mércores, 30 de marzo de 2016

Fondos Voitre - Sentencia do Xulgado de 1ºInst. número 2 de Ribeira


Fondos Voitre - Sentencia do Xulgado número 2 de Ribeira

A Plataforma "Stop Desafiuzamentos" do Barbanza desexa manifestar a súa satisfacción pública pola valentía da xuíza do Xulgado número 2 de Ribeira, ao ditar unha sentenza favorable para unha familia da Pobra do Caramiñal que acudira, no seu momento, en busca de axuda e asesoramento á Plataforma. Na Sentenza, que se achega, pódese observar como o Xulgado falla estimando a demanda formulada por D. Alfonso Sayáns e a súa esposa, da Pobra, contra o fondo voitre "TTI Finance", que é unha das empresas estranxeiras utilizadas como sociedades instrumentais por parte dalgunhas entidades financeiras, neste caso por parte do Banco Popular Español. A Sentenza declara extinguido o crédito e conseguintemente a débeda que a entidade financeira, e agora o fondo voitre, reclamaba á familia.

O Banco Popular Español reclamaba á familia da Pobra uns 41.844,71 euros, por un préstamo. Este foi cedido, por parte do Grupo Banco Popular Pastor ao fondo voitre TTI FINANCE por un importe moi superior que equivalería ao 3% do importe reclamado, concretamente por uns 1.238,52 euros. Co cal este FONDO VOITRE adquiriu o crédito a un prezo moi inferior ás cantidades pendentes de pago. Quedando acreditado o FIN LUCRATIVO da adquisición por parte dese fondo voitre. Un negocio que fan co DIÑEIRO DE TODOS e do que sacan partido os INVERSORES OPORTUNISTAS E ESPABILADOS MOITÍSIMO DIÑEIRO a costa de facerse coas propiedades de familias humildes do noso país.

"Stop Desafiuzamentos" do Barbanza recoñece o excelente traballo do avogado ribeirense, Manuel Deus Crujeiras así como o informe económico presentado por parte do perito e auditor de contas, Xullo César Calvo.

Desde a Plataforma "Stop Desafiuzamentos" recoñécese que España é un PARAÍSO para eses FONDOS VOITRE e o Banco de España así como o goberno segue consentindo que certas entidades financeiras CEDEN Os PRÉSTAMOS en favor de certas entidades estranxeiras (fondos voitre) que se dedican ao "recobro de todo tipo de créditos, débedas e efectos impagados". O fillo de Aznar, ex presidente do goberno, é un dos xestores e comercializadores deste tipo de activos tóxicos, reportándolle grandes comisións a costa dos bens de familias humildes.

21 de Marzo de 2016

Saúdos cordiais.
José Manuel Pena

Plataforma "Stop Desafiuzamentos" Barbanza

Sentencia 00032/2016 do Xulgado de 1ºInst. nº2 de Ribeira en formato pdf. | Acceder/Baixar.

|||||||||||||||||||