domingo, 29 de setembro de 2013

STOP-Desafiuzamentos d'A Coruña convoca Asemblea de Atectadxs pola Hipotdeca e Aluguer, o Sábado, 5 de Outubro


As compañeiras e compañeiros d'A coruña, convocan Asemblea Aberta o vindeiro Sábado 5 de Outubro. Desde Ferrol Terra, axudamos a difundir esta convocatoria, Saúde!

STOP DESAFIUZAMENTOS D'A CORUÑA
O DÍA 5 DE OUTUBRO -  ASAMBLEA AFECTADXS HIPOTECA e ALUGUER

Posto que nos últimos tempos son cada vez máis as persoas que acoden a nós na procura de axuda ante a ameaza de quedaren sen vivenda, dende STOP Desafiuzamentos A Coruña decidimos abrir un espazo de asesoría colectiva coma os que xa están a funcionar noutras comarcas galegas e tamén en moitas cidades do Estado español.

Así, convidamos a tódalas persoas afectadas por situacións de desafiuzamento á asemblea que imos facer o vindeiro sábado 5 de Outubro na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (R/ Olmos 16), ás 11:00hrs.

Con este encontro o que procuramos é reunir á xente ameazada por procedementos de desafiuzamento, compartir información sobre como facer fronte a esas ameazas, xerar un acompañamento afectivo ás persoas afectadas e pensarmos conxuntamente accións de denuncia colectiva desta situación.

A nosa intención é realizar estas asembleas periodicamente, para deste xeito fomentar a autoorganización e combater a sensación de vergoña que moitas veces invade ás persoas que, malia a seren vítimas da violencia estrutural, demasiado a miúdo optan por cargar con este abuso na súa intimidade.

Ca realización destas asembleas colectivas queremos tamén axudar a visibilizar que no contexto socioeconómico actual as situacións de desafiuzamento non se poden vincular estritamente á mala sorte ou a unha mala praxe persoal, senón que na maioría dos casos estamos ante exemplos persoais dun problema que xa é social e, polo tanto, contra o que cómpre loitar colectivamente.

Correo-e:
desahucios.coruna@gmail.com

Blogue:
http://stopdesahuciosacoruna.blogspot.com.es/

Facebook:
https://www.facebook.com/pages/STOP-DESAHUCIOS-A-CORU%C3%91A/216065495111451

Twiter:
https://twitter.com/Desahuciocoruna



||||||||||||||||

sábado, 28 de setembro de 2013

Distintas plataformas de STOP Desafiuzamentos e P.A.H. nos reunimos no Parlamento Galego - Unirse nun "Foro Social Galego"

Hoxe unha representación de distintas plataformas de STOP Desafiuzamentos e P.A.H. nos reunimos no Parlamento Galego en Santiago, co grupo político de ANOVA, na que estivo o seu portavoz Xosé Manuel Beiras.

A reunión foi distendida e houbo intervencions de tódalas plataformas, alí representadas, expoñendo o que nos atopamos no diaa dia nos desafiuzamentos e falando como non do obxecto principal da reunión "A posibilidade de impulsar unha ILP en Galicia" en materia da problemática social dos desafiuzamentos.

Hai un borrador feito que se quedou de seguir traballando ate chegar a aúa aprobación polas plataformas.Este borrador recolle revindicacións históricas do movemento en canto afiuzamentos. Falouse tamén de tomar como base e aproveitar cousas da Lei sobre desafiuzamentos impulsada polo goberno de Andalucia. Os alí asistentes con maior ou menor optimismo en canto verse cumplidos os obxectivos da ILP xa que no Parlamento ten maioria o PP, vimos a necesidade de impulsala e enfrentala., pois a cidadania co seu apoio lle marcaria o camiño ao PP decindo "non nos vale o teu maquillaxe, nin as tuas reformas" boicoteachedes a ILP anivel do Estado pero agora as Autonomias poden mover ficha por camiños moito máis axeitados coma en Andalucia e posiblemente en Navarra e Canarias, e outras como Galicia e Cataluña que estamos a tentar de seguir liñas semellantes.

Beiras comprometeuse que chegado o momento, se decidimos impulsar una ILP para Galicia que contariamos co apoio da súa formación para acadar as sinaturas. Beiras tamén falou de puntos interesantes coma a posibilidade da ILP xogar a dúas bandas unha para o Parlamento Galego e outra como proposición do Parlamento Galego ao Parlamento Español. Outro punto interesante aportado por Beiras foi a necesidade de unión de distintas plataformas sociais P.A.H.; os das preferentes, plataforma pola sanidade pública, plataforma polo ensino público etc.. unirse nun "Foro Social Galego" para facer frente común e darlle maior eficacia a loitas que agora se fan por separado.

Publicado en https://www.facebook.com/groups/pahsdvga/ por https://www.facebook.com/galo.vermello.

|||||||||||||||||

venres, 27 de setembro de 2013

Aprobación da Lei sobre a función social da vivenda en Andalucía coas achegas da PAH

A lei recolle de novo a expropiación temporal do uso da vivenda aos bancos en casos nos que haxa risco de exclusión social ampliado a avalistas e autónomos.

Acábase de aprobar no Parlamento Andaluz a Lei da Función Social da Vivenda con medidas solicitadas no seu momento por este colectivo, e agora con novas achegas da PAH. Esta norma recolle as medidas do Decreto Lei da Función Social da Vivenda que se aprobou en abril, recorrido polo PP ante o Tribunal Constitucional (TC), e como novidade aproba entre outras, a nosa alegación de ampliación da cobertura aos avalistas.

