Comisión de persoas afectadas, acompañada por persoas da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra que soliciten unha reunión co Sr. Alcalde, José Manuel Rey Varela, para reclamar as nosas demandas.

Stop-Desafiuzamentos (Adherida ás PAHs) - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna,
da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra/
_____________________

Convenio sobre desafiuzamentos asinado entre o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX), a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP)


luns, 8 de abril de 2013

O "Plan de Oportunidades", as vivendas protexidas de Recimil e a Asemblea convocada por Stop-Desafiuzamentos

Desde hai días Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, está activando a reivindicación de entrega das vivendas protexidas de Recimil. Diante da reclamación de entrega dunha vivenda de emerxencia social ás persoas que quedaban desamparadas polos desafiuzamentos nos últimos meses, recibiamos sempre a mesma resposta: "non hai vivendas en Recimil en disposición para entregar". Os servizos sociais non dispoñen deste recurso para solucionar os problemas de grave emerxencia social. Mais o Alcalde en varias roldas de prensa, actos e mesmo cando presentou o seu "Plan de Oportunidades", facía mención a estas vivendas e daba cifras, mesmo falaba de orzamentos. Non sabemos onde van os orzamentos dispostos do pasado ano, nin que o que se está a facer cos deste. O único que sabemos é a resposta dos servizos sociais, de que eles só teñen os recursos que ofrecen. Os responsábeis políticos unha vez máis, ou menten ou son uns irresponsábeis. Non só non son capaces de adecuar unhas poucas vivendas para emerxencia social, senón que non teñen pensado dar resposta ás necesidades de 116 persoas con escasos recursos, que están á espera de que se lles entregue unha vivenda protexida en Recimil desde o pasado mes de Xullo, que foi cando se publicaron as listas definitivas de persoas que reúnen os requisitos para ser adxudicatarias.

Desde as nosa filas teñen-se entregado chaves ao Concello de vivendas aptas para vivir, mais o Concello o que fixo foi tapiar as vivendas que se lle entregan ou que atopa deshabitadas. O sistema é: previa visita da policía para comprobar se vive alguén na vivenda, chegan un par de operarios no nome do Concello, retiran a manilla da porta e a tapian con tixolo e logo pintan de marrón escuro. A pasada semana xa ían máis de 60 vivendas tapiadas. Mentres a xente está sen vivenda o Concello dedicase a tapialas. Que é o que está pasando?

Diante desta situación Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, comezou unha actividade de localización e contacto coas persoas que figuran na lista de espera, para activar unha campaña de demanda aos responsábeis municipais, para que poñan a disposición das persoas afectadas as vivendas protexidas de Recimil xa.

Nunha Asemblea previa celebrada a finais de marzo, en Esteiro, acordou-se convocar unha nova Asemblea de persoas afectadas, co noso apoio, coa intención de definir xa unha serie de accións encamiñadas a conseguir os citados obxectivos dunha morada onde poder vivir.

A citada Asemblea terá lugar o vindeiro Mércores, 10 de Abril, ás 6 da tarde, no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño.

Ferrol, a 7 de Abril de 2013

Stop-Desafiuzamentos (Adherida ás PAHs) - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna,
da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra/

_____________________

venres, 5 de abril de 2013

Venres, 5 de Abril, en Esteiro, xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna

Este Venres, 5 de Abril, en Esteiro, xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos de Ferrol Terra

Unha nova xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, para quen quixer participar.

Día: Venres, 5 de Abril.
Hora: Ás 17:00hs (5 da tarde).
Lugar: En Esteiro no local da asociación veciñal.

Obxectivos: Información e debate sobre as últimas accións. Información sobre a apertura dos expedientes de novos casos e casos pendentes. Continuar coa campaña para contactar coas persoas que están en lista de espera para acceder a unha vivenda municipal do barrio de Recimil. Informar e tomar decisión sobre a Campaña: "Hai vidas en Xogo" das PAHs. Configurar a coordenación a nivel galego. Definir a acción social da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.

Orde do día:

  1.  Información sobre o asunto de Ana e os seus dous fillos. Xestións e Accións.
  2. Información e toma de decisións sobre os casos pendentes e novos casos. Elaboración do protocolo de actuación e confección de expedientes.
  3. Información e toma de decisións sobre a campaña vivenda xa para as persoas da lista de espera para poder acceder a unha das vivendas protexidas de Recimil, de propiedade municipal.
  4. Informar e tomar decisións sobre a Campaña: "Hai vidas en Xogo" das PAHs.
  5. A coordenación a nivel galego.
  6. A acción social da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra: Banco de Alimentos, ... vivendas.
  7. Outros asuntos que houber, propostas, rogos e preguntas.
Lembra, non faltes á xuntanza aberta deste Venres 5 de Abril, necesitamos a túa colaboración e axuda. Participa na Rede de Apoio Mutuo.

Blogue
:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra/

|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||