mércores, 15 de marzo de 2017

Paralizado desafiuzamento en Caranza - A solidariedade fixo-se presente nas inmediacións da vivenda de Verónica



Hoxe, mércores 15 de marzo ás 10:45hs, estaba previsto o desafiuzamento de Verónica e os seus dous fillos menores, no barrio ferrolán de Caranza, na rúa Cádiz (As Verdes). Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo e a PAH de Ferrol e Comarca, convocamos unha acción de apoio, para impedir o desafiuzamento até conseguir unha alternativa residencial que despois de tres meses de intentos, papeis e intentar facer valer as súas propias normativas e medidas que din que teñen para evitar que a xente, sen recursos económicos se quede sen teito, non deron chegado. Nunha cidade que se declarou en decembro do ano 2015 libre de desafiuzamentos. Hai desidia na nas administracións
A falta de recursos económicos levaron a Verónica a non poder facer frente aos recibos de alugueiro e aos subministros básicos. Rematado o subsidio de desemprego que dou sen un mínimo de ingresos. só coa pensión de manutención do seu fillo maior.

Hoxe a primeira hora da tarde estivemos coa Concelleira, Saínza Ruíz, e se comprometeu a facilitar esa alternativa en Recimil, cunha vivenda de emerxencia, se a Xunta non solucionaba.

Se podes acompaña-nos mañá.

Por unha Vivenda Digna e Adecuada!

|||||||||||||||||