xoves, 24 de xullo de 2014

Ante a nova sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, sobre a modificación lexislativa hipotecaria española, ás PAHs, esixen a aplicación inmediata das medidas da ILP

Nova sentenza do TJUE: a PAH esixe a aplicación inmediata das medidas da ILP

O pasado venres, o TXUE ditou unha nova sentenza que volve poñer en evidencia ao goberno español. O TXUE establece que a actual lexislación hipotecaria viola os dereitos fundamentais das persoas, e deixa ao debedor hipotecario nunha situación de desigualdade e indefensión. A sentenza obriga, de novo, ao goberno do PP a modificar a lexislación, neste caso a Lei de Enxuizamento Civil.

Esta sentenza coincide co motivo 5º do Recurso de inconstitucionalidade redactado pola PAH contra a Lei 1/2013 que denunciaba a violación dos artigos 14 e 24 da Constitución española de 1978 : "Todos somos iguais ante a lei, todos temos dereito a tutela efectiva dos xuíces e tribunais, sen que poida producirse indefensión".

Xa que logo, e como advertía a PAH, a lei do PP é ilegal e vulnera os dereitos humanos. Unha nova vitoria da cidadanía organizada que volve deixar ao goberno do PP e á banca criminal en evidencia.

Todos estes pasos non se produciron sen o traballo continuado e solidario de miles de persoas que se deixaron a pel desinteresadamente, sen as campañas de desobediencia civil que permitiron a autotutela dos nosos dereitos en momentos límite e sen o apoio incontestábel do conxunto da poboación que recolleu a PAH durante os últimos anos. Sen a forte mobilización social organizada en torno aos desafiuzamentos e as execucións hipotecarias tampouco fose posible que os estamentos xudiciais situásense a favor dos DDHH.

Fai xa máis dun ano que a PAH presentou unha Iniciativa Lexislativa Popular, avalada por case un millón e medio de firmas. Quen realmente queiran terminar cos desafiuzamentos e garantir o dereito á vivenda só deben escoitar as demandas da cidadanía que durante os últimos anos non só fixo propostas lexislativas, senón que as defendeu día a día xogándose incluso a súa integridade física, parando desafiuzamentos, arrincando dacións e alugueres sociais aos bancos e denunciando aos responsables do sufrimento de miles de familias a través da campaña de escraches. Mentres tanto a única resposta do goberno foi menosprezar o clamor da rúa, culpabilizar ás vítimas desta estafa, multar aos que se manifestaban pacificamente denunciando aos culpables e agredir ás persoas que se concentraban nas portas das casas para impedir uns desafiuzamentos que, ademais de ilexítimos, son ilegais. Como repetimos desde fai 5 anos, cando se producen violacións de DDHH, desobedecer as leis inxustas e sinalar aos responsables políticos que as redactan e aplican convértese nun deber de toda a cidadanía.

Tras este novo varapalo xudicial, ao goberno do Partido Popular non lle queda outra opción que aprobar as medidas que a PAH vén demandando a través da ILP: paralización dos desafiuzamentos, dación en pago retroactiva e aluguer social das vivendas baleiras en mans dos bancos. Trátase de algo moi sinxelo, dar unha solución rápida, efectiva e posible á situación de urxencia habitacional que vive a nosa sociedade.

Non é o momento de volver andar un camiño xa percorrido. É o momento de facer cumprir por parte dos representantes políticos un mandato claro e conciso. As Plataformas de Afectados pola hipoteca esixe, a todos e a cada un dos partidos que se sintan defensores dos DDHH e da democracia, que lexislen pola vía de urxencia a ILP da PAH e garántase, dunha vez por todas, o dereito a unha vivenda no noso país. Trátase dunhas medidas de mínimos, de sentido común e que están avaladas por unha esmágante maioría social.

Para rematar, e en aplicación da sentenza do TXUE, esiximos que se paralicen todos os procesos de execución hipotecaria en curso ata que se modifiquen as leis vixentes para adaptalas a unha normativa acorde cos dereitos humanos.

A cidadanía manda e os gobernos teñen que obedecer

Vainos a vida niso

Enviado polas PAHs o 24 de julho de 2014 10:07

|||||||||||||||||||