En abril de 2012 a Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca a través da PAH de Málaga solicitou unha medida valente a Esquerda Unida (IU) para promover unha norma que apoiase ás familias ante as súas dificultades de vivenda dentro do marco autonómico coa expropiación da cesión de uso de vivenda en casos de desafiuzamentos.

Desde entón o Goberno andaluz, a través da Consellería de Vivenda, ha lexislado primeiro co Decreto Lei da Función Social da Vivenda de Abril chamado “antidesafiuzamentos” recollendo dita medida e facendo fincapé por primeira vez no dereito constitucional a unha vivenda ao decretar a función social da propiedade. Posteriormente, no mes de xuño, o Parlamento Andaluz invitounos formalmente a comparecer para intervir de novo institucionalmente na tramitación desta nova Lei.

A Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca se congratula de que se desenvolveu unha Lei que mellora a situación dos cidadáns hipotecados en proceso de desafiuzamento, que favorece o uso habitacional do parque de vivendas si son obxecto de especulación por parte de Bancos e outras corporacións dando un paso adiante para considerar que a vivenda ten unha función social e é un dereito máis aló dunha propiedade.

É do noso interese facer saber á cidadanía da importancia desta Lei para facer valer o Dereito á Vivenda, e instamos ao Goberno andaluz a que configure as consellerías afectadas dotándoas dos recursos necesarios para que se desenvolva solidamente. Esperamos que este instrumento lexislativo axude a paliar as dificultades de vivenda dos andaluces, que se acrecentan polo abuso durante todos estes anos por parte das entidades financeiras. Estes abusos impídennos o desenvolvemento como individuos e como sociedade.

Esta Lei é unha demostración de que Si Se Pode!. É unha intervención institucional das persoas desde abaixo auto-organizadas. Esperamos que sirva como precedente para que o resto de autonomías vaian máis aló.

Nestes momentos diferentes comunidades autónomas como Navarra ou Canarias están tamén lexislando nesta dirección, e outras están en preparación.

No entanto, tamén queremos resaltar como esta lei deixa fóra ás miles de familias. Actualmente en Andalucía hai moitas familias que están realoxándose en vivendas baleiras e que seguen á marxe da lei sufrindo máis aló da falta de vivenda e a persecución xudicial ante unha vulneración sistemática dos dereitos humanos. A  pesar de que o Estado non cumpre coa prerrogativas constitucionais de garantir vivenda ao seu cidadáns e da existencia dun parque de vivendas no mercado especulativo da propiedade, (unha situación inadmisible tratándose ademais de vivendas de bancos rescatados con diñeiro público), a Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca si traballa día a día por garantir este dereito.

27 de Setembro de 2013 - Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca

|||||||||||||||||

venres, 6 de setembro de 2013

Acción estatal das PAHs na financeira UCI do Banco Santander


Hoxe as PAHs de todo o territorio estatal -Valencia, Hortasud, Morvedre, Badía, Mallorca, León, Barcelona, Granollers, Alt Penedés, Badalona, Tarrasa, Figueres (Girona), A Rioja, Toledo, Segovia, Lanzarote, Madrid, Xixón, Gran Canaria, Sevilla, Malaga, Huelva, Almería, Granada, Córdoba, Talavera da raíña, Zaragoza, ...- iniciaron unha campaña de información á opinión pública sobre quen é UCI (Unión de Créditos Inmobiliarios, pertencente ao Grupo Santander).

UCI é a "liña de hipotecas lixo" do banco Santander. Nos anos de éxtases inmobiliario, o Grupo Santander derivaba a esta entidade aqueles préstamos de alto risco, ben pola precariedade dos hipotecantes, ben polo escaso valor do ben hipotecado, aplicando unhas condicións na concesión do préstamo moi por encima das do mercado (diferencias superiores á media, prazos máis prolongados, taxacións claramente infladas, etc.). Tanto é así, que UCI era coñecida nestes ambientes como "A Unión de Créditos Imposibles", aludindo a que cando un préstamo, refinanciación ou reunificación de préstamos era inviable para a maioría das entidades, UCI aprobaba a operación. Tralo silencio do Grupo Santander escóndese a necesidade de tapar e ocultar prácticas bancarias que nada teñen que ver co que as súas campañas publicitarias e de captación de clientes queren facer chegar ao gran público.
A través desta campaña estatal as PAHs esiximos interlocutores válidos capaces de tomar decisións como:
  • Dacións en pago con extinción total de débeda. O afectado unha vez que entrega a vivenda.
  • Desaparece toda a débeda contraida e será UCI/Credifimo quen se fagan cargo de todos os gastos de plusvalías.
  • Quitas que verdadeiramente poidan garantir a vida do préstamo en casos de reestruturación.
  • Condonacións da débeda e non só dunha parte da mesma.
  • Nos casos en que se solicite Aluguer Social este ha de ser por un período mínimo de 5 anos, prorrogable a outros 5 anos.
As PAHs tamén denunciamos que Unión de Créditos Inmobiliarios inclúe cláusulas abusivas nas hipotecas que concedeu, que forzan a firma de avales e que intentan penalizar economicamente aos seus clientes, é dicir, realizaron e seguen realizando prácticas que consideramos raian a usura e estáfaa cos seus clientes, co beneplácito do Grupo Santander.

Esperamos que articulen algún mecanismo de negociación cun interlocutor válido, para chegar a unha resolución satisfactoria de todos os casos de familias que acudiron á Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca, como se está facendo con outras entidades.

A PAH tamén iniciou unha campaña de envío masivo de mails a Banco Santander para que cese a vulneración de dereitos fundamentais. Campaña aquí.

Manifesto da acción
Manifesto UCI

06.09.2013 - PHAs Estatal

||||||||||||||||||