xoves, 19 de decembro de 2013

Publicado o informe 'Emerxencia habitacional no estado español: a crise das execucións hipotecarias e os desaloxos desde unha perspectiva de dereitos humanos' - Vídeos de interese

Desde Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra queremos facervos chegar o informe "Emerxencia habitacional no estado español: a crise das execucións hipotecarias e os desaloxos desde unha perspectiva de dereitos humanos" con datos inéditos sobre as execucións hipotecarias. O "Informe" está elaborado polo Observatorio DESC [*], en colaboración coa Plataforma de Afectados pola Hipoteca de Barcelona (PAH) e que foi presentado o pasado martes, 17 de Decembro de 2013.

Este informe publicado este mes de Decembro de 2013, mostra o resultado das 11.561 enquisas realizadas a persoas afectadas que contactaron coas PAHs durante os últimos dous anos, e "é o primeiro informe de ámbito estatal que recolle os datos de como afectan as execucións hipotecarias á saúde, ou cales son as entidades que máis executan".

Este informe analiza a situación de emerxencia habitacional que existe no conxunto do territorio baixo a administración do Estado Español desde unha perspectiva de dereitos humanos. "En concreto, estúdase a regulación das execucións hipotecarias e dos desafiuzamentos a partir dos compromisos xurídicos adquiridos polas administracións públicas e o impacto concreto que supón esta problemática para as familias afectadas".

"O estudo analiza, en primeiro término, a función do dereito a unha vivenda digna e da prohibición de desafiuzamentos arbitrarios no sistema constitucional español, no dereito internacional dos dereitos humanos e á Unión Europea. En segundo lugar, ofrece datos sobre o comportamento das entidades financeiras e sobre o impacto da problemática nas familias a partir de 11.561 enquisas realizadas. Nun terceiro capítulo, para visibilizar as consecuencias na vida concreta das persoas, o informe incorpora catro entrevistas en profundidade a persoas afectadas. O informe conclúe cun breve capítulo de conclusións e recomendacións dirixidas aos poderes públicos".

A Plataforma de Afectados pola Hipoteca e o Observatorio DESC foron das primeiras entidades que, xa en febreiro do 2009, alertaron da gravidade da problemática. Desde entón levan denunciando reiteradamente a carencia de datos oficiais que permitan entender o alcance da vulneración de dereitos fundamentais que supón a lexislación española en materia de vivenda. Así mesmo, esta carencia de información tamén imposibilita orientar axeitadamente as políticas públicas. É por iso que as dúas entidades fixeron un grande esforzo para recoller datos estatísticos.

Vídeos de interese:


Informe Observatorio DESC/PAH - Urxencia habitacional en España. Impactos do modelo inmobiliario-financeiro español
do Observatori DESC en Vimeo.
Nun 70% dos casos o non pago da hipoteca obedece á perda de emprego.


Informe Observatorio DESC/PAH - Urxencia habitacional en España. Impactos das ejecuciones hipotecarias na infancia
do Observatori DESC en Vimeo.
70% das familias desaloxadas tiñan polo menos un menor de idade.


Informe Observatorio DESC/PAH - Urxencia habitacional en España. Impactos das ejecuciones hipotecarias na saúde
do Observatori DESC en Vimeo.
Un 77% das persoas afectadas afirma sufrir un nivel de ansiedade alto ou moi alto.

INFORME
  • TITULO: "Emerxencia habitacional no Estado Español: A crise das execucións hipotecarias e os desaloxos desde unha perspectiva de dereitos humanos".
  • DATA DE PUBLICACIÓN: Decembro de 2013.
  • COORDINACIÓN: Vanesa Valiño
  • EQUIPO DE REDACCIÓN: Adrià Alemany, Ada Colau, Irene Escorihuela, Agustín Odonia, Mercè Pidemont, Gerardo Pisarello e Sílvia Vernia Trillo.
  • COORDINACIÓN DE SECCIÓN ESTATÍSTICA: Pablo Simón Cosano.
  • REALIZACIÓN ENTREVISTAS: Mònica Clua i Mariona Ferrer Fons.
  • DESEÑO E MAQUETACIÓN: Águeda Bañón.
  • FOTOGRAFÍAS: Albert García e Wikimedia
  • IMPRESIÓN: Reial Cor.
  • ELABORACIÓN DO VÍDEO: Pau Faus, Ivan Domínguez, Xavi Andreu i Silvia González Laá
  • LICENZA: Ceative Commons.
  • Fe de erratas: a entidade rescatada con diñeiro público á que se fai referencia na páxina 139 non é Caixa Bank, senón Catalunya Caixa.
Para descarga o informe neste enlace na web das PAHs:
http://afectadosporlahipoteca.com/wp-content/uploads/2013/12/2013-Informe_habtitatge-17Dic.pdf

[*] O Observatorio DESC (L'Observatori DESC) é unha plataforma catalana de entidades e persoas creada en 1998 co obxectivo de mostrar que tanto os dereitos civís e políticos- dereito á liberdade de expresión, á vida, ao voto, etc- como os dereitos económicos, sociais, culturais e ambientais - dereito á vivenda, ao traballo, na educación, á saúde, á alimentación - son dereitos fundamentais de todas as persoas.

Sitio web do Observatorio DESC:
http://observatoridesc.org/

Sitio web das PAHs:
http://afectadosporlahipoteca.com/

Canle das PAHs:
http://bambuser.com/channel/LA_PAH
________________