xoves, 18 de abril de 2013

Comunicado do grupo promotor da ILP: Non é a nosa ILP - Non no noso nome - 18 de Abril de 2013

Comunicado do grupo promotor da ILP:
Non é a nosa ILP.
Non no noso nome
.

Coñecida a posición do Partido Popular no relatorio de impulsar en solitario o seu proxecto de lei, as entidades promotoras da ILP decidiron retirala porque non recolle o contido do texto presentado no congreso.

As entidades promotoras da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) pola dación en pago retroactiva, a paralización dos desafiuzamentos e o aluguer social denuncian a vontade do Partido Popular de aproveitar a tramitación parlamentaria da ILP para desvirtuar as propostas desta iniciativa cidadá.

A proposta de "medidas urxentes para reforzar a protección ás debedoras hipotecarios, reestruturación de débeda e aluguer social" descoñece as lexítimas pretensións da ILP: dación en pago retroactiva; paralización dos desafiuzamentos que afecten a vivendas habituais de debedoras hipotecarias e a posibilidade de que as persoas afectadas poidan permanecer nas súas vivendas en réxime de aluguer social.

A proposta do PP supón unha burla aos intereses das persoas afectadas por procesos de execución hipotecaria e á sociedade no seu conxunto. Unha vez máis, a efectividade do dereito a unha vivenda digna consagrado na Constitución Española e en numerosos tratados internacionais de dereitos humanos ratificados polo Estado Español, queda supeditado aos intereses das entidades financeiras.

Pese á aceptación a trámite parlamentario da ILP, o PP, descoñecendo o masivo apoio social á proposta, elimina todo rastro da ILP pola dación en pago. Co seu proxecto de Lei, o PP non resolve o problema social da débeda hipotecaria (nin dos que xa foron desafiuzados nin dos que o serán no futuro). Miles de cidadáns continuarán perdendo a vivenda e continuarán endebedados coas entidades financeiras, perpetuándose a inxustiza da lexislación hipotecaria española.

Mentres que a ILP permitía liberar ás familias da condena financeira e facilitaba o seu acceso, en réxime de aluguer social, ás vivendas baleiras propiedade das entidades financeiras. Unhas medidas que permitían mitigar de xeito decisivo os efectos sociais máis dramáticos da crise económica actual. A reforma do PP seguirá condenando á pobreza e á exclusión social por centos de miles de persoas.

Por todo iso, as entidades promotoras da Iniciativa Legislativa Popular (ILP) pola dación en pago retroactiva, a paralización dos desafiuzamentos e o aluguer social, decidimos retirala e poñer en evidencia que o proxecto de lei do PP supón o rexeitamento á ILP que se presentou no Congreso.

O grupo promotor está formado por CCOO, UGT, Observatorio DESC, Taula do Terceiro Sector, Confavc e Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca.

18 de Abil de 2013

#ExigimosNuestraILP

Comunicado: O PP despexa a ILP.

Fonte: http://afectadosporlahipoteca.com/

||||||||||||