luns, 8 de maio de 2017

Na rúa pola Lei de Vivenda (Estatal) da PAH, a lei de todas - A PAH realizou unhas marchas en Barcelona e Valencia xunto con toda unha pluralidade de movementos sociais


SOBRE A LEI DA VIVENDA ESTATAL

Na rúa pola Lei de Vivenda PAH, a lei de todas


O pasado sábado 6 de maio a PAH realizou unhas marchas en Barcelona e Valencia xunto con toda unha pluralidade de movementos sociais a favor da Lei de Vivenda da PAH: un texto de lei presentado o pasado 22 de marzo que contén medidas para acabar cos desafiuzamentos e os cortes de auga, luz e gas que a día de hoxe continúan sufrindo moitas familias. Ademais aproveitamos o momento para lanzar un vídeo de campaña que explica as nosas demandas.

Esta acción deu continuidade a marchas xa realizadas en Pamplona e Alacante, as cales conseguiron realizarse con máis de corenta colectivos diferentes sendo punta de lanza en esixir que se lexisle a Lei de Vivenda PAH para acabar cos desafiuzamentos, as débedas para sempre, ampliar o parque público de vivenda, garantir os subministros e reformar a lei de alugueiros para que vivir de alugueiro sexa unha opción estábel, segura e accesíbel.

O texto de lei que defendemos é de todas aquelas que estamos loitando desde diferentes frontes e colectivos por garantir o noso dereito a teito. Unha proposta de lei que se quere ganadora e plural na conquista do dereito á vivenda. E co obxectivo de solicitar o máximo de apoios posíbeis e de dar a coñecer as nosas propostas, levamos máis de dous meses en rúas, prazas e mercados dos nosos municipios informando á cidadanía.

Unha vez máis a cidadanía organizada volve saír á rúa para defender e reclamar os seus dereitos. Fronte aos novos orzamentos ou o borrador do novo Plan de Vivenda ou a reforma da lei hipotecaria na que está traballando o Goberno, todas medidas para que se instaure unha nova burbulla inmobiliaria. Fronte a iso a PAH presenta unha verdadeira Lei que garantise que todas teñamos acceso a unha vivenda digna.

Sabemos que non será posíbel aprobar a Lei de Vivenda PAH sen o apoio de todas as persoas que estades en casa, que estades fartas de que España sexa o estado líder na vulneración sistemática de dereitos humanos. Acompáñanos, sal á rúa e adhírete á Lei de Vivenda PAH.

As nosas esixencias de mínimos para garantir o Dereito á vivenda representan unha batalla de máximos para protexer por centos de miles de familias. Contigo na rúa é unha proposta ganadora. Xuntas como fixemos sempre, demostremos unha vez máis que se ¡Pode!


https://youtu.be/HrhkeKSA6Dw

Publicado en 6 de maio de 2017

Desde a PAH presentan un texto de lei no Congreso para acabar cos desafiuzamentos e os cortes de subministros. A lei actual de vivenda é criminal, e por iso defendemos 5 demandas de mínimos:

1. Dación en Pago Retroactiva.
2. Alugueiro Accesíbel.
3. Stop Desafiuzamentos.
4. Vivenda Social.
5. Suministros Básicos Garantidos.

Queremos que esta lei sexa de todas, une-te connosco na rúa, fai-nos propostas e difunde.

https://leyviviendapah.com

Para adherirse á campaña clicar aquí:
http://las5delapah.com/adhesiones_ley-de-vivienda-de-la-pah/

Fonte: http://afectadosporlahipoteca.com/2017/05/06/salimos-a-la-calle-por-la-ley-de-vivienda-pah-la-ley-de-todas/

|||||||||||||||||