venres, 18 de novembro de 2016

Solidariedade con Sandra, non aos abusos bancarios, non a arbitrariedade xudicial - Concentración diante da Audiencia Provincial da Coruña



Desde Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, sómamo-nos aos colectivos de Stop Desafiuzamentos e as PAHs da Galiza que se mobilizaron en solidariedade coa compañeira Sandra e a súa familia, unhas vítimas máis da impunidade da Banca e da inxusta lexislación española en materia hipotecaria e bancaria. Na na Audiencia Provincial da Coruña tivo lugar a concentración solidaria e reivindicativa, este venres 18 de Novembro, contra abusos bancarios e a arbitrariedade xudicial, demandando que se apliquen as resolucións do Tribunal de Xustiza da Unión Europea que en reiteradas ocasión ven resolvendo contra os privilexios que a lexislación española concede á Banca, diante ás persoas do común, á hora de acceder a un préstamo hipotecario.

Na concentración, convocada por Stop-Desafiuzamentos d'A Coruña, contamos coa presencia da compañeira Maite Ortiz e o compañeiro José María Erauskin, avodad@ de Stop-Desafiuzamentos de Guipuzkoa, persoas solidarias e doutros colectivos sociais, o alcalde d'A Coruña, e representantes políticos da esquerda.

"O titular do xulgado de primeira instancia número 11 de A Coruña, ditou sentenza no caso da nosa compañeira Sandra, declarando que o mellor para ela é que a desafiúcen, saltándose así toda a doutrina do TXUE, que é de obrigado cumprimento para os Estados membros", ... manifestan desde Stop-Desafiuzamentos d'A Coruña.

E seguen argumentando: "A pesares de que a doutrina do Tribunal de Xustiza da Unión Europea di que a cláusula de Vencemento Anticipado, que permite as entidades financeiras reclamar, pola falta de pagamento dalgunhas cotas da hipoteca a totalidade da débeda pendente é abusiva, ten que ser declarada nula e, polo tanto, débese arquivar o procedemento de execución hipotecaria para así disuadir os bancos de incluír cláusulas abusivas nos seus contratos, desgraciadamente non soe ser así nos xulgados da Coruña, namentres que noutros xulgados de Galicia e España isto non acontece". 

E denuncian que "os xuíces da Coruña non so non aplican esta doutrina, senón que deciden polos afectados, dicindo que o procedemento executivo, nestas circunstancias declarado ilegal pola xustiza europea, é o mellor para eles. Este é o caso das nosas compañeiras Magdalena, Pablo, Lola, Sandra e Aurelia", da PAH de Ferrol e Comarca.

As xestións da plataforma anti-desafiuzamentos ante o Xuíz Decano Luís Pérez Merino, para denunciar esta situación, non conseguiron que este actuara.

Por último denuncian que "os xuíces desta provincia non só están a deixar desprotexidos aos afectados, se non que deciden por eles sen lles preguntar, inclinando así, unha vez máis, a balanza a favor da banca, en vez de lles ofertar aos afectados unha alternativa menos traumática que perder a súa vivenda".

Moi ben tratada a nova no xornal "Praza Pública":

Un xuíz ordena executar un desafiuzamento na Coruña por ser "o mellor" para a afectada. | Un xuíz da Coruña ordenou que continúe o proceso que acabará co desafiuzamento dunha muller por parte dunha entidade bancaria por considerar que é "o mellor" para ela. O polémico auto do maxistrado do xulgado de primeira instancia número 11 da Coruña, César Gozález, ditaminou a favor de que siga o procedemento de execución de desaloxo desta veciña ao considerar que ten vantaxes para ela malia considerar abusivo o contrato do banco. | 18.11.2016 | Ir á Web.

A nova en La SextaTV. | Ir á Web.

Foto da Marea Atlántica.

Web do Tribunal de Xustixa da Union Europea. | Ir á Web.

||||||||||||||||||||